
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
A Aula CeMIT do Concello de Boiro (Centro Social de Boiro) vai desenvolver durante o mes de setembro novas actividades para facilitar o pleno acceso da cidadanía ás ferramentas tecnolóxicas, poñendo o foco nos recursos que lles axuden a interactuar coas administracións. Por este motivo, celebraranse charlas formativas sobre trámites electrónicos. As xornadas vanse desenvolver os días 20 e 27 de setembro e as inscricións poden facerse xa no enderezo electrónico axentetic@boiro.org, o teléfono 981 84 26 35 ou o móbil 629 769 139.
O martes 20 de setembro, en horario de 18.00 a 20.00 horas, vaise impartir a charla sobre A sede electrónica da Xunta de Galicia e o martes 27 de setembro no mesmo horario a charla sobre Trámites tributarios.
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), levará a cabo durante oito xornadas, unha serie de cursos de formación á cidadanía sobre os servizos dixitais na Administración, a través dos Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT).
Os cursos, que se realizarán nos meses de setembro e outubro, desenvolveranse de forma presencial na rede de aulas CeMIT da Xunta de Galicia e tamén serán retransmitidos en directo por videoconferencia para poder seguilos desde calquera punto, unha iniciativa que está encadrada dentro do marco das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030.
Destinatarios
Sendo uns dos obxectivos desta iniciativa mellorar as competencias dixitais da cidadanía para facilitar a súa comunicación e interacción coa administración, as actividades ofertadas estarán destinadas a todos aqueles cidadáns, maiores de 16, que necesiten ter ferramentas para favorecer a súa inclusión dixital co fin de que as tecnoloxías contribúan a aumentar a súa calidade de vida.
Contidos
O programa de formación organizado no marco do Convenio de Colaboración asinado entre a Amtega e o CPETIG abordará ao longo das oito sesións formativas presenciais, cada unha de dúas horas de duración, diversas temáticas orientadas a que os cidadáns coñezan os principais servizos dixitais que se poden facer na Administración.
As actividades, que se celebrarán os martes e xoves nun horario de 18.00h a 20.00h, desde o 13 de setembro, impartiranse por colexiados e colexiadas do CPETIG con ampla experiencia na administración electrónica. As mesmas desenvolveranse presencialmente en oito puntos diferentes da comunidade, e retransmitidas en directo coa finalidade de que cidadáns de todas as provincias poidan obter aquelas competencias dixitais que lle faciliten e melloren a súa relación coa Administración.
As sesións complementaranse con material de apoio adicional (guías, exercicios, cuestionarios, lecturas e consultas recomendadas…) que estará dispoñible na plataforma Plataforma de Teleformación da Rede CeMIT - EMA asignada ao alumnado.
Data
Contido
Aula Rede CeMIT co docente en presencial
Outras aulas nas CeMIT que retransmitirán en directo
Ligazón para participar desde o teu fogar
13 setembro
As sedes electrónicas e como identificarse ante a Administración
Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza
https://us02web.zoom.us/j/82293759505
15 setembro
O DNI electrónico e a sinatura dixital
Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Santa Comba
https://us02web.zoom.us/j/84191055870
20 setembro
A sede electrónica da Xunta de Galicia
Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Santa Comba, Boiro
https://xunta.webex.com/xunta/onstage/g.php?MTID=e0b5bbfda3f9ce315c4041373c17092fc
22 setembro
Trámites tributarios
Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza
https://us02web.zoom.us/j/81457347011
27 setembro
Trámites tributarios
Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Boiro
https://us02web.zoom.us/j/81578597324
29 setembro
Trámites xerais coa administración
Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Santa Comba
https://us02web.zoom.us/j/82710119593
4 outubro
A miña É-Saude
Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, O Barco de Valdeorras
https://us02web.zoom.us/j/81386589361
6 outubro
Notificacións da administración
Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza
https://us02web.zoom.us/j/88314485505
Rexistro
As prazas asignaranse por orde de inscrición, sendo necesario facer un rexistro previo directamente nas ligazóns indicadas no cadro de datas anterior ou na páxina da Rede CEMIT.
O CPETIG
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia é unha corporación de dereito público que ten como función esencial o fomento e a promoción da profesión para que se recoñeza o seu relevante papel no desenvolvemento da Sociedade da Información.
Ademais, vela polo cumprimento das normas deontolóxicas e defende os intereses da profesión para que a súa contribución ao progreso e ao benestar sexa valorada polo conxunto da sociedade. Así, entre os seus fins e funcións, atópanse a regulación do exercicio, a promoción e mellora das actividades profesionais que engloban as enxeñarías técnicas en informática, e o fomento e promoción de actuacións relacionadas con este sector profesional entre as que se atopan a implantación da sociedade da información e das tecnoloxías da información en todos os ámbitos da actividade económica e social da Comunidade Autónoma de Galicia.
A Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia, que actualmente forma parte da Estratexia Galicia Dixital 2030.
Desde 2016, a Rede CeMIT tamén forma parte do Plan de Inclusión Dixital de Galicia coma un dos proxectos clave que asentaron as bases para definir a nova estratexia de inclusión dixital da comunidade e que ten como obxectivo situar a Galicia como unha rexión intelixente de referencia en Europa.
A Rede conta coa colaboración de 91 concellos e está integrada por 97 aulas equipadas con última tecnoloxía, Internet e sistemas de videoconferencia, de tal maneira que todo galego/a ten unha aula a media hora de distancia do o seu fogar.
A Aula CeMIT do Concello de Porto do Son vai celebrar este outono actividades de formación tecnolóxica para adultos e nenos en todas as parroquias do termo municipal (Miñortos, Goiáns, Portosín, Nebra, Noal, Baroña, Queiruga, Caamaño, Xuño, San Pedro e Ribasieira). As persoas interesadas en participar teñen que contactar coa aula a través do teléfono 69948405.
O programa inclúe formación en mecanografía, ofimática, Internet, correo e o xestións administrativas en liña (Administración Electrónica).
O Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu hoxe a toma de posesión de Julián Cerviño Iglesia como director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Julián Cerviño leva máis de vinte anos traballando en proxectos e programas IT estratéxicos de distintas Administracións en Galicia, como a administración electrónica da Xunta e diversas iniciativas relacionadas coa sanidade pública.
Julián Cerviño Iglesia é Licenciado en Ciencias Físicas, especialidade electrónica pola Universidade de Santiago de Compostela. É un profesional con ampla experiencia en IT e sólidos coñecementos de xestión e técnicos.
A Aula CeMIT de Guitiriz acolle este outono un curso de Administración Electrónica para facilitar as relacións da cidadanía coas entidades públicas. Trátase do curso Aprende a realizar trámites de forma sinxela, impartido polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG).
Desenvolverase de maneira combinada, con sesións formativas dinámicas e participativas co formador en directo, que irán acompañadas de fichas con actividades prácticas. De maneira complementaria, haberá contidos formativos engadidos para poder acceder á formación en calquera momento. O curso inclúe 8 sesións de 2 horas cada unha. Todas as sesións serán retransmitidas en liña. O alumnado pode realizar o curso completo, ou ben calquera das súas partes.
Temáticas
O prazo para realizar a presinscrición remata este 9 de setembro. Deberá facerse a través de WhatsApp (606325597) ou no correo electrónico: cemit.guitiriz@xunta.gal.