
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
A aplicación para smartphones Outbarriers permite a persoas con discapacidade visual coñecer os comercios polos que vai pasando mentres andan pola rúa, e mesmo permite que as aplicacións de navegación os leven ata as tendas que desexan visitar.
Ademais, a aplicación ofrece información sobre o comercio e datos sobre a accesibilidade do local, así como outra información que o dono da tenda considere oportuna.
A aplicación funciona coa colocación de pequenas balizas na entrada dos comercios que se comunican cos smartphones dos usuarios, de maneira que cando eles pasan preto destes establecementos, reciben un sinal con toda a información.
Ademais, Outbarriers tamén serve para que os usuarios poidan reportar sobre lugares de complicada accesibilidade nas cidades, de maneira que cando outro usuario pase por ese sitio recibe unha alerta.
A aplicación está dispoñible tanto para terminais Android como iOS.
É curioso que a tecnoloxía se convertera nestes tempos (malos aínda para a lírica, como cantaron fai xa máis de 30 anos "Golpes Bajos") na mellor aliada da poesía. Que coa axuda da intelixencia artificial e os computadores uns ollos poidan converterse, como escribise Octavio Paz, nun “silencio que fala”. E non uns ollos calquera, se non os daqueles que ata agora estaban condenados a non poder ser escoitados. Persoas que por algunha enfermidade ou accidente non poden converter en palabras as súas ideas ou emocións, negándolles así a máis rica fonte de comunicación da que dispoñemos os humanos. Persoas como Santiago Recio, un granadino de 46 anos, que se define como “pintor autodidacta, primeiro do mundo en escribir #tuitsaojo” e que o 16 de xuño fixo a súa primeira publicación en Twitter: “Hoxe podo enviar o meu primeiro tuit. Teño tantas cousas que contarvos”. O artífice deste pequeno milagre que permite que Santiago Recio, afectado de parálise cerebral, manexe un computador coa mirada é o enxeñeiro vasco Eduardo Jáuregui, fundador da empresa Irisbond, especializada no desenvolvemento de sistemas de eye-tracking (seguimento ocular).
A tecnoloxía que permite interactuar con dispositivos dixitais a través da mirada non é nova. En 2005 a empresa sueca Tobii, unha das máis importantes do mundo neste terreo, lanzou o primeiro computador que incorporaba o seguimento ocular e desde entón distintos científicos, universidades e compañías de todo o mundo non deixaron de innovar. Neste escenario, altamente competitivo e en constante evolución, Irisbond situouse como unha das iniciativas con mellores perspectivas de futuro. Así o recoñeceu a revista Forbes, que no Mobile World Congress do pasado ano, dedicoulles un artigo titulado “Esta compañía quere cambiar a forma en que utilizamos a tecnoloxía do eye-tracking”. E é que aínda que Irisbond está centrada na tecnoloxía asistencial, non é este o único campo no que as súas solucións poden ser aplicadas, xa que o eye-tracking ten grandes posibilidades de desenvolvemento no medicamento, a industria ou a automoción.
Son moitas as persoas que xa viron mellorar as súas vidas coa posibilidade non só de expresar as súas ideas e comunicarse con outras persoas, senón tamén de interactuar coa súa contorna a través de aplicacións domóticas permitíndolles, por exemplo, acender e apagar luces ou abrir portas. “Conseguimos un dispositivo moi preciso, explica Jáuregui, que permite mesmo controlar unha aplicación como Autocad coa mirada con total precisión. Pero cando iso o enfocamos cara a un mundo de accesibllidade, para dotar dunha ferramenta de comunicación a unha persoa que non ten ningunha posibilidade de comunicarse coa súa contorna, o que necesitabamos era facer esa tecnoloxía moi fácil, moi usable e moi amigable. E ademais combinala con diferentes aplicacións que permitisen, non controlar un computador cos ollos, senón falar cos ollos”. Falar para dicir, tal vez, cousas como as que escribiu o rapeiro Nach -que é o hip-hop se non unha forma de poesía urbana- dedicadas a Santiago Recio para celebrar que xa podían comunicarse: “sentarémonos xuntos, a falar do banal, do profundo. Tanto que quero contarche se entras ao meu mundo, a eternidade de cada segundo”.
A ONCE convocou a XX Edición dos seus Premios Tiflos de Xornalismo nas súas distintas categorías de Prensa Escrita, Radio, Televisión e Xornalismo Dixital, cunha dotación económica de 9.000 euros para cada un dos gañadores. Son uns premios xa consolidados e valorados entre a profesión xornalística.
O Premio outorgarase aos traballos publicados en medios de comunicación do Estado español que, en opinión do xurado, mellor exalten os valores relacionados coa integración das persoas con discapacidade e a supresión de barreiras físicas e mentais que, en determinadas ocasións impón a sociedade.
Os traballos poderán presentarse en calquera lingua oficial do Estado, tendo en conta que os que se presenten nunha lingua distinta ao castelán deben achegar a correspondente tradución, para facilitar o labor do xurado. Os Premios Tiflos de Xornalismo terán catro apartados: Prensa Escrita, Radio, Televisión e Xornalismo Dixital. O mesmo traballo non poderá optar a dúas categorías.
Os traballos, sen extensión nin formato predeterminados, deben ser publicados ou emitidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017, e a data de recepción dos mesmos conclúe o venres 26 de xaneiro de 2018. Deben remitirse por triplicado ao Consello Xeral da ONCE, Dirección de Comunicación e Imaxe, rúa da Coruña, 18, 28020 Madrid, facendo constar no sobre que se dirixen aos “PREMIOS TIFLOS DE XORNALISMO”.
No interior farase constar o nome, domicilio, teléfono, fax (no caso de que o tivese) e correo electrónico, así como o medio e a data nos que foi publicado ou emitido o traballo concursante.
O xurado estará integrado por destacadas personalidades do xornalismo e un representante da ONCE, dando a coñecer o seu fallo inapelable non máis tarde do último día hábil do mes de maio de 2018. A entrega dos premios terá lugar antes do 31 de xullo de 2018, en Madrid.
As bases dos Premios Tiflos de Xornalismo da ONCE poden consultarse en www.once.es (Sección Sala de Prensa, Certames e Premios).
Se hai algunha época do ano especialmente axeitada para “camiñar” Galicia, esta época é o verán. Dispáranse os servizos para viaxeiros, dispárase o número de xente que se bota ao camiño e dispáranse as horas nas que poden estar ao aire libre sen ser vítimas das inclemencias do clima. Dun tempo a esta parte estanse a consolidar ferramentas que manteñen informados aos excursionistas dos principais puntos turísticos das contornas nas que se moven. De maneira paralela, dispárase o uso de ferramentas para a súa seguridade. Unha das máis empregadas é Alpify, aplicación destinada a facilitar a localización de persoas que se atopen en situacións de emerxencia. A ferramenta, para que non o saiba, está integrada dende 2015 no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, tanto para teléfonos Android como iOS.
A app Alpify salienta por botar man das novas tecnoloxías de localización e información para facer o máis efectiva posible a tarefa de busca dunha persoa que estea extraviada, entre outras funcións relacionadas co salvamento e coas emerxencias. En 2016, a comunidade galega de usuarios desta aplicación era de 24.821 persoas. Entre as accións recentes nas que tivo protagonismo atópase o achado dun motorista accidentado na Pobra do Caramiñal, nun vieiro de montaña da serra do Barbanza.
Respecto da súa operatividade, é de doado manexo e para empregala abonda que premamos o botón vermello de emerxencia para que o sistema unha alerta ao 112. A continuación, os traballadores do servizo reciben o aviso ao tempo que os datos sobre o emprazamento exacto dende o que foi subministrado aquel, “sexa en zonas urbanas ou de montaña”. Alpify funciona coma unha radiobaliza e permite ao usuario estar emprazado xeograficamente en todo intre polo 112 ou polo servizo de emerxencia que estea conectado á aplicación, comentan dende Barcelona os creadores da app: os integrantes da firma Grup Basera. Alpify opera con cobertura a Internet, pero se non se dispoñemos dela é quen de enviar un sinal por SMS. Así, no caso de perder a cobertura do móbil, a aplicación envía unha mensaxe de texto ao 112 e ao mesmo tempo sitúa a emerxencia para o centro coordinador cun rango de erro de entre 3 e 10 metros.
O portal Amóvil da Fundación ONCE recoñeceu a accesibilidade dos dispositivos Samsung Galaxy S8 e S8+ desenvolvidos pola compañía coreana, e avala que a súa utilización está adaptada ás necesidades especiais que poidan ter persoas con discapacidade.
Neste sentido, o informe de Amóvil sinala que estes terminais inclúen opcións de accesibilidade para facilitar o seu uso a persoas con perdas de visión ou audición parciais ou totais, dificultades moderadas e severas para a manipulación e dificultade de comprensión.
Os terminais bandeira de Samsung incorporan opcións para configurar de forma sinxela as axudas de accesibilidade do dispositivo de maneira que pode ser configurado polas persoas con discapacidade sen axuda doutra persoa.
O menú accesibilidade divídese entre visión, audición e destreza e interacción, e incorpora melloras ás opcións de Android como o lector de pantalla Voice Assistant, os avisos e notificacións luminosas ou o detector de sons, entre outros.
Estes smartphones de Samsung sitúanse na gama alta e incorporan un potente procesador Exynos 8895 de oito núcleos e unha pantalla Super AMOLED con resolución de 1440x2960 píxeles que ocupa case toda a parte frontal do teléfono.