
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
A Confederación Española de Organizacións de Maiores - CEOMA e a Fundación Vodafone España renovan o seu acordo de colaboración despois dos resultados obtidos durante os cinco últimos exercicios -que foron realmente satisfactorios- nos que se formou a máis de 23.000 maiores de máis de 60 anos a través do Proxecto Campus Sénior Tecnoloxía. A V edición finalizou cunha grande aceptación por parte do público maior, superando os obxectivos expostos e formando a 5.900 persoas maiores.
Por todo o exposto, CEOMA e a Fundación Vodafone España volven a unir sinerxias de colaboración a través da firma do convenio, subscrito por parte do Presidente de CEOMA, D. Anxo S. Quesada Lucas, e o Director Xeral da FVE, Santiago Moreno Fernández. O devandito convenio, ten como obxectivo seguir integrando ás persoas maiores en accións formativas do uso das TIC para xeneralizar o coñecemento das tecnoloxías, especialmente no uso dos dispositivos avanzados.
A posta en marcha da VI edición de CAMPUS SÉNIOR comprende desde maio deste ano ata febreiro do ano 2019: talleres prácticos de formación presencial repartidos pola xeografía española e á súa vez retransmitidos por internet en formación 'on live e a posterior gravación dos mesmos en vídeo para que a través de www.campusenior.es as persoas maiores poidan realizalos cando consideren. Tamén, nas accións formativas telepresenciais realizaranse talleres en modalidade webinar. Ademais, ampliaranse igualmente os contidos, na área de 'aplicacións interesantes', para que os maiores aprendan a descargarse nos seus Smartphone dunha forma rápida e sinxela, estas aplicacións accesibles, por exemplo 'Medicamento Accesible Plus'. Así mesmo, os maiores contarán cos cursos de "Tabletas e teléfonos intelixentes", vídeos formativos sobre o uso dos Smartphone, WhatsApp, Facebook de FVE.
Grazas a Campus Sénior Tecnoloxía asimilar os contidos cada día supón unha dificultade menor para os maiores, debido aos conceptos e terminoloxías que se manexan e cos que cada vez se van familiarizando mellor.
Campus Sénior Tecnoloxía ofrece un espazo de aprendizaxe, onde se tratan temáticas do interese dos maiores, co obxectivo de axudalos a desenvolver e mellorar os seus coñecementos dixitais e con iso poder ampliar o seu círculo de relacións persoais. www.campusenior.es
Finalmente Galicia Open Future, a plataforma galega de crowdworking de Telefónica, resolveu o seu certame de desafíos tecnolóxicos, os Retos Industria 4.0. Foron, como lembraremos, unha serie de probas convocadas ao abeiro da cuarta edición de GOF, convocadas pola operadora e a Xunta co fin de facer abrollar respostas concretas das nosas empresas innovadoras a necesidades concretas propostas por dúas empresas do noso tecido produtivo: FINSA e Grupo Nova Pescanova. As firmas gañadoras dos retos resultaron ser Deicom Technologies, para a proposta de Nova Pescanova, e Conexiona (iPlace), para o desafío achegado por FINSA.
O anuncio fíxose hoxe nun acto en San Caetano (Santiago) no que participaron o conselleiro de Economía, Francisco Conde; o director xeral do Territorio Norte de Telefónica, Javier Zorrilla; o conselleiro delegado de FINSA, José Carballo; e o director de Acuicultura de Nova Pescanova, Rafael Prieto. Pola banda das empresas gañadoras asistiron José Antonio Losas, director de Tecnoloxía de Conexiona, e Adriana Vázquez, directora executiva (CEO) de Deicom Technologies.
Segundo informou Telefónica, presentáronse ao certame finalmente dúas ducias de empresas, PEME, startups ou organizacións por cada un dos dous retos lanzados en febreiro pasado. Ao reto da madereira presentáronse 16 procedentes de distintos recantos de Galicia, 4 de España e 3 procedentes de Chile, Portugal e México. Ao reto de Nova Pescanova presentáronse 15 procedentes de Galicia, 5 do resto de España e tres de Alemaña, Portugal e Venezuela.
A proposta de FINSA consistiu en acadar unha tecnoloxía para xestionar e actuar sobre os elementos de sensórica de taboleiros e outros produtos de madeira instalados no fogar. Conexiona, entre outros produtos, desenvolveu a plataforma IOT iPlace, que actualmente se vende nos mercados europeo e latinoamericano.
Pola súa banda, o reto proposto por Nova Pescanova, e gañado por Deicom Technologies, perseguía dispor dun modelo de análise de predición para coñecer o comportamento do lagostino criado en piscifactorías e facer máis eficiente a súa cría. Deicom Technologies é unha empresa nova que fornece tecnoloxía e servizos de enxeñaría en proxectos de alicerce tecnolóxico, desde prototipos hardware ata algoritmos de información a gran escala e intelixencia nos negocios. Deicom Technologies, para que non o saiba, tamén é unha firma galega e participou, de feito, na primeira edición de Galicia Open Future.
Á parte dos gañadores, elixíronse tres finalistas por cada un dos retos. No de Nova Pescanova resultaron finalistas a alianza entre Biostatechh e Torus, Gradiant e Gamco. No caso de FINSA, Deicom Itelsis e Vizibles.
Os gañadores terán unha axuda da Axencia Galega de Innovación (GAIN) de 20.000 euros para a posta en marcha do proxecto piloto. Ademais, tanto o gañador como o tres finalistas poderán acceder a un programa de aceleración dentro do ecosistema Open Future_ de Telefónica, e recibirán ademais un patrocinio de 10.000 euros, achegado por GAIN, como “recoñecemento ao seu esforzo innovador”. Transcorrido o tempo de aceleración, seleccionarase ao mellor dos tres finalistas, que poderá recibir unha axuda adicional de até 10.000 euros achegada pola axencia AMTEGA.
Amais das achegas económicas directas, XesGalicia concederá aos gañadores un préstamo participativo, ata un máximo de 100.000 euros. Ademais, poderá conceder aos finalistas un préstamo participativo de até 50.000 euros.
Máis de 150 expertos e representantes ONG reuníronse en Madrid para analizar como aproveitar a innovación social dixital no Terceiro Sector nas III Xornadas "O Terceiro Sector e a Contorna Dixital", organizadas pola Fundación Mutua Madrileña. O encontro, estruturado ao redor de dúas mesas redondas, Como realizar unha comunicación innovadora na contorna dixital? e Como aproveitar as canles dixitais para a innovación socia?, contou coa experiencia de varias entidades e expertos na materia, que explicaron os seus casos de éxito máis recentes.
Os panelistas ofreceron algunhas claves para aproveitar as vantaxes da contorna dixital e lograr os obxectivos de comunicar, sensibilizar e captar fondos: contar unha historia, dar voz aos seus protagonistas, estar atentos ás novas ferramentas e tendencias, dedicar tempo e recursos, positivar o ton e a mensaxe, basearse nunha estratexia con creatividade, naturalidade e sinxeleza e apelar ás emocións sen sensacionalismos. Os expertos coinciden na crecente importancia do móbil como canle de comunicación e a necesidade de adecuar as campañas a este formato.
Por outra banda, as redes sociais perfílanse como unha plataforma de gran alcance e impacto. Segundo o estudo de Redes Sociais en España publicado por IAB en 2017, o 87% dos internautas en España de entre 16-55 anos teñen un perfil en redes sociais, o que representa máis de 15 millóns de persoas. Instagram é a canle que máis creceu no último ano, aínda que WhatssApp segue sendo o máis utilizado cunha media de 5 horas á semana. "Incrementouse un 40% o uso de smartphones e tablets nos últimos anos", destacou Lorenzo Cooklin, director xeral da Fundación Mutua Madrileña.
Impactar para captar fondos
Na primeira mesa redonda, Como realizar unha comunicación innovadora na contorna dixital?, Juan Bodas, Head of New Media da axencia Tribal, expuxo as claves para unha comunicación innovadora e low cost na contorna dixital. "O segredo é contar unha historia e aproveitar a tecnoloxía que nos ofrece a contorna dixital, integrarnos de maneira nativa nas estratexias de comunicación. Para poder contar historias a idea é o máis importante, moito máis que o orzamento".
Beatriz Prieto, directora de Comunicación e Relacións Institucionais de Down España, analizou o obxectivo e desenvolvemento de campaña online #auténticos realizada con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down. "As asociacións down fomos das primeiras en perder o medo para mostrar ás persoas con discapacidade para demostrar ao mundo do que son capaces. Nós xa non falamos por eles".
Na mesa tamén se analizaron as innovadoras campañas dixitais Homeslessfonts e Homelesscommons da man de Marta Pulgar, responsable de Comunicación de Fundación Arrels, entidade dedicada á atención de persoas sen fogar en Barcelona. "Hoxe podemos crear novas fórmulas para captar fondos. Hai que recorrer á transformación social, ser disruptivos e dar voz aos protagonistas das historias. As ferramentas dixitais ábrennos un mundo de oportunidades para dirixirnos a un colectivo cheo de prexuízos".
Francisco Sierra, director de Contidos Multimedia de Atresmedia, analizou as claves para conseguir unha comunicación de impacto na contorna dixital. "As grandes ideas son as máis sinxelas e as máis naturais, son as que logran un verdadeiro impacto emocional. Unha historia ha de ser honesta e emotiva sen chegar a ser sensacionalista. Afortunadamente as contornas dixitais dan cabida a campañas que pasan desapercibidas nos medios convencionais onde o tempo é máis reducido".
Novo escenario para a innovación
Na segunda mesa, "Como aproveitar as canles dixitais para a innovación social?", o responsable de captación online de UNICEF, Enrique García, repasou a importancia das TIC na cooperación e as emerxencias expoñendo o exitoso caso de U-Report, unha iniciativa global que conta con millóns de persoas implicadas en todo o mundo: "Nun só día a información de Unicef chega a 75.000 persoas de todo o mundo a tempo real, ese é o grao de impacto que logramos con este tipo de plataformas".
Raquel Nuñez, responsable de Márketing en Social Coin, explicou como evolucionou "a moeda das accións positivas", un movemento de cadeas de favores desinteresados que na actualidade deu pé ao desenvolvemento dunha plataforma que identifica as preocupacións sociais máis relevantes mediante intelixencia artificial. "Creamos unha plataforma de colaboración cidadá, a través de intelixencia artificial vimos como recompilar a información e activar ás persoas cun sistema de puntos. Escoitamos ás persoas desde diferentes fontes, recollemos os datos grazas ás ferramentas de analítica, categorizamos toda a información e extraemos o que é máis relevante".
Outro exemplo da importancia da innovación social dixital no ámbito da discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, é a app relativa ás convocatorias de emprego público para persoas con discapacidade. Fermín Núñez, responsable de Comunicación de Plena Inclusión, explicou as peculiaridades desta iniciativa que conta co apoio da Fundación Mutua Madrileña: Desenvolvemos unha app para que as persoas con discapacidade poidan acceder a postos da administración pública, axudándolles a acceder ao proceso de acceso ás oposicións. A innovación social pode achegar moito aos colectivos con discapacidade. O reto fundamental é saber captar esas necesidades".
Yolanda Rueda, presidenta da Fundación Cibervoluntarios, afondou no uso da tecnoloxía para paliar as fendas salariais e xerar innovación social mediante o exemplo de plataformas como empodera.org. "A innovación social está no empoderamiento cidadán, en como o uso da tecnoloxía pode mellorar a túa calidade de vida. Entre os principais retos está cambiar a mentalidade, aglutinar a voz dos cidadáns e buscar alianzas dentro do Terceiro Sector".
Trala súa retrasmisión en streaming, o vídeo completo das xornadas está xa dispoñible na Canle de YouTube de Mutua Madrileña e na web da Fundación Mutua.
Este venres 1 de xuño temos unha cita cas/os profesionais da nosa terra que contribúen co seu labor e compromiso á plena inclusión de Galicia na nova era da comunicación dixital, con todo o que iso implica (cousas como a Industria 4.0, as redes do futuro, as Cidades Intelixentes, a Internet das Cousas, a intelixencia artificial, os novos xeitos de accedermos aos contidos, etc). Estamos a falar da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que se celebra esta sexta feira a partir das 20.00 horas no Hotel Pazo Los Escudos de Vigo.
A gala, que contará con preto de 300 asistentes, vén da man do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), que dirixe Julio Sánchez Agrelo. Precisamente, Sánchez Agrelo será o encargado da inauguración do evento cun discurso de benvida no que falará do conseguido pola nosa terra en materia tecnolóxica e dos retos que nos depara o futuro inmediato. A continuación, serán as quendas de Joaquín Lameiro, Enxeñeiro do Ano 2018, Ignacio López-Chaves, delegado da Xunta en Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo.
O fito principal do acto estará marcado pola entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións 2018. En total, vanse entregar cinco galardóns. O primeiro deles distingue o Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, galardón que este ano recae no proxecto Litter Drone, seguimento e control do lixo mariño empregando drons e análises de imaxe dirixido por Fernando Martín, profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. O Premio Gradiant á Mellor Tese de Doutoramento Aplicada ao Sector TIC recae en David Vázquez polo seu traballo Detection of image resampling and video encoding footprints for forensic applications. Doutra banda, o Premio Acuntia á empresa galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de telecomunicacións distingue o labor de ABANCA.
Enxeñeiro do Ano e Socio de Honra
O Premio Enxeñeiro do Ano 2018 recae en Joaquín Lameiro pola súa exemplar traxectoria profesional e o seu fondo compromiso co desenvolvemento do sector das telecomunicacións na nosa terra. Finalmente, o Premio Socio de Honra distingue a Luciano Vidán, presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, polo pulo outorgado á entidade que dirixe en relación ao desenvolvemento de novas tecnoloxías que permiten mellorar e optimizar o traballo no eido sanitario.
O Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo vai acoller até o mes de outubro un obradoiro de balde sobre ciberseguridade para unha vintena de mozas e mozos. O curso formativo, que xa deu comezo, centrará o seu programa en capacitar aos asistentes nun tema candente, de gran proxección e moi interesante para empresas, administracións e usuarios de a pé: a protección das redes, dos sistemas e da información que acubillan. Serán cinco meses de clases presenciais. O obxectivo, en palabras do Concello, é “introducir as persoas participantes nas competencias do mundo da ciberseguridade, unha das especializacións técnicas máis demandadas entre as empresas”.
O curso sobre ciberseguridade, posto en marcha por Concello e Fundación Telefónica, iniciouse esta mesma semana na sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías.Este obradoiro presencial desenvólvese até o mes de outubro en horario de 09:00 horas a 15.00 horas e grazas á actividade formativa, os mozos e mozas participantes adquiren coñecementos e habilidades sobre redes e sistemas, ataques a infraestruturas e hackingético.
Segundo engade o Goberno local que preside Lara Méndez, “trátase dun itinerario formativo nexo de unión entre a demanda real das empresas e o sistema educativo que inclúe a aprendizaxe de conceptos básicos sobre ciberseguridade, a programación dunha forma segura, técnicas de protección e ataques para infraestruturas e contramedidas, entre outras cuestións”. Co fin de completar a aprendizaxe presencial todas as persoas participantes teñen acceso a un entorno de formación online na que se inclúen diferentes recursos como complemento do visto na aula.
O Concello tamén lembra que aínda fican vacantes dispoñibles, polo que as rapazas e rapaces que queiran participar aínda poden facelo formalizando a súa inscrición en fundaciontelefonica.com.