main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

29/04/2019 De 12:00 a 13:00 h.
Cartel da iniciativa.
Lugar: Instituto Galego de Consumo (Santiago de Compostela) e online

Comercio electrónico e vendas fora do establecemento mercantil

Unha das formas máis habituais de consumo son as compras de produtos ou contratacións de servizos a distancia, ben sexa por teléfono, catálogo, "porta a porta" ou a máis empregada a día de hoxe vía online.

Con esta temática preténdese afondar nos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, centrándonos no dereito de desistencia.

25/04/2019
Logo Girls in ICT.
Lugar: Santiago

Día Internacional das Rapazas nas TIC

O próximo 25 de abril de 2018 é o Día Internacional das rapazas nas TIC. É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. 

No CESGA preparan a séptima edición do “Día Internacional das Rapazas nas TIC”, e contarán con catro mozas galegas que investigan, traballan e emprenden coas TIC, para contarnos a súa experiencia e respostar a tódalas preguntas que se lles fagan dende os centros escolares. Elas son: Pilar Vila Avendaño, Sonia Valladares Rodríguez, Mercedes García Rodríguez e Leticia Faria de Pazos.

25/04/2019 De 17:00 a 18:30 h
Muller sentada, de costas e en actitude de relaxación.
Lugar: Online

Consellos para sentirte mellor. Aplicacións de meditación e relaxación

Adestrando a nosa mente poderemos aliviar a ansiedade, a tensión e outras patoloxías, obtendo un benestar que nos permite controlar pensamentos e emocións.

Analizar fríamente a causa dos nosos problemas, sen distraccións, é o que nos permite resolvelos e alcanzar esa paz tan ansiada. Non é fácil, pero cunha pequena axuda e un pouco de adestramento, podemos conseguilo.

Contidos:

  • A mente, un instrumento poderoso.
  • Técnicas de relaxación.
  • Pasos para aprender a meditar.
  • Aplicacións que poden axudarnos a meditar e a relaxarnos.

Queres sentirte mellor?

23/04/2019 De 10:30 a 12:00 h
Fotografía antiga en branco e negro de varias mulleres saltando á corda.
Lugar: Online

Exercita a túa memoria lembrando os xogos tradicionais

Quen non garda bos recordos dos momentos da infancia? De nenos todos xogamos e gozamos xogando.

Por iso, propoñémosche facer memoria de todos eses xogos tradicionais que nos fixeron tan felices e con iso exercitar a memoria co seu recordo. Anímaste?

Contidos:

  • Beneficios de lembrar momentos pasados para a nosa mente e estado de ánimo.
  • Exposicións e museos sobre o xogo e o xoguete.
  • Xogos tradicionais: materiais e regras.
     

Lembra momentos felices e exercita a túa mente!

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS