main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

03/04/2019 De 16:30h a 18:30h
Cartel do evento.
Lugar: Centro Demostrador TIC, Santiago de Compostela

Xestiona o día a día da túa empresa con Facturascripts

O obxectivo desta sesión é presentar FacturaScripts (presente no CDTIC virtual), un programa fácil, de software libre, accesible e potente, que permite levar ao día a contabilidade da empresa sen moito esforzo, xa que xera ao momento todo o necesario para que vostede se centre no seu negocio. Conforme fai as facturas ou albarás, dá de alta os clientes ou provedores, engade os produtos ao catálogo e xera os asentos contables. No mesmo proceso calcúlanse os prezos de custo ou asígnanse os de venda. Tamén é un excelente programa para facer orzamentos e permite, cun par de clics, convertelos en pedidos, albarás ou facturas, co que aforra tempo de xestión.

03/04/2019 De 10:30 a 12:00 h
Unhas lentes e un bolígrafo encima dun xornal que mostra crucigramas.
Lugar: Online

Fai do teu móbil un pasatempo. Apps para estimular a mente

Se che gusta facer pasatempos agora telo moi fácil, porque os nosos teléfonos intelixentes permítennos manter vivo ese espírito de lecer construtivo cunha chea de aplicacións cunha grande variedade de xogos de crucigramas e de palabras que nos entreterán e que tamén nos axudarán a exercitar a mente e a potenciar as nosas capacidades lingüísticas.

Neste curso aprenderemos algúns dos pasatempos máis interesantes e entretidos para xogar co teu móbil.

Contidos:

  • Como buscar e descargar xogos gratuítos desde o teu móbil
  • Xogos de palabras e refráns
  • Xogos de enigmas
  • Xogos en liña. Xoga cos teus amigos
01/04/2019 De 17:00 a 18:30 h
Man sostendo unha tarxeta de crédito diante dun portátil que mostra unha tenda online.
Lugar: Online

Antes de comprar por Internet, infórmate

Cada vez é máis común comprar por Internet, pero debido á gran cantidade de tendas existentes, ás veces faise complicado distinguir unha tenda lexítima doutra que non o é.

Neste curso coñecerás cales son os teus dereitos como consumidor na internet, que precaucións debes ter presentes antes de realizar calquera compra online e que pautas deberías seguir para realizar as túas compras con total garantía.

Contidos:

  • Dereitos do consumidor na internet.
  • Precaucións de seguridade.
  • Consellos para comprar con garantías.
  • Tendas online de referencia e comparadores de prezos.

Empeza a facer comodamente as túas compras a través de Internet!

27/03/2019 De 16:00h a 18:30h
Cartel do evento.
Lugar: Centro Demostrador TIC, Santiago de Compostela

#MesD RRSS: Twitter como ferramenta de comunicación profesional

O obxectivo da sesión é coñecer as opcións e as características de Twitter quizais non tan coñecidas que poden resultar de interese para un uso profesional da plataforma e conectar coa clientela actual e potencial.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS