main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

12/02/201812:26
Logo dos premios.
Santiago de Compostela

Convocados os 'premios cermi.es 2018', que recoñecen o esforzo en favor dunha sociedade máis inclusiva para a discapacidade

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) convocou os 'Premios cermi.es 2018', que anualmente concede esta entidade co fin de recoñecer o traballo en favor das persoas con discapacidade e as súas familias, co fin de lograr unha sociedade máis inclusiva.

As persoas, entidades, organizacións ou institucións que desexen participar nestes galardóns deben enviar a súa candidatura á sede do CERMI Estatal (Rúa Recoletos, 1, Baixo, Madrid) ou ao correo electrónico cermi@cermi.es ata o 15 de xullo de 2018, utilizando o formulario que aparece xunto ás bases dos galardóns na web do Cermi (www.cermi.es). O fallo do xurado coñecerase na segunda quincena do mes de setembro deste ano.

Nesta ocasión, o Comité Executivo do Cermi Estatal estableceu doce categorías dentro dos galardóns: Inclusión Laboral; Investigación Social e Científica; Acción social; Accesibilidade Universal-Fundación Vodafone; Acción Cultural Inclusiva; Fundación CERMI Mulleres - Acción en beneficio das mulleres con discapacidade; Medios de Comunicación e Imaxe social da Discapacidade; Mellor Acción Autonómica e/ou Local; Responsabilidade Social Empresarial/Discapacidade; Activista-Traxectoria Asociativa; Mellor práctica de cooperación asociativa na esfera do Terceiro Sector da discapacidade, e Institucional.

O fallo dos Premios realizarao un xurado integrado por representantes do CERMI, asistidos por profesionais relevantes da comunicación e a responsabilidade social corporativa de acreditada traxectoria, quen se constituirá en Comité Técnico Asesor. Formará parte do xurado unha persoa representante da axencia de noticias Servimedia como apoio operativo. Actuará como secretaria do xurado, con voz e voto, a directora executiva do CERMI.

O xurado dirimirá cada premio por maioría simple para cada unha das categorías, e ás persoas ou organizacións gañadoras faráselles entrega dunha escultura representativa, obra dun prestixioso artista.

12/02/201812:22
Fotograma do vídeo 'Love Story'.
Santiago de Compostela

Movistar e os Corpos de Seguridade lanzan unha campaña sobre a suplantación dixital de identidade

  • Aproveitando o Día da internet Segura, Movistar, a Policía Nacional e a Garda Civil queren contribuír á concienciación dos mozos a través dunha campaña sobre a suplantación da identidade na internet

 

Hai anos que Movistar deu un paso á fronte para contribuír á seguridade dixital con controis parentais, clasificación por idade dos diferentes contidos na televisión, sensibilización a través da plataforma Dialogando.com. Ademais, mostrou o seu apoio ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sendo participe de numerosas iniciativas como na Alianza para Protexer Mellor aos Menores Online.

Con Love “Story”, que conta a historia de amor de dous mozos que se coñecen a través de Internet ata que se atopan en persoa cun desenlace impactante, a compañía súmase ao Día da internet Segura.

A iniciativa de sensibilización desenvólvese a través de redes sociais, SMS, webs, tendas, plataformas educativas e colexios, e conta co apoio da Garda Civil e a Policía Nacional, quen se fará eco nas súas canles de comunicación e nas súas accións de prevención nos colexios. A Policía Nacional, dentro do marco de actuación do “Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas”, realiza actividades preventivas dirixidas á comunidade educativa (pais, profesores e alumnos).

Tras a experiencia adquirida nestes 10 anos de implementación do citado Plan, a Policía Nacional desenvolveu coa colaboración de Telefónica o Programa Ciberexperto para dotar a nenos e mozos de coñecementos e ferramentas para unha maior seguridade na contorna dixital.

12/02/201812:17
Participantes do programa Ciberexperto. Autor: Paco Rodríguez.
Santiago de Compostela

A Policía Nacional entrega os carnés de «ciberexpertos» a 47 escolares composteláns

  • Os nenos recibiron formación sobre como estar seguros na Rede

 

Hai poucas augas tan perigosas como as dos océanos da internet. Neses mares é fácil zozobrar se non se coñecen ben os riscos e se saben interpretar os mapas nos que se marcan correntes e baixos perigosos nos que é fácil encallar como son o grooming, o sexting, o ciberacoso, a suplantación de identidade, os contidos inapropiados ou as tecnoadiccións. Para ofrecer esa necesaria formación aos nenos, a Policía Nacional creou o programa Ciberexperto, no que acaban de licenciarse 47 escolares composteláns que onte recibiron os carnés que os recoñecen como avezados capitáns da Rede.

O acto de entrega dos diplomas tivo lugar no colexio Ramón Cabanillas e contou coa presenza do comisario de Santiago, Félix García, así como doutros membros do corpo. Pola consellería de Educación acudiron Indalecio Cabana e Carmen Ares Casal.

Todos os alumnos cursan sexto de primaria e son agora a punta de lanza contra delitos na internet nos que os máis pequenos adoitan ser vítimas. A formación que lles deu a policía sensibilizounos do perigoso que pode resultar para eles e para outros ter comportamentos inadecuados, como o acoso a compañeiros a través da Rede ou o sexting, que consiste en enviar de forma voluntaria fotos de contido sexual a noivos ou amigos. Tamén o grooming, no que adultos se fan pasar por menores para lograr que lles envíen imaxes e ameazalos despois se non aceptan manter un encontro con eles. Coñecer o perigo é o primeiro paso para evitalo.

12/02/201808:33
Software libre.
Santiago de Compostela

A Amtega publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de aplicacións JAVA

  • O obxectivo deste arquetipo é ser a base sobre a que se constrúan novos produtos software na Amtega, promovendo a estandarización e a reutilización, e facilitando a publicación como software libre das novas solucións que o empreguen
  • A liberación como software libre deste arquetipo facilita a súa reutilización por parte doutras administracións, e de calquera outra entidade ou particular, así como a colaboración para a súa mellora
  • Esta liberación enmárcase no Plan de Acción en materia de Software Libre da Xunta de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de aplicacións empregando a tecnoloxía Java Spring Web. O código fonte, liberado baixo unha licenza de software, está dispoñible no repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia (https://forxa.mancomun.org/projects/archam-spw/).

Con esta nova liberación búscase poñer a disposición dos desenvolvedores, tanto particulares, empresas ou outras administracións o esqueleto común das aplicacións que se desenvolven na Amtega, co fin de que poida servir como guía para a realización de aplicacións baseadas nesta tecnoloxía, favorecendo a reutilización e fomentando a estandarización das mesmas. Así mesmo, permitirá tamén que o traballo de liberación das novas solucións que se desenvolvan tomando como base este arquetipo sexa moito máis áxil e sinxelo.

O código fonte liberado non só inclúe o esqueleto para o desenvolvemento de aplicacións, senón que tamén se liberan varios compoñentes transversais que se empregan dentro da Amtega e que poden ser reutilizados en moitos casos de uso, como poden ser sistemas de autenticación de usuario, sistemas de configuración ou un sistema de plugins.

 

Arquetipo de aplicacións Java Spring Web

Spring é un framework, ou entorno de traballo, para o desenvolvemento de aplicacións web usando a linguaxe de programación Java. O Arquetipo pódese entender como un esqueleto base común para a realización de aplicacións, que inclúe xa unha base a partir da cal se poden desenvolver funcionalidades máis específicas.

Este arquetipo xurde como un obxectivo interno de homoxeneizar e estandarizar todos os desenvolvemento realizados con esta tecnoloxía, cumprindo tamén cos estándares Java da AMTEGA, o que facilita tamén o traballo aos provedores tecnolóxicos, e fomentar tamén na comunidade o desenvolvemento e reutilización de compoñentes transversais.

Esta liberación enmárcase no Plan de Acción en materia de Software Libre da Xunta de Galicia e contou coa participación da Oficina de Software Libre da Amtega, quen elaborou un informe técnico que garante a viabilidade xurídica da liberación e as condicións nas que se pode realizar. O Arquetipo publícase cunha licenza libre ASLv2 (Apache Software License version 2) e tamén baixo a EUPL (European Union Public License).

12/02/201808:27
Una persona utiliza un móvil del que salen iconos y la palabra 'Apps'.
Santiago de Compostela

Fundación Orange ofrece la biblioteca de Soyvisual para el desarrollo de apps

Fundación Orange ha decidido poner la biblioteca de recursos de su aplicación Soyvisual a disposición de cualquier desarrollador de aplicaciones que quiera hacer uso del catálogo de láminas e imágenes especialmente diseñadas para estimular el desarrollo del lenguaje y ayudar a personas con necesidades a comprender el mundo y comunicarse.

La fundación pone estos recursos a disposición de los desarrolladores a través de interfaz de programación (API) que permite que otras aplicaciones pueda consultar automáticamente este catálogo y utilizar dichas imágenes “al vuelo”.

Para poder acceder a esta biblioteca de recursos, los desarrolladores deberán presentar una solicitud y cumplir con las condiciones de uso.

La única restricción al uso de estas imágenes es que la aplicación que las utilice no puede tener un fin comercial, y que se debe de respetar la licencia Creative Commons, que implica que se debe citar la fuente.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS