main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

23/11/201816:17
Inauguración da Maker Faire 2018.
Santiago de Compostela

Robótica, deseño, impresión 3D e realidade virtual protagonizan a xornada inaugural da Maker Faire Galicia

A cuarta edición da Maker Faire Galicia comezou hoxe na Cidade da Cultura cunha xornada dedicada ao sector profesional, onde destacaron proxectos que apostan polo novo modelo da Industria 4.0. No Museo Centro Gaiás exhibíronse aplicacións da robótica á arte, impresoras 3D xigantes capaces de fabricar mobles ou plataformas de realidade virtual con múltiples usos en psicoloxía, formación ou recursos humanos.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado da directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, participaron na inauguración da xornada, nun acto no que tamén estiveron a concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo do Concello de Santiago, Marta Lois, o director de APD Zona Noroeste, Santiago Sesto, o coordinador do Campus A Coruña de IESIDE, José Luis Cabarcos e Matilde Rodríguez, co-organizadora da Maker Faire Galicia.

O conselleiro apuntou que están chamadas a ser as impulsoras da cuarta revolución industrial as empresas innovadoras e as persoas con talento, que son as protagonistas de Maker Faire Galicia, un encontro que cumpre catro edicións consolidándose como unha das principais feiras de España e Europa nesta categoría e que durante os vindeiros días converterá a Cidade da Cultura nun escaparate mundial de creatividade e innovación, e un lugar aberto a todos os públicos onde compartir experiencias e coñecementos.

Pola súa banda, a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, destacou o apoio á Maker Faire Galicia como parte da aposta por converter o Gaiás nunha factoría de proxectos para dinamizar o tecido cultural e económico galego. Eventos como a Maker Faire estimulan actitudes creativas entre público de todas as idades, asegurou, e precisamente por iso encaixa coa estratexia da Cidade da Cultura e da Xunta de apoiar o emprendemento, a innovación tecnolóxica e a creatividade.

A primeira mostra do talento innovador que se dará cita na Maker Faire Galicia puido verse xa na xornada profesional, coas presentacións dos 10 proxectos de makers, na súa maioría galegos, que deron a coñecer as súas creacións ante un xurado profesional. PsicoVR, Glassear e RovLab foron os proxectos premiados neste día.

PsicoVR é un software para gafas de realidade virtual pensado para ser empregado por psicólogos no tratamento de fobias, ansiedade, estrés ou patoloxías asociadas. A empresa tamén desenvolve escenarios de realidade virtual con aplicación en campos como a prevención de riscos e recursos humanos. Tamén do ámbito da realidade virtual é o proxecto Glassear, creado por Bruno Noya, un mozo de tan só 17 anos que fabricou un dispositivo de baixo custo que permite experimentar experiencias holográficas en tempo real, sen mareos, emprengado un smart phone.

Por outra parte, RovLab é unha plataforma robótica submarina que grazas a tecnoloxías IoT (Internet das cousas) permite controlar e asignar tarefas remotamente a drons submarinos. Esta plataforma tería múltiples aplicacións, como a vixilancia e rastrexo de zonas marítimas ou a toma de mostras de contaminantes, concentracións de dióxido de carbono e outras substancias nas augas.

23/11/201813:52
Nova redacción da TVG.
Vigo

A CRTVG exporá en Vigo a súa estratexia de innovación en produtos e canles

A CRTVG participará mañá nas xornadas Galicia 4.0. Perspectivas da empresa ante a cuarta revolución tecnolóxica que organizan en Vigo o Colexio de Enxeñeiros Industrias de Galicia e a Asociación para o Fomento da Innovación, Coñecemento e Emprendeduría e nas que participan as principais empresas e entidades do eido da innovación.

O director de Innovación e Negocio da Corporación, Xosé Pereira, intervirá cun relatorio ás 11:30 horas no que explicará a visión da CRTVG ante o novo panorama audiovisual, e os retos de futuro da televisión e do sector audiovisual, entre eles a necesidade de pensar en dixital ante calquera proxecto e de adaptarse aos novos modelos de consumo da audiencia.

Pereira explicará a estratexia que a CRTVG vai seguir nos anos vindeiros e a reorganización dos modelos de produción que se están a acometer este ano. Á dixitalización dos sistemas de produción que rematará coa emisión en HD, súmase o deseño de novos proxectos para converter os medios públicos galegos nun centro de produción de contidos multisoporte e interactivos, nunha contorna que pronto será plenamente dixital.

23/11/201812:20
Cartel da iniciativa.
Madrid

No Día Mundial dos Nenos, #DonaEducación

É posible facilitar a millóns de nenos unha educación de calidade e un futuro mellor? Con este obxectivo naceu #DonaEducación, a campaña de MicroDonativos lanzada por ProFuturo, un programa de Fundación Telefónica e Fundación Bancaria la Caixa. Cremos que, con moi pouco, podemos mellorar a calidade da educación para nenos como Nancy, Kim, Aya e Jonathan, catro dos rostros visibles deste programa.

  • ProFuturo envorca os seus esforzos en proporcionar unha educación dixital de calidade para facilitar a igualdade de oportunidades aos nenos e nenas das zonas máis vulnerables do mundo
  • O acceso a unha ensenñanza de calidade segue sendo un obxectivo pendente para case 400 millóns de nenos e nenas en todo o mundo, segundo a UNESCO.

 

Cremos que a educación é unha das mellores ferramentas para romper o círculo da pobreza e dar oportunidades de vida, e para lograr esa realidade naceu hai máis de dous anos ProFuturo, unha iniciativa da Fundación Telefónica e a Fundación Bancaria la Caixa, que traballa para estender unha educación de calidade a través das novas tecnoloxías a nenos de contornas vulnerables de América Latina, África subsahariana e Asia.

Desde a súa creación, ProFuturo traballa para reducir a fenda dixital e educativa, e crear oportunidades. O seu obxectivo é transformar a contorna da escola dando ferramentas de formación e de xestión de clase ao docente que lle permitan personalizar a aprendizaxe dos nenos.

 

Con moi pouco, podemos facer moito

A través da mensaxe principal da Campaña de MicroDonacións queremos destacar os grandes logros que podemos conseguir a través de pequenas doazóns. Axudar a nenos como Nancy Charles Mtui, en Tanzania, que quere ser médico, ou a Joao, en Angola, que soñan con converterse en mestre, pode parecer unha utopía, pero é algo alcanzable.

Nancy, Kim, Aya e Jonathan, protagonistas da nosa campaña, son estudantes reais de escolas de Tanzania, Filipinas, Líbano e Nicaragua. Eles e millóns de nenos máis en África subsahariana, Asia e Latinoamérica están a recibir unha educación dixital de calidade grazas a iniciativas como a de ProFuturo.

Que entendemos por educación dixital de calidade? Para nós, trátase dunha  proposta educativa baseada na formación de docentes como peza clave para que estes desenvolvan as súas competencias e sexan capaces de proporcionar a mellor educación aos nenos en cada aula. Formamos aos docentes no uso de ferramentas dixitais e fomentamos o traballo colaborativo; promovemos experiencias de aprendizaxe dixitais personalizadas para cada alumno e levamos unha avaliación continua e ferramentas de monitoraxe e learning analytics para a medición do impacto.

Os contidos inclúen as principais materias curriculares da educación primaria para nenos entre 5 e 12 anos. O sistema inclúe 1.800 horas de formación en 138 unidades didácticas, para español, inglés, portugués e francés; ademais, ProFuturo está a traballar en desenvolver contido específico para adecuarse a posibles necesidades especiais ou dificultades na aprendizaxe.

 

A nosa aposta: #DonaEducación

Canto custa dar esa educación de calidade? Cando dicimos que con moi pouco podemos facer moito, sabemos de que falamos. Con tan só 3 euros, podemos mellorar a educación de Nancy a través da tecnoloxía durante un mes; 9 euros é o que custa un trimestre para Kim, e un curso supón un custo de 27 euros.

O noso proxecto de microdonativos é tan ambicioso como os soños destes nenos: queremos seguir traballando por eles, queremos que sigan soñando grazas á educación.

23/11/201812:10
Mans sobre o teclado dun portátil.
Madrid

Propostas dixitais españolas que destacan en Europa

  • A publicación Financial Times elixe os '100 campións dixitais de Europa', entre as que hai oito compañías con base no noso país.

 

Europa está a vivir unha consolidación do proceso de transformación dixital, con iniciativas que denotan un maior grao de madurez no proceso. A nivel empresarial, as compañías viron favorecido un cambio no modelo de negocio, que mesmo as abocou a escalar as súas iniciativas dixitais. Pero a aplicación das novas tecnoloxías e sistemas informáticos pódese visualizar mediante un foco máis amplo que o da dixitalización das empresas. A través deste, o cambio canalízase por múltiples vías: con iniciativas formativas, comerciais ou sociais, mediante a evolución do modelo de negocio ou da infraestrutura corporativa ou a través da figura de determinados especialistas, que basean o seu perfil profesional na difusión do seu uso. 

Neste contexto, hai varias persoas, organizacións e iniciativas que destacan sobre outras, con proxectos que serven de referencia. O medio especializado Financial Times acaba de publicar unha listaxe dos que denomina "100 campións dixitais de Europa". A presenza española na táboa vén marcada por oito compañías, que serían as que lideran no terreo dixital, desde distintos focos.

En relación a como se enfocou o proceso de transformación dixital nas organizacións, destácase o traballo de Asti Technologies, BBVA, Seat e TelefónicaAsti é unha empresa de Burgos que, desde que a súa CEO Verónica Pascual asumiu o cargo en 2006, expandiu a nivel internacional o seu negocio de enxeñería robótica móbil para usos en loxística, ademais de ampliar os seus recursos en investigación e as colaboracións con entidades deste campo. De BBVA destaca o uso de tecnoloxías como IA, big data ou blockchain, que se traduciu na redución de custos operativos e o crecemento da base de clientes. Seat conta cun programa de innovación aberta nunha das súas plantas para abordar novos retos en fabricación, mentres que en Telefónica esperan que o uso de analítica e outras ferramentas dixitais lles axude a aforrarse 1.000 millóns de euros para 2020. 

Fonetic, unha compañía creada en 2006, é unha das destacadas como provedoras de novas tecnoloxías e modelos de negocio para outras organizacións. Esta startup, que por certo ten entre os seus clientes a BBVA e Telefónica, está especializada en tecnoloxías de análises de voz para combater a fraude no sector financeiro. Fundación Cibervoluntarios céntrase no terreo da formación en novas tecnoloxías. Esta entidade sen ánimo de lucro tenta difundir o uso social de ferramentas TIC, especialmente entre sectores en risco de exclusión en termos dixitais, coa finalidade de paliar brechas, mellorar a capacitación de cada cidadán e xerar innovación social. A organización componse dunha rede de máis de 1.500 voluntarios. 

Tamén en relación aos usos da tecnoloxía para temas sociais, aínda que abordándoo menos desde a formación e máis desde a aplicación directa, está Fab Lab Barcelona. Este centro defínese como un "laboratorio de fabrciación dixital", no que se manteñen distintos programas nos que desenvolver iniciativas a través das cales canalizar o uso de novas tecnoloxías en melloras para a sociedade. Voluntechies é unha organización relativamente recente, de 2015, que centra o seu traballo en persoas en situación de vulnerabilidade mediante a aplicación de realidade virtual e ferramentas similares. A súa proposta céntrase na realización de talleres de realidade virtual con menores hospitalizados, anciáns ou persoas con discapacidade. Unha iniciativa coa que tentan contribuír ao seu benestar ao permitirlles saír das súas situacións, se non fisicamente, polo menos de forma virtual.

23/11/201812:00
Emprendemento.
Madrid

Abre a convocatoria "Asesores Dixitais" dotada de 5 millóns para impulsar a transformación dixital en pemes

  • A convocatoria de axudas a pemes para impulsar a súa transformación dixital do programa "Asesores Dixitais" acaba de abrir o seu período de recepción de solicitudes.
  • Red.es xestiona este programa, dotado con cinco millóns de euros.

 

Segundo informou o director xeral de Red.es, David Cierco Jiménez de Parga, "estimamos que preto de 1.000 pemes españolas poderán beneficiarse deste programa de axudas. As empresas recibirán axuda profesional para facilitar a súa dixitalización e, para iso, poderán optar entre un nutrido grupo de asesores profesionais homologados pola nosa entidade".

 

Como participar na convocatoria "Asesores Dixitais"

As pemes que o desexen poden solicitar a súa participación no programa no prazo dun mes a partir da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado. Red.es notificará nun prazo de seis meses a resolución ás pemes beneficiarias e, a partir dese momento, as actuacións subvencionadas deberán executarse nun período máximo de oito meses.

Ademais de realizar a correspondente solicitude electrónica, cada empresario deberá acreditar, entre outras cuestións, número de traballadores no cadro de persoal, volume de negocio, compromiso co programa e predisposición para levalo a cabo.

 

Financiamento

Red.es financiará ata o 80% do custo dos servizos de asesoramento especializado en materia de transformación dixital, cun máximo de 5.000 euros por beneficiario. A peme pola súa banda deberá cofinanciar como mínimo o 20% restante.

Esta liña de acción finánciase con cargo ao Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE), Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) do período de programación 2014-2020 e baixo o lema "Unha maneira de facer Europa" que ten entre os seus obxectivos mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías das TIC e o acceso ás mesmas.

As axudas previstas no marco de "Asesores Dixitais" executaranse en paralelo á iniciativa "Oficinas de Transformación Dixital" pola que foron seleccionadas 27 entidades repartidas por todas as comunidades autónomas, co obxectivo de fortalecer o ecosistema de soporte á peme en materia TIC, ofrecendo servizos de dinamización e apoio no seu proceso de transformación dixital.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS