main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

15/04/2019 10:00h
Man humana chocando o puño cunha man robótica.
Lugar: Online

Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2019

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convoca unha nova edición do Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais que, en colaboración coa Amtega, está destinado a recoñecer os mellores proxectos no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación que contribúan e aporten beneficios á sociedade.

A data de recepción de candidaturas remata o luns 15 de abril ás 10:00 horas e deberase remitir a solicitude de participación ao enderezo electrónico administracion@aetg.gal.

A este premio, de carácter honorífico, poderán concorrer, as persoas físicas, entidades ou pequenas ou medianas empresas, tanto de forma individual como conxunta ou con traballos de equipo, con sede en Galicia.

15/04/2019
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Concurso #ApuntasTech?

O obxectivo principal do concurso #ApuntasTech? é xerar un catálogo de propostas concretas que alenten as vocacións tecnolóxicas tempranas, principalmente entre as nenas entre 10 a 15 anos. Xa que logo trátase de escoitar e recoller as ideas das e os protagonistas para gozar as TIC no aula de forma transversal, variada e inclusiva. Búscanse propostas divertidas, apaixonantes, innovadoras, que fagan uso das TIC de forma creativa e transversal, tanto con software como hardware, onde o uso da tecnoloxía non sexa únicamente o seu obxectivo final, senón un medio.

Ese catálogo de ideas será un recurso de gran utilidade para poder traballar as tecnoloxías de forma amena, principalmente no aula, pero tamén fóra dela, en actividades extraescolares, en familia, etc. Posteriormente, realizarase unha recopilación das mellores propostas e publicarase con licenza aberta para a súa descarga na web do concurso, así como en diferentes repositorios de materiais educativos online.

09/04/2019 De 17:00 a 18:30 h
Altofalante intelixente.
Lugar: Online

Dispositivos conectados. As súas posibilidades e como usalos

A tecnoloxía avanzou tanto nos últimos anos que hoxe é posible conectar case calquera dispositivo a Internet e ampliar exponencialmente as súas funcionalidades.

É o caso dos reloxos intelixentes, tecnoloxía de última xeración que xa non só se limitan a marcarnos a hora senón que inclúen funcionalidades engadidas que nos permiten realizar desde a nosa boneca todo tipo de tarefas.

Contidos:

  • Que son os dispositivos "IOT".
  • Lámpadas intelixentes.
  • Tipos de dispositivos"wearables".
  • Altofalantes intelixentes.

Cambia o teu vello dispositivo por un intelixente e aproveita todas as funcións extra que che ofrece!

05/04/2019 De 10:30 a 12:00 h
Globos aerostáticos voando.
Lugar: Online

Que hai que saber antes de contratar unha viaxe por Internet?

A través de Internet pódense acceder a descontos especiais en páxinas web dedicadas á venda de viaxes e supón un gran aforro en respecto a as axencias tradicionais.
Pero tanto se existen ofertas coma se non, á hora de contratar viaxes os consumidores temos os mesmos dereitos que nos protexen.

Contidos:

  • Dereitos que protexen aos consumidores na contratación de viaxes.
  • Precaucións e consellos á hora de elixir unha axencia de viaxes.
  • Uso de pasarelas de pago seguras e as súas características.
  • Resolución de conflitos relacionados coa contratación de viaxes por Internet.

Benefíciate contratando unha viaxe a través de Internet!

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS