main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

25/08/202213:49
Aula CeMIT de Boiro.
Boiro

A Aula CeMIT do Concello de Boiro retoma a súa actividade formativa e presencial este setembro

Aula CeMIT do Concello de Boiro volve ofrecer cursos de formación presenciais para o mes de setembro de 2022. As actividades desenvolveranse na aula, situada no Centro Social de Boiro, en horario de 10.00 a 12.30 horas.

Entre a formación ofertada está un curso de Inicio á Informática, que se vai desenvolver entre o día 5 e o 9 de setembro; Inicio a Internet, que vai ser do 12 a 15 de setembro; Manexo de correo electrónico de Gmail, que será do 19 ao 22 de maio; e Tramitación electrónica, os días 27 e 28 de setembro.

Toda a información sobre os cursos e inscricións en axentetic@boiro.org; no 981 84 26 35 ou no móbil 629 769 139.

24/08/202214:04
Cartel da iniciativa.
Ribeira

A Aula CeMIT de Ribeira acolle en setembro un programa de dixitalización para mulleres

A Aula CeMIT de Ribeira vai dar cabida ao longo do mes de setembro a un programa de formación dixital dirixido a mulleres, encamiñado a combater a fenda dixital de xénero e avanzar na plena capacitación tecnolóxica da poboación feminina, agravada trala pandemia.

Este programa conta con dous bloques de 40 horas cada un, que versarán sobre competencias dixitais básicas, destinado ao desenvolvemento dixital para a vida cotiá (do 1 ao 15 de setembro) e competencias dixitais avanzadas (desenvolvemento de estratexias dixitais para o traballo (do 16 ao 30). Ao remate as asistentes recibirán unha tableta de agasallo. Pódese obter máis información no teléfono 881 820 345, no correo electrónico matriculas@mullerdixital.gal ou na web www.mullerdixital.gal.

24/08/202214:01
Cartel da iniciativa.
Ortigueira

AGASOL e AMTEGA favorecerán en Ortigueira o uso igualitario e creativo das tecnoloxías entre a mocidade

Aula CeMIT do Concello de Ortigueira acollerá os días 25 e 26 de agosto o Programa STEAM, organizado pola Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Este curso pretende “motivar e favorecer o uso creativo e igualitario da tecnoloxía entre os mozos, tentando acabar cos estereotipos”.

Están establecidos dous grupos en función da franxa de idade, en horario de 10:30h a 13:30h. No primeiro inclúense os comprendidos entre os 8 e os 11 anos, e o segundo abarca desde os 12 aos 15. En declaracións do alcalde, Juan Penabad, “esta actividade supón unha gran oportunidade para a xuventude do noso municipio, xa que poderán experimentar de primeira man diferentes tipos de avances tecnolóxicos, sempre desde unha perspectiva de igualdade e innovación” A través desta formación-divulgación, o alumnado tomará contacto coa tecnoloxía “de forma inspiradora e creativa”, con actividades como a creación de circuítos de papel, programación de videoxogos propios con Scratch (unha linguaxe de programación creada polo MIT para persoas que se inician neste ámbito) ou a creación de cómics interactivos con Makey Makey (un kit de creación interactivo para experimentar, investigar e ideal para practicar nun contexto real a programación con Scratch).

Ademais, as mozas e mozos que asistan aos obradoiros terán a posibilidade de realizar outro tipo de proxectos máis avanzados, que requiren coñecementos e experiencia en programación e involucran o uso de diferentes sensores, así como a elaboración de postais pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva, entre outras actividades.

A inscrición pode formalizarse a través do teléfono 981 40 25 33 ou a través do correo electrónico cemit.ortigueira@xunta.gal.

22/08/202209:27
Aula CeMIT de Narón.
Narón

Narón achega en setembro novas accións de capacitación TIC na Aula CeMIT de Xuvia

A Aula CeMIT de Xuvia (Narón) acollerá a partir da vindeira semana dúas novas accións formativas para as que se abrirá o prazo de inscrición o luns día 22 de agosto. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, indicou que se trata dos cursos de Competencias dixitais en ofimática e Contabilidade e Recursos Humanos. As inscricións para as ditas accións formativas realizaranse, unha vez aberto o prazo, a través da Plataforma CeMIT da Xunta de Galicia.

A acción formativa de Competencias dixitais en ofimática consta dun total de 240 horas, que se impartirán do 5 de setembro ao 30 de novembro, con 60 días lectivos, en quenda de mañá, de 9.30 a 13.30 horas. Ofértanse un total de 12 prazas e entre o contido a abordar están temas como os sistemas operativos, Internet, intranet e correo electrónico, aplicacións informáticas de procesamento de texto, base de datos, para presentacións e de folla de cálculo.

Pola súa banda, o curso de Contabilidade e RRHH consta tamén de doce prazas e terá unha duración total de 168 horas, que se impartirán dende o 29 de setembro, ata o 30 de novembro, con 42 días lectivos, en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. O contido do curso no apartado de xestión de recursos humanos tratará sobre definición do posto de traballo, definición de perfís laborais, competencias e formación, normativa laboral, Seguridade Social e cotizacións, liquidación do recibo de salarios, liquidación de cotizacións e aplicacións informáticas de xestión de RRHH. O contido do apartado de Contabilidade tratará sobre documentos administrativos de compravenda, facturación, sistemas de información contábel ou aplicacións informáticas de contabilidade e facturación.

19/08/202208:35
Usuaria sénior das TIC.
Bande

Bande achegará unha vintena de seminarios en liña para favorecer a inclusión dixital dos maiores

Concello de Bande (Ourense) vai brindar este outono un completo programa de formación tecnolóxica para favorecer a inclusión dixital das persoas maiores do termo municipal. Trátase dun programa de vídeo-conferencias abeirado á colaboración da Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniores (FEGAUS), no marco da súa colaboración no plan de inclusión dixital de Galicia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Este novo programa formativo artéllase en tres itinerarios temáticos e 19 seminarios en liña. As sesións vanse impartir dende a Aula CeMIT de Bande e as persoas destinatarias poderán tirar proveito delas a través das súas tabletas, móbiles ou computadores.

Cada seminario terá unha hora de duración, tocando diversas vertentes do ámbito tecnolóxico e poñendo o foco nos aspectos que máis poden ser de utilidade para as persoas maiores, mostrando polo miúdo (e de xeito comprensíbel) as vantaxes do dixital na súa vida cotiá. Nesta ocasión están a ofertarse actividades dentro dos ciclos que imparte FEGAUS no marco da súa alianza con AMTEGA: Rural TIC, Bela Galicia, Adeus á Soidade, Emigración, Turismo, Socializate, Lingüística, Relaciona TIC e Formación ao longo da vida. As persoas interesadas en participar poden contactar coa Aula CeMIT de Bande emprazada no primeiro andar da Casa Consistorial.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS