
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
Co obxectivo de promover as vantaxes que ofrecen os dispositivos móbiles avanzados (novos teléfonos intelixentes e tabletas) para as persoas maiores xordas, a Fundación Vodafone España e a Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación lanzaron uns tutoriais formativos sobre o uso de dúas das Apps máis utilizadas polas persoas maiores: WhatsApp e Facebook.
A través de vídeo-pílulas formativas, de carácter gratuíto que incorporan lingua de signos, que pretenden formar ás persoas maiores xordas no uso de dúas das aplicacións máis descargadas a nivel mundial: WhatsApp e Facebook. Sen ningunha dúbida a incorporación da lingua de signos contribuirá a que as persoas maiores xordas poidan asimilar as súas funcionalidades e beneficiarse de servizos que favorecerán a súa autonomía persoal e a súa calidade de vida.
Estes novos tutoriais, un total de oito vídeos formativos para WhatsApp e dez para Facebook, están dispoñibles en YouTube e pronto tamén o estarán en www.fundacionvodafoneconlosmayores.com.
Os seus contidos abarcan desde a súa instalación no Smartphone, pasando pola súa configuración, envío de fotos, vídeos, audios, contactos e localizacións, cuestións de seguridade e privacidade, a creación de grupos, como crear publicacións ou reaccionar e compartir as publicadas por amigos. Así mesmo os tutoriais de Facebook ensinan como interactuar con persoas cos mesmos intereses a través dos grupos desta rede social.
A Xunta porá en marcha no primeiro trimestre deste ano unha nova sede electrónica, centrada nos servizos ao cidadán, adaptada a un mellor uso dende dispositivos móbiles e con posibilidades de personalización en función do perfil do cidadán ou empresa. Este foi un dos obxectivos que destacou a directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, na inauguración esta mañá do Seminario “Modernización Dixital das Administracións Públicas en Galicia” no que tamén participou directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, e o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa.
Mar Pereira sinalou que Galicia vén traballando na transformación dixital da Administración desde o ano 2010 cun Plan de Modernización que permitiu á Comunidade chegar á entrada en vigor das novas leis estatais 39 e 40/2015 coas principais pezas dunha administración integramente dixital en marcha e adiantarse, incluso, a algunhas das esixencias que estaban marcadas para 2018. É o caso do Arquivo Electrónico ou da posta en marcha da dixitalización do Rexistros Xeral e das Delegacións provinciais da Xunta.
A máxima responsable da política tecnolóxica da Xunta lembrou hoxe que o Goberno galego iniciou o pasado a elaboración da Lei de Administración dixital de Galicia, que se prevé aprobar en 2018 e que dotará á Comunidade dun marco normativo único que eliminará a dispersión normativa existente, potenciará un novo modelo de complementariedade entre administracións e permitirá ofrecer nunha maior eficacia, eficiencia e simplificación dos procedementos.
Entre as medias máis inmediatas do Plan de Administración e Goberno Dixitais 2020, a directora da Amtega sinalou o inicio da reformulación das Oficinas de rexistro como oficinas de atención, que facilitarán a relación de cidadán e empresas coa administración a través dos medios dixitais; a posta en marcha a figura do funcionario habilitado e o rexistro de apoderamentos, que posibilitarán a autorización dunha persoa ou funcionario para realizar trámites telemáticos en nome doutra persoa.
Dixitalización no eido do Mar
Ademais, a xornada contou coa participación da directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, que falou da modernización dixital no eido do mar e do traballo da plataforma tecnolóxica da pesca, un proxecto da Xunta que se materializa na web pescadegalicia.gal e que facilita ferramentas de xestión ao sector e información sobre o eido marítimo-pesqueiro.
Neste sentido, a directora xeral explicou que a plataforma ofrece unha serie de servizos aos sectores produtivos e comercializadores, para servirlles de apoio na xestión dos recursos pesqueiros e na súa rastrexabilidade, en concordancia coas esixencias legais existentes. Ademais, este espazo inclúe datos do rexistro de buques pesqueiros, estatísticas de pesca fresca en Galicia, de acuicultura e outra información de interese sobre o sector e para o sector como os tamaños mínimos autorizados para a extracción de especies ou o calendario de mareas.
Outro proxecto da Consellería do Mar que destacou a directora xeral é o dos caixeiros automáticos Ticpesc, instalados nos portos pesqueiros e que permiten ao sector realizar diversas xestións e consultas relacionadas coa súa actividade as 24 horas do día durante os 365 días do ano. A través destes caixeiros, sinalou Mercedes Rodríguez, no 2017 o sector emitiu preto de 66.800 documentos da actividade pesqueira (documentos de transporte, de orixe e de rexistro, entre outros).
'Menú para todos' é unha iniciativa da consultora en turismo Equalitas Vitae para que as cartas e menús de bares e restaurantes poidan ser accesibles ás persoas cegas ou con discapacidade visual a través da consulta dunha páxina web.
Segundo explicou esta consultora especializada en turismo accesible, 'Menú para todos' nace para introducir a accesibilidade ao ámbito da restauración "con sinxeleza e eficacia". Por iso, o seu obxectivo é "conseguir que as persoas con discapacidade visual poidan elixir de forma autónoma que comer en calquera restaurante".
A elección dun establecemento determinado pódese realizar a través da páxina 'www.menuparatodos.com', onde se poderán descargar estes menús nos dispositivos móbiles mediante códigos QR en dúas versións: por voz en MP3 ou en versión PDF accesible para ser lida co lector de pantalla destes dispositivos.
O fin último do proxecto é o estreitamento da fenda dixital existente entre as contornas urbanas e as contornas rurais como medio de coadxuvar a frear os fenómenos de despoboamento mediante a configuración dun territorio específico, que conta coas afeccións de todo tipo que supón ser fronteirizo, que está dotado dunha gran diversidade tanto social como de hábitats, que soporta un alto índice de ruralidade e que, á súa vez, é Reserva da Biosfera, nun auténtico laboratorio onde estudar a translación ao medio rural de conceptos e instrumentos propios de espazos metropolitanos e cidades intelixentes. Todo iso sobre a base de experiencias xa executadas mediante a implementación dunha rede de banda larga que cobre todo o territorio e que se atopa en funcionamento.
Os dispositivos móbiles volveron a ser un dos agasallos estrela durante o pasado nadal. E é que, segundo o INE, case o 70% dos nenos de 12 anos xa ten un smartphone. Aos 14 anos son case o 93%.
“Con todo, máis que pensar en que tipo de dispositivo é o ideal, a toma de decisións debería verse marcada por como os pais poden axudarlos a facer un uso responsable desta tecnoloxía. A tendencia é que os pais recoñecen que eles tamén teñen que estar preparados para regalar un móbil aos seus fillos; son conscientes de que son o mellor control parental. Os pais, co consentimento e previo acordo cos fillos, revisarán o contido, fose este eliminado ou non polo menor e sen necesidade de dispoñer do seu móbil, non porque non confíen neles, senón para ensinarlles a utilizalo ben. Parental Click facilita este labor aos pais, dedicándolle tan só 10 minutos á semana”, afirma Pedro Vale, fundador de Parental Click.
Principais riscos aos que se expoñen os menores: sexting, grooming, ciberbullying, violencia de xénero ou entre iguais…
Só en 2016, a organización sen ánimo de lucro Fundación ANAR (Axuda a Nenos e Adolescentes en Risco) recibiu un total de 43.909 chamadas relacionadas coas problemáticas asociadas ás novas tecnoloxías, das cales 5.967 requiriron orientación especial dun psicólogo, un avogado ou un traballador social. A tendencia é que cada día recíbense máis chamadas e que o tempo que transcorre ata que se deciden a pedir apoio segue sendo moi longo.
Estas cifras poñen de manifesto os perigos aos que os nenos e adolescentes están expostos diariamente e moi especialmente co seu móbil: sexting (difusión ou publicación de contidos de tipo sexual desde un dispositivo móbil), grooming (abuso sexual a través da rede), ciberbullying ou violencia de xénero.
Fundación ANAR e Parental Click asinan un convenio de colaboración por unha vida online segura de nenos e adolescentes
Ante estas situacións, Parental Click e Fundación ANAR asinaron un acordo de colaboración en pos de axudar aos menores e as súas familias en que teñan unha relación máis segura e saudable coa tecnoloxía.
Así, Parental Click é unha ferramenta de acompañamento dirixida a todos aqueles pais que queren coñecer de forma transparente o uso que fan os seus fillos dos teléfonos móbiles. “O obxectivo é aproveitar a oportunidade que lles dá os primeiros móbiles para ensinarlles a tomar decisións e a elixir os seus camiños tamén na súa vida dixital. Guiarlos e establecer límites á vez para que desenvolvan condutas responsables no seu uso da tecnoloxía” indica o seu fundador, o avogado Pedro Vale.
O sistema de Parental Click combina os tres elementos xurídicos indispensables. Patria potestade, interese superior e consentimento válido do menor co fin de legalizar a supervisión do dispositivo móbil do seu fillo/a.
“Actualmente en España, máis dun millón de pais espían aos seus fillos na internet, a pesar de sentir que non están a facer o correcto. Desde Parental Click queremos desenvolver unha contorna onde os pais acompañen e saiban como educar aos seus fillos no bo uso das novas tecnoloxías e así poidan construír unha pegada dixital que some para o seu futuro.”, sinala Val.
Previr perigos e compartir inquietudes
Cos Smartphones, continúase coa tarefa educativa que é levada a cabo día a día. Sen dúbida, vale a pena insistir en que é unha oportunidade para fomentar a confianza e ensinar aos mozos para gozar da súa mocidade e a afrontar dificultades que sen dúbida irán xurdindo no seu camiño.
“A protección e acompañamento do noso fillo debe traballarse desde o respecto e a confianza. Igual que estabamos pendentes de con quen se relacionaba cando o levabamos ao parque, igual que sabemos como se chaman o seu titor e os seus amigos do colexio, temos que saber que din e que fan na internet e con quen fala. O obxectivo é coidar, vixiar, guiar e educar. Unha idea demasiado ampla e débil do que é a intimidade dos nosos fillos pode provocar que nos esquezamos da nosa responsabilidade como pais. Con todo, debemos ter presente a seguinte fórmula: supervisar non equivale a censurar e criticar”, expón Pedro García Augado, coautor do libro “A salvo na Rede” e asesor e orientador familiar na educación dos nenos e adolescentes.