
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
Vodafone España presentou onte o seu Informe Integrado 2016-17 que, baixo o lema “Conectamos ás persoas para mellorar a súa vida hoxe e construír un mellor mañá”, recolle a estratexia, obxectivos, resultados e as principais iniciativas destinadas a aproveitar o potencial transformador da súa tecnoloxía, produtos e servizos en beneficio da sociedade e o medio ambiente.
Ademais dos obxectivos estratéxicos, o Informe reflicte a creación de valor ao país en termos da contribución económica, social e ambiental da compañía durante o último ano fiscal.
Paralelamente, o Informe mostra os resultados obtidos coas actuacións levadas a cabo ao redor dos obxectivos estratéxicos definidos durante este ano. No apartado de “Sociedade” recolle a actividade desenvolvida pola Fundación Vodafone durante o exercicio 2016-17, no que a Fundación dedicou 5,1 millóns de euros en proxectos das diferentes liñas de actuación “Connecting for Good” (C4G) dirixidas ao desenvolvemento, a promoción e o uso das TIC para mellorar a integración sociolaboral e a calidade de vida das persoas con discapacidade e as persoas maiores.
Entre as súas principais iniciativas neste exercicio destacan as seguintes:
Por outra banda, no exercicio 2016-17 o 100% das tendas propias xa posúen o Certificado de Accesibilidade Universal.
No que respecta á mellora da Empregabilidade dos Mozos, Vodafone desenvolve diversos programas entre os que destacan:
Vídeo resumen dos fitos alcanzados pola Fundación Vodafone en 16-17.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), abren a inscrición á “Xornada sobre a adaptación da Lei de Protección de Datos ao Regulamento Europeo”, que contará cos relatores Miguel Ángel Davara, catedrático de Dereito Informático e de Informática para Xuristas da Facultade de Dereito da Universidade Pontificia Comillas de Madrid (ICAI-ICADE), e Mar España Martí, directora da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acollerá o vindeiro 29 de setembro a partir das 10 da mañá as charlas, que van dirixidas tanto a non xuristas como a profesionais relacionados co Dereito. A xornada inscríbese no convenio que o CPEIG ten coa Amtega. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse en eventos@cpeig.gal.
Relatores
Miguel Ángel Davara é doutor en Dereito e socio-fundador da firma de asesores xurídicos Davara & Davara, Asesores Xurídicos, especialistas en Dereito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Catedrático de Dereito Informático e de Informática para Xuristas da Facultade de Dereito da Universidade Pontificia Comillas de Madrid (ICAI-ICADE), é tamén coordinador da Área de Informática Xurídica de ICADE.
Davara é director do Mestrado en Dereito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de ICADE e director dos Cursos de Doutorado en Dereito Informático na mesma Universidade. Tamén exerce como profesor da materia Implicacións socio-xurídicas das Tecnoloxías da Información na Escola de Enxeñaría Informática de ICAI. Asemade, o relator é membro do Grupo de Asesores Legais en Tecnoloxías da Información da Unión Europea en Luxemburgo (DG Sociedade da Información).
Pola súa Banda, Mar España é licenciada en Dereito pola Universidade Pontificia de Comillas, Mestrado en Protección Internacional en Dereitos Humanos pola Universidade de Alcalá e experta en xestión de entidades sen ánimo de lucro pola Fundación Luis Vives. É funcionaria de carreira do Corpo Superior de Administradores Civís do Estado na especialidade xurídica desde 1989.
En canto á súa actividade académica, foi profesora do Mestrado de Protección Internacional de Dereitos Humanos da Universidade de Alcalá, profesora do Mestrado de Acción Política do Colexio de Avogados na Universidade Rey Juan Carlos e profesora colaboradora de Dereito Administrativo en ICADE. O CPEIG outorgoulle este ano o recoñecemento de colexiada de honra.
Baixo o seu mandato como directora da AEPD desde xullo de 2015, este organismo puxo en marcha un Plan Estratéxico con máis de 100 iniciativas que inclúe, entre outros puntos, o desenvolvemento de accións que favorecen a innovación e a confianza dixital, así como a realización de labores proactivos para detectar o impacto que poden ter os novos desenvolvementos tecnolóxicos na privacidade. Neste sentido, a Axencia creou a Unidade de Avaliación e Estudos Tecnolóxicos, que ten entre as súas funcións o establecemento de canles de colaboración tecnolóxica con universidades e grupos profesionais.
Málaga acolle o Congreso Internacional de Tecnoloxía e Turismo para Todos a próxima semana. Do 27 ao 29 de setembro daranse cita no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga diferentes profesionais, expertos e investigadores, que traballan no mundo das tecnoloxías e turismo para todos.
O lema deste ano é Accesibilidade 4.0 e a súa finalidade é mostrar como coa tecnoloxía e con destinos turísticos para todos, aos poucos estes produtos e servizos accesibles poden mellorar a vida de todas as persoas.
Haberá moitos temas sobre a mesa: fogar dixital, transporte accesible, turismo accesible, teleasistencia, robótica para favorecer a autonomía persoal, etc.
Entre os relatores que acudirán ao Congreso atópase George I. Fomitchev, fundador e CEO Endurance Robots, unha startup dedicada ao desenvolvemento de tecnoloxías baseadas en robótica.
Na súa participación mostrará como é posible dar asistencia a persoas maiores e pacientes de alzhéimer con chatbots, un software de intelixencia artificial capaz de levar a cabo diversas tarefas autónomamente.
Endurance Robots é unha empresa rusa que utiliza tecnoloxía coa que desenvolven un sofware intelixente, chamado chatbot, capaz de personalizarse segundo a necesidade de cada usuario. Entrevistamos ao seu fundador para que nos conte máis sobre a súa empresa e servizos, e sobre a súa participación en Drt4all.
A empresa fundouse en 2015 e o equipo de traballo está formado nestes momentos por máis de 20 profesionais.
¿Como se funda Endurance Robots?
Ben, a idea de comezar Endurance xurdiu en 2014 e comecei a buscar un partner.
Fun a California e pasei un mes buscando a un experto en tecnoloxías intelixentes e finalmente atopei a Matteo. Matteo Borri é un subcontratista da NASA e comezamos unha startup chamada Endurance o 11 de xaneiro de 2015.
Durante dous anos tentamos lanzarnos no negocio dos robots e láseres...
Poden acceder á entrevista completa na seguinte ligazón George I. Fomitchev explica os seus proxectos e o seu chatbot para devolver a memoria e vida social a maiores e persoas con alzheimer.
Durante a reunión presentouse o estado actual de cada piloto, e o plan de lanzamento do piloto en contorna controlada, previo á posta en marcha do piloto real. Ademais expuxéronse os casos de uso que se probarán en cada Deployment Site (DS) ou lugar do piloto.
As solucións para o envellecemento activo e saudable serán despregadas sobre AIOTES (ACTIVAGE IoT Ecosystem Suite), mellorando e ampliando os servizos existentes, para a promoción da vida independente, a mitigación da fraxilidade, e a preservación da calidade de vida e a autonomía. Durante a reunión plenaria presentouse a primeira versión de AIOTES.
Respecto ao piloto de Galicia, explicouse o traballo realizado no proceso de recrutamento e os modelos formativos que se definiron. Ata final de ano desenvolverase a fase de estabilización do piloto, no que se instalará un equipamento no showroom de Televes, cunha combinación de casos de uso socio-sanitarios, así como a instalación en dez fogares reais. Durante o 2018, levará a cabo a fase de implantación, cun despregamento masivo de usuarios.
Este proxecto europeo está financiado no marco do programa Horizonte 2020 da Comisión Europea e é coordinado pola empresa Medtronic. Esta iniciativa que durará catro anos, conta con 50 socios, implicando a uns 7.200 usuarios e máis de 43.000 dispositivos da internet of Things (IoT).
A actividade do proxecto pódese seguir en:
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou a importancia da integración laboral e social da muller de forma integral, polo que incidiu na relevancia de darlles facilidades para optar a recursos tecnolóxicos na busca de emprego online.
Susana López Abella participou hoxe na inauguración do taller “Empoderamento para mulleres. Taller de coaching con cabalos -Do outro lado dos medos”, levado a cabo pola Asociación E-Deidades coa que colabora a Secretaría Xeral da Igualdade co programa de Busca 3.0 II 2017, a través da orde de entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade con preto de 10.000 euros.
E-deidades ten como obxectivo facilitar o manexo das ferramentas e aplicacións existentes para a busca de emprego, orientar profesionalmente as mulleres na búsqueda de emprego no mundo dixital e contribuir á integración da muller e a reinserción laboral integral. O programa está dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade: desempregadas menores de 30 ou maiores de 45 anos, inactivas ou desempregadas de longa duracion, con residencia en concellos rurais de baixa densidade e inmigrantes.
Mediante o uso da tecnoloxía, as mulleres poderán coñecer o funcionamento do mercado laboral, as relacións laborais e principalmente a búsqueda de emprego. É fundamental hoxe en día para abrirse ó mercado, xa que está básicamente no universo virtual. Por iso é importante dotar a estas mulleres con especial vulnerabilidade, destas ferramentas, coa información clave para acceder ó mercado de traballo online, rematou López Abella.