
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
España forma parte do Consello de forma ininterrompida desde a creación da UIT en 1865 e, xunto con Italia, foron os países máis votados no Grupo de Europa Occidental. Ata agora, a representación española ocupou postos de responsabilidade na Unión, como a Vicepresidencia da Comisión de Redacción, a Vicepresidencia da Comisión de Estudo sobre Cidades Intelixentes ou a Vicepresidencia do Grupo Asesor de Desenvolvemento das Telecomunicacións.
España participará no Consello durante o próximos catro anos, xunto a Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Suíza e Turquía representando a Europa occidental. Tamén forman parte do Consello as rexións de Europa oriental e Asia setentrional, América, África, Asia e Australasia.
Xunta do Regulamento de Radiocomunicacións
O encontro en Dubái tamén foi o marco no que se desenvolveron as eleccións para formar a Xunta do Regulamento de Radiocomunicacións (RRB). Trátase dunha área importante, xa que a Oficina de Radiocomunicacións da UIT encárgase de xestionar a escala mundial os recursos do espectro de frecuencias radioeléctricas e as órbitas de satélite.
Por mor da inexorable proliferación das aplicacións de comunicacións inalámbricas en todo o mundo, existe unha forte competitividade para utilizar o espectro de radiofrecuencias que soportan esas aplicacións. De aí a súa cada vez maior importancia.
A Xunta conta con representación das cinco rexións nas que se divide a UIT e, neste caso, representando a Europa occidental, resultou elixidos Yvon Henri, de Francia, e Lilian Jeanty, de Países Baixos.
Tras os seus exitosos lanzamentos en México e Estados Unidos, Welever, a compañía española que empodera ás persoas coas ferramentas para implementar o cambio social e xerar un impacto nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), presentouse en Iberia. Welever é un movemento de innovación colaborativa que conecta individuos e entidades coa tecnoloxía para cambiar o mundo; pon ás persoas en contacto cos diferentes axentes sociais, creando unha rede de interconexións, favorecendo a interacción entre todos e multiplicando así o seu impacto. O resultado é unha comunidade global de persoas e organizacións comprometidas, que poñen a súa vontade e o seu tempo ao servizo da sociedade e que colaboran para levar a cabo acciónes solidarias para mellorar o mundo.
Jose Almansa, CEO e Fundador de Welever afirmou que "este movemento xa é unha realidade e estámolo vendo a través dos nosos clientes en Estados Unidos, México, Brasil, España, Portugal, Suecia e Inglaterra. Welever xa iniciou o seu camiño de transformación e todos podemos formar parte dela."
O revolucionario de Welever está no "bottom-up": As persoas poden propoñer e activar iniciativas sociais ás organizacións, impulsando así a intelixencia colectiva da base e xerando cambios desde abaixo, para que os resultados ascendan cara a aqueles que dirixen e non ao revés.
A solución para crear, xestionar e analizar plans de acción social
O movemento Welever descansa sobre unha plataforma dixital (web app) para a xestión, reporting e medición do impacto social, aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas.
A plataforma permite a empresas, concellos, universidades e Ong definir un plan de voluntariado, implicar ás persoas, medir e reportar o impacto en base aos ODS e xerar informes automaticamente que demostran o impacto social realizado e a contribución na consecución dos ODS, creando reportes de impacto social adaptados á Directiva Europea 2014/95/EU sobre divulgación de información non financeira.
Doutra banda, as persoas, a través da participación e creación de iniciativas poderán desenvolver un CV Social.
Un evento con destacados asistentes
O evento tivo lugar na Real Fábrica de Tapices e contou coa presenza de máis de 200 asistentes e con relatores de referencia do ámbito político, educativo e empresarial de España e Portugal, que debateron ao redor dos ODS e á súa responsabilidade para alcanzalos a través da involucración dos seus empregados, estudantes e cidadáns en xeral.
Jose Almansa, fundador e CEO de Welever, presentou o movemento e deu inicio a unha xornada que contou con grandes relatorios distribuídos en tres paneis distintos; a nivel político, Begoña Villacís, Presidenta de Cidadáns Madrid, Luís Cueto, Tte. Alcalde do Concello de Madrid, Juan Espadas, Alcalde de Sevilla, Gema Igual, Alcaldesa de Santander e Ricardo Rio, Alcalde do Concello de Braga, debateron sobre a activación cidadá e o papel das Administracións Públicas.
No ámbito da empresa, Maria Jesús Serrano, Deputada no Congreso, Antonio Catalán, Presidente AC Hoteis, Gualter Crisostomo, Manager Corporate Governance e Sustentabilidade en CEIIA, e May López, CEO de Bewego, discutiron a innovación social aliñada aos ODS como alicerce das corporacións de cara ao 2030, moderados por Jose Carlos Díez.
Do sector académico, Jose Vicente Saz, Reitor da Universidade de Alcalá, Jose Carlos Díez, Economista, e Vasco Moreira Rato, Profesor e Membro do Grupo Executivo de Sustentabilidade do ISCTE-IUL, falaron sobre a importancia das institucións educativas para cambiar o ADN das futuras xeracións. A clausura da xornada estivo a cargo de Federico Buyolo, Director Xeral Axenda 2030.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ao Campus Innova e ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC), como a proba de que a Galicia do século XXI se anticipa e faino grazas a unhas universidades innovadoras a través dos seus campus especializados.
Durante o acto de presentación, Feijóo aseverou que o Campus Innova aspirará a poñer o seu selo de innovación nas tecnoloxías da información e a comunicación, na edificación e a enxeñaría civil, e nas TIC aplicadas ás humanidades e contidos dixitais e precisou que o seu plan estratéxico se realizou entre a Xunta e a Universidade.
“Innovatic, Innovatech, Innova Humanitas. Tras estas tres áreas que abarca este campus, atópanse aplicacións que afectan directamente á vida da xente”, dixo, precisando que os traballos desenvolvidos nel repercutirán en capítulos tan diversos como a sanidade, as smart cities, a agricultura, as infraestruturas, a cultura, a educación ou o turismo. E todos os centros vencellados ao campus terán a misión de situarse no futuro para deseñalo e convertelo nun aliado da xente: o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, o Centro de Innovación en Edificación e Enxeñería Civil, a Escola Técnica Superior de Arquitectura, a Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, a Facultade de Filoloxía e a Facultade de Economía e Empresas.
Nesta mesma liña, salientou que o CITEEC, considerado un dos centros máis avanzados de España, promove a investigación básica, fai investigación aplicada e realiza traballos de consultaría a empresas e institucións.
Logo de lembrar que a estratexia de especialización da Universidade da Coruña iníciase hai algo máis de dous anos, co Campus Industrial de Ferrol, o presidente da Xunta resaltou que o pasado mes de xuño daba os primeiros pasos, tamén, o Campus da sustentabilidade da Coruña, integrado por 30 grupos de investigación e 14 facultades, escolas e centros científicos, nos que se inclúe o Centro de Investigacións en Tecnoloxías da Informacións e as Comunicacións (CITIC). “E, non debemos esquecer tampouco que o Campus Terra, en Lugo, e o Campus da Auga, en Ourense, iniciaron no 2013 un camiño no cal Galicia é pioneira; e o papel destacado que teñen os Campus de Excelencia Internacional: o Campus Vida, en Santiago, e o Campus do Mar en Vigo”, engadiu.
O responsable autonómico remarcou os campus galegos se conciben como un modelo de colaboración que implica á Universidade, ás institucións públicas e privadas, ás empresas, aos produtores e ás asociacións profesionais. “Estamos diante dunha aposta estratéxica que persigue dotar a cada campus dunha identidade vencellada ao seu contorno; potenciar a súa conexión coas demandas da sociedade e a economía; e acadar unha indiscutible reputación internacional”, explicou, incidindo no novo xeito de responder aos desafíos da Universidade do século XXI: internacionalización, competitividade, fomento da I+D+i, diversificación das fontes de financiamento e mellora da empregabilidade.
Feijóo asegurou que o Campus Innova é o punto de chegada dun proceso que no seu inicio ten unha idea motriz e matriz: a unidade de esforzos. E concluíu sostendo que todo isto é posible, entre outros factores, pola estabilidade que proporciona o Plan galego de financiamento universitario 2016-2020 que, dotado con preto de 2.500 millóns de euros, ademais de garantir a suficiencia financeira, establece novos criterios de transparencia, prima a eficiencia e impulsa financiamento vencellado a obxectivos.
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presentou hoxe o Campus Innova, a última das tres especialidades universitarias que permitirán «cumprir as complexas responsabilidades que asumimos coa sociedade nunha economía baseada no coñecemento», segundo avanzou Abalde no acto de presentación do último dos tres campus especializados, logo da posta en marcha do Campus Industrial e o Campus Sustentabilidade.
O acto de presentación do Campus Innova foi presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e contou tamén coa participación do alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, e a coordinadora do Campus Innova, Susana Ladra. A especialización da universidade vai na liña da singularización que reclama a Unión Europea e que se reflicte na Lei do Sistema Universitario Galego. A contribución das universidades á innovación é ademais unha das directrices prioritarias determinadas na Axenda Renovada para a Educación Superior. Durante o acto de presentación o presidente da Xunta aseverou que o Campus Innova aspirará a poñer o seu selo de innovación nas tecnoloxías da información e a comunicación, na edificación e a enxeñaría civil, e nas TIC aplicadas ás humanidades e contidos dixitais, e precisou que o seu plan estratéxico se realizou entre a Xunta e a Universidade.
Feijoo asegurou que o Campus Innova é o punto de chegada dun proceso que no seu inicio ten unha idea motriz e matriz: a unidade de esforzos. E concluíu sostendo que todo isto é posible, entre outros factores, pola estabilidade que proporciona o Plan galego de financiamento universitario 2016-2020 que, dotado con preto de 2.500 millóns de euros, ademais de garantir a suficiencia financeira, establece novos criterios de transparencia, prima a eficiencia e impulsa financiamento vencellado a obxectivos.
Cidade da Tecnoloxía Dixital
A Universidade da Coruña, a través do Campus Innova, quere ser, desvelou o reitor, axente activo dese ecosistema innovador baseado no talento e no coñecemento no mundo tecnolóxico e dixital. «Un ecosistema innovador baixo a cultura da colaboración e a cooperación competitiva sen dúbida aumentará a capacidade de multiplicación do sector dixital e tecnolóxico galego e, por ende, dos demais sectores cos que colabora. Un entorno que potencie o emprendemento a través do apoio ás start–ups e spin offs de base universitaria favorecendo a retención do talento xerado nos nosos centros universitarios e atraer talento internacional. Un ecosistema onde Universidade, centros tecnolóxicos especializados e empresas xeren sinerxías que convertan A Coruña, e a súa área metropolitana, nun polo de innovación dixital e tecnolóxico con visión internacional. Unha auténtica Cidade da Tecnoloxía Dixital onde a revolución tecnolóxica na que estamos non sexa unha ameaza senón un elemento de cohesión da sociedade», manifestou o reitor.
A Universidade da Coruña está a impulsar decididamente un modelo universitario no que a especialización lle permita un posicionamento máis reforzado no contexto nacional e internacional. Logo da posta en marcha do Campus Industrial de Ferrol en 2016, e da primeira das especialidades do campus coruñés, o Campus Sustentabilidade, este mesmo ano, conclúe agora o proceso de especialización da Universidade da Coruña co Campus Innova. A coordinadora do Campus Innova, Susana Ladra, destacou na súa intervención que «desde o Campus Innova avanzarase no coñecemento científico e tecnolóxico co obxectivo de impulsar a innovación e incrementar así, a competitividade e o benestar da nosa sociedade». Así mesmo, salientou a excelencia das escolas, facultades e centros de investigación da Universidade da Coruña que se integran neste Campus.
O principal obxectivo do Campus Innova é consolidar a Universidade como un polo de excelencia rexional, nacional e internacional na innovación dixital, tecnolóxica e humanística que forman as tres áreas vinculadas a este campus: Innova TIC, centrada nas Tecnoloxías da Información e das Comunicacións nomeadamente a ciberseguridade, a intelixencia artificial, a análise e xestión de datos, especialmente en contornas Big Data, e a bioinformática; Innova TECH, referente a tecnoloxías innovadoras en ámbitos como a enxeñaría civil, a edificación, a aeronáutica ou a bioloxía avanzada; e Innova HUMANITAS, que ten como obxectivos a innovación e desenvolvemento de servizos, contidos e infraestruturas dixitais para a educación, o turismo e o lecer, así como a conservación, recuperación e difusión do patrimonio histórico e cultural. Ao remate da presentación do Campus Innova, o presidente da Xunta de Galicia, o alcalde e as autoridades académicas se trasladaron ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), no Campus de Elviña. Este centro de investigación foi ampliado recentemente, o que lle permitiu duplicar o número de laboratorios de investigación, que pasou de cinco a dez. Ademais, a Xunta de Galicia acaba de concederlle unha agrupación estratéxica de investigación en Enxeñería Civil e Edificación.
A metade dos españois cre que a innovación tecnolóxica aumenta a desigualdade social e destrúe máis emprego do que crea, segundo os datos da segunda edición da Enquisa sobre percepción social da innovación en España, elaborada pola Fundación Cotec e Sigma Dos a partir de 2.402 entrevistas telefónicas. Os resultados foron presentados hoxe con participación dos directores xerais de Cotec, Jorge Barrero e Sigma Dos, Rosa María Díaz.
Un 49% dos enquisados opina que a innovación tecnolóxica destrúe máis emprego do que crea, fronte ao 46% que opina o contrario. Estes resultados invisten a percepción recollida en 2017, cando a confianza na tecnoloxía como xeradora de emprego ía por diante (52% fronte a 44%). A distancia entre os que teñen unha visión optimista da tecnoloxía como xeradora de emprego e os que se mostran pesimistas respecto diso creceu 11 puntos a favor dos agoreiros nun ano.
O 66% dos participantes cre que moitos ou bastantes postos de traballo actuais serán substituídos por máquinas nos próximos anos e que estas serán capaces de desempeñar non só moitas tarefas rutineiras, senón tamén tarefas creativas. Ante esta perspectiva, un 36% da poboación activa considérase incapacitado para competir nun mercado laboral cada vez máis automatizado e con forte presenza das tecnoloxías de información e comunicación. Entre os que non ven capaces de competir, un 45% di que non sente capaz de cambiar e adaptarse e un 41%, que non ten recursos económicos para reciclarse.
Con todo, fronte a esta visión xeral, cando se pregunta aos españois se cren que un robot podería substituílos a eles no seu posto de traballo, un 57% di que iso non sería posible de ningunha maneira, o que supón dez puntos de aumento de confianza respecto dun ano antes (47%).
En canto ao impacto da innovación tecnolóxica na vida laboral e persoal, o 60% dos españois cre que a tecnoloxía favorecerá a conciliación e o 54% que reducirá a fenda laboral entre homes e mulleres.
Impacto sobre a desigualdade social
Preguntados polo efecto da innovación tecnolóxica sobre a desigualdade social, un 49% dos enquisados segue opinando que este impacto é negativo, fronte ao 38% que opina o contrario. Este resultados é menos pesimista que en 2017, cando a visión negativa gañaba polo dobre de diferenza (57% e 35%, respectivamente).
Respecto da posibilidade de que ante os cambios que se están producindo na sociedade e a economía o Estado pague unha renda básica universal, un 54% dos enquisados móstrase a favor desta medida. Entre os partidarios dela, un 60% estaría ademais disposto a pagar máis impostos para financiala. Este último dato baixa ata o 39% cando se inclúe na resposta a quen rexeita a renda básica universal.
Outros datos de interese que recolle a enquisa son que un 84% dos españois é partidario do dereito dos traballadores á desconexión dixital, un 28% practica o teletraballo, un 76% rexeita que algunhas empresas se lucren cos seus datos persoais, un 46% consumiu no último ano bens e servizos baseados nas novas plataformas de negocio dixital e un 25% gañou algún diñeiro con elas.
Infome completo: II Enquisa de percepción social da innovación en España
Descarga dos datos: arquivo .xlsx