main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

15/11/201613:12
Cartel das xornadas.
Santiago de Compostela

Compostela celebra a súa I Semana da Cultura Libre

Onte daba comezo en Compostela a I Semana da Cultura Libre, unha proposta levada a cabo polo Grupo de Cultura Libre de Matadoiro Compostela e coa participación de Mediación Cultural Matadoiro Compostela, MatadoiroTV e GPUL Santiago. A dita actividade inaugurábase en horario de 17 a 21 horas co Obradoiro de ferramentas libres para edición de vídeo e son. Na dita actividade tratáronse varios programas (todos software libre) para a creación audiovisual en contraposición ás ferramentas de software privativo para edición de vídeo, amais de tratar sobre as licenzas libres.

A I Semana da Cultura Libre seguirá co seu programa de actividades con dúas citas máis: este mércores 16 (19 horas) co Café GNU, un espazo para falar no que se debaterá calquera tema proposto no momento, sempre relacionado co software ou hardware libre. A Semana da Cultura Libre pechará o sábado 19 (de 12 a 18 horas) coa Install Party, na que quen queira poderá levar o seu vello ou novo computador e os colaboradores da Install Party axudarán a instalación de software libre.

Para aqueles que o descoñezan, dicir que Matadoiro Compostela é un espazo de intervención e autoxestión cidadán, un proceso aberto de traballo colaborativo organizado mediante grupos abertos e proxectos socio-tecnolóxicos-culturais que cooperan para desenvolver un proxecto propio e común. Máis polo miúdo, o Grupo de Cultura Libre xorde coa vontade de abranguer temas como: que tipo de licenza se pode aplicar aos traballos realizados; que tipo de ferramentas se empregan neste proxecto; promoción do concepto do software libre e fomento do seu uso; programación para estándares abertos como filosofía de desenvolvemento e promoción dos mesmos; programación e desenvolvemento de programas libres; achegamento do software libre á sociedade en xeral; fomentar o uso de redes de comunicación (Internet) como medio axeitado de comunicación entre programadores para o desenvolvemento de programas informáticos e promover a realización de todo tipo de actividades encamiñadas a cubrir as necesidades dos asociados, así como dirixilas a achegar recursos para cumprir cos fins fundacionais.

15/11/201609:09
Logo CeMIT - Concello Carballiño
O Carballiño

O Carballiño ofrece formación social e de alfabetización ao pobo xitano

Na aula Cemit de O Carballiño a edil de Benestar, Igualdade e Saúde, Marina Ortega, presentou onte un curso sobre “adquisición e desenvolvemento de habilidades sociais e hábitos laborais” de 15 horas de duración, e outro de “Alfabetización dixital” de 15 horas, dirixidos ao colectivo de poboación xitana.

Estas actividades realízanse dentro do programa “II plan galego de inclusión social”, que promove a Consellería de Traballo e Benestar. Tanto os cursos para nenos como estos de adultos son ben acollidos por este colectivo que soe acudir a eles, segundo apunta a edil.

Por outra parte, para o resto da población prosigue o Plan de Emprego co programa de formación de 60 alumnos seleccionados, segundo o calendario previsto para novembro e dicembro. Precisamente, onte rematou o curso de técnicas de busca de emprego, distribuido en sete módulos, e hoxe iníciase un curso de prevención de riscos laborais, de 60 horas. Ao rematar procederase a impartir outro de soldadura e calderería, de 100 horas.

La previsión es que a finalizar este plan se pueda lograr el 40 por ciento de inserción laboral.

15/11/201608:04
Persoa cega facendo uso de balizas conectadas.
Barcelona

Esta semana amosaranse en Barcelona tecnoloxías para facer máis accesibles as cidades do futuro

Esta semana celebrarase en Barcelona o Smart City Expo World Congress, e aínda que habitualmente teñamos ligado o concepto de Smart City a servizos xerais para os cidadáns a través de tecnoloxías como a computación na nube, a Internet das Cousas, o Big Data, a realidade aumentada, os drons, os sistemas de xeoposicionamento e os vehículos conectados, os preto de 500 metros cadrados do expositor de Microsoft CityNext non van limitarse a iso, senón que tamén van ter en conta a accesibilidade, de xeito que aproveitarán o encontro para amosar solucións desenvolvidas por Microsoft Research, ONCE e Ilunion para que as persoas con discapacidade poidan desenvolverse con maior autonomía nas cidades do futuro.

Microsoft presentará o proxecto Cities Unlocked, que permite o guiado de persoas cegas no exterior mediante o uso de balizas conectadas, que emiten un sinal audible que facilita a orientación grazas a un sistema de audio tridimensional que permite xerar un mapa mental da súa posición en relación ás balizas.

ONCE, pola súa banda, presenta unha solución de guiado de persoas cegas en interiores mediante aplicacións en dispositivos móbiles e balizas de radiofrecuencia. Tamén dará a coñecer os mapas accesibles MAPTAC 3D, desenvolvidos polo Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica (CIDAT), a Universidade de Xaén e a Comisión Braille Española (CBE); e o proxecto Eliminando barreiras no transporte público, unha proposta de accesibilidade nas redes de transporte público mediante tecnoloxía sen fíos para que, por exemplo, un cego poida ser quen de identificar sen erro cal é o autobús que está a chegar á parada e poida distinguilo doutros no caso de que haxa varios.

15/11/201607:51
Firma do acordo entre o Concello de Ribeira e a asociación Renacer.
Ribeira

O Concello de Ribeira colaborará na remodelación da páxina web de Renacer

A Asociación Antidroga Renacer, con sede en Ribeira, vai contar co apoio do Concello para, entre outras cousas, optimizar a súa páxina web, asociacion-renacer.org. Así o deron a coñecer este luns 14 o alcalde de Ribeira e máis a presidenta de Renacer, María González. Ambos rubricaron un acordo-convenio de colaboración que, nas súas liñas xerais, diríxese a continuar o traballo de loita contra as drogodependencias (facendo especial fincapé no labor de prevención, ámbito que se vai fortalecer na súa vertente dixital a través das melloras preparadas para a páxina web de Renacer).

Segundo lembrou o alcalde, Manuel Ruiz, o orzamento municipal recolle unha consignación de 3.000 euros. Este orzamento será empregado para a modificación e mellora da páxina web da entidade antidroga “co fin de facela máis funcional e incorporar novidades en canto a deseño, código e seguridade”. Ademais, de acordo coas cláusulas, a colaboración estenderase a asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade de ambas entidades, organización e execución de actividades comúns relacionadas co ámbito das drogodependencias “e calesquera outras que son de interese común”.

15/11/201607:44
Robot
Vigo

Camp Tecnolóxico convida aos nosos nenos a pasar un Nadal de robótica e programación

O Camp Tecnolóxico, unha iniciativa de lecer formativo arredor do coñecemento avanzado, ten actividades vindeiras para a nosa terra. Máis polo miúdo para a zona de Vigo e Nigrán, onde vai promover (en colaboración con AJE Vigo, o Parque Empresarial de Porto do Molle de Nigrán e Coworking Vigo) campamentos de Nadal para nenas e nenos que mesturan e integran achegamentos lúdicos á robótica, a programación e a electrónica. Os campamentos en cuestión chámanse Inventor Lab e desenvolveranse na sede das tres devanditas entidades.

A través do Inventor Lab, os participantes aprenderán a facer cousas como programar videoxogos, controlar os movementos dos robots de Lego Education Wed e familiarizarse coas plataformas de hardware Crumble e Arduino. Os obradoiros, dirixidos a rapaces de 7 a 12 anos, poñeranse en marcha as semanas do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro nos ditos tres emprazamentos. O horario nos tres campamentos é de 9 a 14 horas. Segundo informan os responsábeis de Camp Tecnolóxico, un dos obxectivos básicos destas sesións é fortalecer e impulsar a creatividade na nenez e na adolescencia, amais de amosar as vantaxes de traballar en grupo e interactuando. Entre os beneficios de participarmos nestes campamentos, os impulsores dos mesmos salientan as posibilidades que se lles abren aos nenos e aos mozos de involucrárense no seu propio proceso de ensino, “o que lles converte en pensadores con recursos nas ciencias de maior demanda na actualidade e máis no futuro”.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS