main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

27/03/2019 De 16:00h a 18:30h
Cartel do evento.
Lugar: Centro Demostrador TIC, Santiago de Compostela

#MesD RRSS: Twitter como ferramenta de comunicación profesional

O obxectivo da sesión é coñecer as opcións e as características de Twitter quizais non tan coñecidas que poden resultar de interese para un uso profesional da plataforma e conectar coa clientela actual e potencial.

25/03/2019 De 17:00 a 18:30 h
Cartel do evento.
Lugar: Online

Musicoterapia para mellorar o teu estado de ánimo. Recursos online gratuítos para escoitar música á túa medida

O son ten un gran poder para penetrar na nosa mente, esperta sentimentos, fai aflorar recordos e enerxízanos. O utilizar a música como efecto terapéutico abre todo un abanico de posibilidades no campo da saúde.

Veremos ademais como acceder gratuitamente á música que máis nos guste ou que queiramos que nos acompañe en determinados momentos da nosa vida diaria.

25/03/2019
Logo do evento.
Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Santiago de Compostela

CESGAHack4

Evento de 5 días no que as persoas participantes intercambiarán recursos e coñecementos fomentando que científicos e programadores aceleren as súas aplicacións e desafíos.

20/03/2019 De 17:00 a 18:30 h
Crea o teu blogue ou web persoal.
Lugar: Online

Crea o teu blogue ou web persoal. Comparte os teus intereses e coñecementos

Se es unha persoa con inquietudes, habilidades ou afeccións, por que non as compartes co resto do mundo?
Os blogues ou as webs persoais son unha forma sinxela de dalas a coñecer e entrar en contacto con persoas cos teus mesmos intereses. Apúntate a este curso e descubre o fácil que é crear e publicar o teu propio blogue ou páxina web.

Contidos:

  • Crea e personaliza o teu blogue.
  • Como publicar periodicamente no teu blogue.
  • Deseña a túa páxina web persoal.
  • Configura e actualiza a túa web persoal.

A que esperas para ter o teu propio sitio na internet!

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS