main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

19/07/202318:47
Muller usando lentes de realidade virtual.
Valga

A veciñanza de Valga mergullouse nas tecnoloxías máis innovadoras na Aula CeMIT

equipamento de última tecnoloxía incorporado recentemente pola Aula CeMIT de Valga protagonizou o obradoiro desenvolvido na mesma o pasado 13 de xullo, ao que asistiron unha decena de veciñas e veciños do concello pontevedrés.

O taller, o primeiro destas características de cantos están previsto desenvolverse nas Aulas CeMIT, puxo o foco en tecnoloxías disruptivas como a Impresión 3D, a programación electrónica, a robótica, os drons ou os equipos de Realidade Virtual. Todas estas tecnoloxías e outras máis están plenamente representadas na aula de Valga grazas á recente incorporación de material aplicada na Rede CeMIT pola axencia AMTEGA. O obradoiro de Valga, coma os restantes previstos, foi posíbel grazas ao convenio asinado entre a dita axencia e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática (CPEIG). Foi unha sesión demostrativa e experimental na que os alumnos exploraron algunhas das aplicacións e usos que poden ter ditas tecnoloxías.

Durante catro horas aprenderon a empregar os diferentes dispositivos cos que conta a Aaula CeMIT. Comezaron coa Impresión 3D, deseñando cada un no seu computador un bloque de LEGO e comprobando despois in situ como a impresora ía dando forma á figura. Comprobaron, ademais, os usos que esta tecnoloxía pode ter na vida diaria (por exemplo, traballadores municipais xa crean as súas propias pezas que lles facilitan as súas tarefas, coma por exemplo chaves de contadores).

A sesión matinal continuou con demostracións de programación electrónica, a realización dun xogo con drons e un achegamento á Realidade Virtual co uso de gafas coas que os alumnos puideron visualizar en tres dimensións un entorno xerado por ordenador.

Ademais da mestra, Cristina Fernández, a sesión contou coa participación da técnica municipal responsábel da aula, Vanessa Losada, e unha formadora do equipo CeMIT, Sara García, que explicou que este tipo de actividades tratan de achegar á poboación as últimas tecnoloxías e equipamentos cos que foron dotadas as aulas da Rede CeMIT, entre elas a de Valga.

18/07/202318:31
Muller de costas usando un smartphone.
Santiago de Compostela

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a segunda convocatoria dos bonos dixitais para facilitar a contratación de banda larga a persoas vulnerables

  • Permitirán contratar ou mellorar a conexión a banda larga fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps durante un ano
  • O prazo para a presentación de solicitudes comeza mañá e remata o 15 de novembro
  • Esta segunda convocatoria, enmarcada no Programa estatal ÚNICO-Bono Social, conta cun orzamento de 1,34 millóns de euros dos que poderán beneficiarse cerca de 5.600 familias
  • Esta actuación atópase entre as catro medidas predefinidas polo Goberno de España no marco do compoñente 15 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea para a mellora da conectividade

Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para a solicitude dos bonos dixitais para colectivos vulnerables do programa estatal ÚNICO. O prazo ábrese mañá e permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de novembro.

O obxectivo desta iniciativa é facilitar a persoas ou familias vulnerables contratar ou mellorar a conexión á banda larga fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps, cunha minoración mensual de ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida, durante un período de ata 12 meses cun máximo de 240 euros.

Esta é a segunda convocatoria dos bonos dixitais e conta cun orzamento de 1,34 millóns de euros, que forman parte dos fondos que o Goberno de España transfire a Galicia no marco do compoñente 15 Galicia do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea. A previsión é acadar nesta segunda convocatoria arredor de 5.600 beneficiarios.

En base ao especificado pola Unión Europea na súa decisión para a aprobación destas axudas, o uso do bono para a mellora de velocidade só será válido naqueles casos nos que a velocidade contratada actualmente sexa inferior a 30Mbps.

As axudas están dirixidas a fogares que non conten con conexión fixa de 30 ou máis Mbps a Internet e cuxa renda anual (per capita) sexa inferior ao 125% do IPREM en caso de non ter menores ou 175% en caso de telos. Son, fundamentalmente, beneficiarios de Risga, do Ingreso Mínimo Vital así como outras familias con poucos recursos ou risco de exclusión social.

O bono social forma parte das iniciativas predefinidas polo Goberno de España no marco do programa estatal Único, que compromete ao Estado a acadar o obxectivo europeo de que o 100% da poboación teña acceso a servizos de banda larga de polo menos 100 Mbps, en 2025.

As iniciativas predefinidas para todas as comunidades autónomas apenas suman algo máis do 9% do orzamento do que dispón o Estado para acadar este obxectivo (Galicia soamente xestiona un 0,5% dese orzamento e faino con esas iniciativas xa establecidas).

11/07/202308:17
Material disruptivo das aulas CeMIT.
Santiago de Compostela

A Xunta e o Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia inician un ciclo de obradoiros para formar á cidadanía no uso de material tecnolóxico innovador

  • As xornadas terán lugar entre xullo e outubro en 18 concellos da Rede de aulas CeMIT
  • Os participantes aprenderán a manexar impresoras 3D, drons, lentes de realidade virtual e kits de programación e comunicación
  • A inscrición pode realizarse a través da web da Rede ou poñéndose en contacto directamente coa aula

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) inician esta semana un ciclo de 18 obradoiros para formar á cidadanía no uso de equipamento innovador co que se ten dotado á Rede CeMIT. Os participantes nestas xornadas aprenderán a manexar dispositivos como impresoras 3D, drons, lentes de realidade virtual ou kits de programación e comunicación como Arduino e Raspberry Pi. 

Estas sesións, presenciais e cunha duración de 4 horas, estenderanse ata o mes de outubro en 18 aulas da Rede CeMIT. As actividades teñen un carácter demostrativo-experimental, nas que se exporán varias aplicacións e usos dos sistemas e equipamento tecnolóxico con temáticas como a impresión FDM, Dorn DJI Tello, Arduino, Raspberry Pi, entre outros. As persoas interesadas en asistir non precisan contar con coñecemento previo aínda que si con competencias básicas no uso das TIC.

Cada sesión irá acompañada de pílulas informativas de cada elemento, sintetizando os seus aspectos técnicos e principais posibilidades, así como diversos recursos para a súa aprendizaxe de xeito que os usuarios e usuarias poidan inspirarse e interactuar cos diversos sistemas cunha finalidade ocio-educativa.

Esta actuación enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre o CPEIG e a Axencia autonómica este ano no marco do “Plan de Reforma e Ampliación da Rede de aulas CeMIT (2022-2025)” para mellorar os servizos de capacitación e formación dixital dos centros CeMIT e adaptarse ás novas demandas da cidadanía.

Calendario dos obradoiros

 

Aula CeMIT

Data

Horario

Inscrición

Valga

13 xullo

10:00 a 14:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42699

Oroso

19 xullo

10:00 a 14:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42728

A Estrada

8 agosto

10:00 a 14:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42718

O Barco

27 xullo

10:00 a 14:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42719

Vigo

31 xullo

09:30 a 13:30

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42729

Ponteareas

31 xullo

17:00 a 21:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42730

Betanzos

9 agosto

09:30 a 13:30

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42725

Guitiriz

2 setembro

10:00 a 14:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42685

Cuntis

4 setembro

16:00 a 20:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42694

Quiroga

7 setembro

10:00 a 14:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42736

Castrelo de Miño

12 setembro

10:00 a 14:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42724

Moaña

13 setembro

16:00 a 20:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42813

Vimianzo

18 setembro

16:00 a 20:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42723

Boiro

19 setembro

16:00 a 20:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42684

Pontevedra

29 setembro

10:00 a 14:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42731

Ribeira

2 outubro

10:00 a 14:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42732

Celanova

3 outubro

10:00 a 14:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42722

San Sadurniño

4 outubro

10:00 a 14:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42714

 

08/07/202312:10
Mans de persoa maior tecleando nun ordenador portátil.
Santiago de Compostela

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica e Cruz Vermella achegan a tecnoloxía ás persoas maiores con talleres itinerantes

  • Poñen en marcha o “Enredando Tour”, que percorrerá 20 localidades galegas, entre xullo e setembro, con talleres lúdicos de capacitación para reducir a fenda dixital
  • Unha furgoneta con equipamento tecnolóxico ofrecerá asesoramento e diferentes contidos formativos dixitais así como dispositivos para “enredar” ás persoas maiores no universo tecnolóxico

O vindeiro 13 de xullo arranca unha nova edición de “Enredando Tour”, una iniciativa da Cruz Vermella en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para reducir a fenda dixital entre os maiores. Ata o mes de setembro “Enredando Tour” percorrerá un total de 20 localidades galegas cun programa formativo itinerante.

Esta edición está especialmente dirixida a persoas maiores de 55 anos (aínda que aberta a calquera persoa que queira participar), ás que se apoiará para que aprendan conceptos básicos do uso das tecnoloxías, así como para derrubar os temores e inseguridades que poidan ter respecto diso.

Talleres de capacitación dixital e menús formativos

O “Enredando Tour” percorrerá Galicia cunha furgoneta superequipada que ofrecerá contidos formativos vinculados ás novas tecnoloxías. Nela transportaranse os smartphones, portátiles, tabletas, altofalantes intelixentes… e todo tipo de accesorios para facilitar ese achegamento á realidade da tecnoloxía máis doméstica e presente en multitude de áreas da nosa vida cotiá.

En cada unha das localidades onde recale o tour, instalarase a furgoneta en horario de 10 a 14 horas e organizaranse varios talleres relacionados cos menús existentes. Cada persoa participante poderá formarse nun ou varios contidos de cada menú. O primordial é que a persoa decida que quere aprender e en que medida quere que Cruz Vermella o acompañe na súa capacitación dixital. Neste espazo, situado en prazas ou espazos públicos, as persoas que participen poderán manexar os dispositivos tecnolóxicos e poderán acceder a catro menús formativos que Cruz Vermella e a Axencia autonómica deseñaron:

  1. “Vivo nun mundo analóxico, rapaza”: menú básico para comezar a “enredar” na internet.
  2. “E ti… de quen vés sendo?”: para saber que é e como funciona a mensaxería instantánea.
  3. “Dixitalízate, ho”: para aprender como se pode acceder ao Sergas, facer a compra por Internet e, en xeral, como xestionar o máis cotián.
  4. “Menú: divírtete e aprende”: para coñecer utilidades e aplicacións prácticas na internet.

No espazo das formacións daráselles o apoio dixital que necesiten e se quedan con dúbidas ou queren realizar algunha consulta, teñen a opción de recibir asesoramento a través da páxina enredando.gal.

Percorrido por 20 localidades galegas

A ruta comeza na provincia de A Coruña, na localidade de Toques, o próximo día 13 de xullo e continuará en Cabanas o 20, en Mesía o 27 e en Arteixo o 3 de agosto. O percorrido de actividades chegará tamén ás provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense, ata acadar un total de 20 localidades ata setembro.

As persoas interesadas en participar nas actividades de “Enredando tour” poden chamar ao teléfono gratuíto 900 825 030 ou escribir un correo electrónico a galicia@cruzroja.es.

Plan DigiTalent

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ten entre os seus obxectivos o de facilitar á cidadanía a adquisición de competencias dixitais e reducir a fenda de acceso aos servizos dixitais por parte dos colectivos máis vulnerables. Estes obxectivos están recollidos no Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital, no que se enmarca a actividade da Rede de Aulas CeMIT e esta actuación en colaboración con Cruz Vermella. 

Sobre Cruz Vermella

Cruz Vermella leva 159 anos colaborando con entidades públicas e privadas para que a humanidade e a dignidade chegue a todas as persoas en calquera lugar e en todo momento e circunstancias.

En España, Cruz Vermella conta con máis de 263.000 persoas voluntarias dando resposta en máis de 6.500 municipios, que permiten atender anualmente a máis de 12,2 millóns de persoas, no ámbito nacional, e ter máis de 13,4 millóns de persoas como beneficiarias no ámbito internacional e máis de 8 millóns de persoas, en actividades de sensibilización e contorna. Todo iso co apoio de preto de 1,4 millóns de socios, empresas e aliados en todos os sectores da sociedade.

 

27/06/202308:52
Girl STEAM
Santiago de Compostela

A Xunta pon en marcha obradoiros de verán co obxectivo de incentivar vocacións tecno-científicas entre as nenas

  • As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e setembro nas aulas da Rede CeMIT de 14 concellos galegos e unha sesión adicional no centro GaiásTech
  • Están dirixidos a escolares de entre 8 e 15 anos, repartidos en grupos dun máximo de 15 persoas
  • Os obradoiros teñen por obxectivo estimular o talento no ámbito das TIC e espertar vocacións tecno-científicas, sobre todo entre as nenas
  • Girl STEAM conta coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia promove durante o verán un novo ciclo de obradoiros Girl STEAM en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), co obxectivo de dar visibilidade ao rol da muller no eido tecnolóxico e fomentar a presenza das mulleres nas carreiras STEAM.

As actividades desenvolveranse entre os meses de xullo, agosto e setembro a través da realización de obradoiros de carácter práctico e presencial nas aulas CeMIT de 16 concellos de toda Galicia. Este novo ciclo de obradoiros dará comezo o vindeiro 4 de xullo na aula CeMIT de San Sadurniño. Posteriormente, haberá obradoiros en Leiro, Betanzos, Ribeira, Ortigueira, A Estrada, Oroso, Celanova, Cuntis, Guitiriz, Valga, Barreiros, Ribadeo e Vigo. Adicionalmente, tamén, se celebrará un obradoiro no Centro GaiásTech na Cidade da Cultura.

Cada concello contará con dúas quendas por idade, unha para escolares de 8-11 anos e outra para idades comprendidas entre os 12-15 anos, cun aforo máximo de 15 persoas por quenda.

Contidos dos obradoiros

Desenvolveranse obradoiros de experimentación tecnolóxica nos que o alumnado de menor idade elaborará unha peza audiovisual en formato ‘stop motion’ a partir dun circuíto de luces led elaborado por elas mesmas. Por outra banda, as persoas participantes de 12 a 15 anos experimentarán coa creación de tecidos intelixentes, mediante a programación de sensores cun arduino para construír un proxecto sobre unha prenda téxtil que reaccione a cambios de distancia, luz, inclinación etc.

Empoderar ás rapazas nos eidos STEAM

Trátase de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas ás rapazas, para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas) e apostar por profesións do ámbito TIC.

No desenvolvemento dos obradoiros búscase trasladar mensaxes e elementos transversais como a igualdade, o sentido crítico ante a tecnoloxía e o uso creativo da mesma, a colaboración, o traballo en equipo e a importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento.

Esta actividade enmárcase no Convenio de colaboración de carácter anual entre a Amtega e o CPETIG co obxectivo de estimular o talento no ámbito das TIC e espertar vocacións tecnocientíficas.

Calendario de realización dos obradoiros

4 de xullo: San Sadurniño - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos

5 de xullo: San Sadurniño - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos

10 de xullo: Leiro - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos

11 de xullo: Leiro - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos

12 de xullo: Betanzos - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos

13 de xullo: Betanzos - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos

14 de xullo: Ribeira - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos

19 de xullo: Ribeira - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos

17 de xullo: Ortigueira - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos

18 de xullo: Ortigueira - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos

20 de xullo: A Estrada - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos

21 de xullo: A Estrada - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos

26 de xullo: Oroso - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos

27 de xullo: Oroso - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos

3 de agosto: Celanova - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos

4 de agosto: Celanova - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos

7 de agosto: Cuntis - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos

8 de agosto: Cuntis - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos

11 de agosto: Guitiriz - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos

18 de agosto: Guitiriz - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos

17 de agosto: Valga - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos

25 de agosto: Valga - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos

21 de agosto: Barreiros - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos

22 de agosto: Barreiros - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos

23 de agosto: Ribadeo - Obradoiros Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos

24 de agosto: Ribadeo - Obradoiros Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos

28 de agosto: Vigo - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos

29 de agosto: Vigo - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos

7 de setembro: GaiásTech - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos

8 de setembro: GaiásTech - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos

 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS