main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

09/12/201918:00
Papá Noel usando unha tablet.
Santiago de Compostela

A Rede CeMIT conectará a preto de 1.600 nenos e nenas de toda Galicia con Papá Noel a través de videoconferencia

  • Alumnado de entre 3 e 7 anos de 32 concellos das catro provincias participarán nesta actividade entre os días 10 e 20 de decembro
  • Por duodécimo ano consecutivo a rede CeMIT dará soporte técnico á conexión con Laponia

Un total de 1.544 alumnos de educación infantil de 32 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel, entre os día 10 e 20 de decembro, grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT.

Así, os escolares de Educación Infantil de Marín, Celanova, Bande, Campo Lameiro e Xunqueira de Ambía serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará mañá, martes 10 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada localidade.

Por toda Galicia

Nos seguintes días, ata o 20 de decembro inclusive, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, Arzúa, Bande, Barreiros, Bearíz, Betanzos, Boiro, A Cañiza, Carballedo, Castrelo do Miño, Castro Caldelas, Catoira, Celanova, Cerceda, Fisterra, A Fonsagrada, Leiro, Marín, Muros, Narón, Negreira, Ortigueira, Pontedeume, Quiroga, Ribeira, Riotorto, Santa Comba, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo e Xunqueira de Ambía, ata completar así as 32 localidades que recibirán a visita virtual do noso Papá Noel e un total 1544 nenos e nenas en 50 sesións

Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado maior de idade do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos, o alumnado con necesidades educativas especiais de Vilagarcía de Arousa e as persoas da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da comarca de Barcala en Negreira.

O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu duodécimo aniversario e que conta cun gran interese e aceptación entre a comunidade educativa, será facilitar a comunicación entre Papá Noel e os nenos e nenas destas localidades, que poderán falar e interactuar con el poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos e nenas do mundo.

Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen.
 

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en:

http://cemit.xunta.es/centros.

*Xúntase cadro cos horarios de conexión de cada aula

 

 

MARTES
10 DECEMBRO

 

10:00

MARÍN

CEIP Carballal

10:30

CELANOVA

Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón

11:30

BANDE

CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas

12:30

CAMPO LAMEIRO

CEIP PEDRO ANTONIO CERVIÑO

13:00

XUNQUEIRA DE AMBIA

 Colexio Padre Crespo

 

 

 

MÉRCORES
11 DECEMBRO

 

10:00

ORTIGUEIRA

CEIP José Mª Lage

11:00

BOIRO

CEIP Santa Baia

11:30

BOIRO

CEIP Santa Baia

12:30

BARREIROS

CEIP San Cosme de Barreiros

13:00

ORTIGUEIRA

CEIP José Mª Lage

 

 

 

 

 
 
 

 

XOVES
12 DECEMBRO

 

10:00

CAÑIZA, A

CEIP VALEIXE

10:30

VALGA

CRA de Valga

11:00

VALGA

CRA de Valga

11:30

CAÑIZA, A - MELÓN

COLEXIO QUINS DE MELÓN

12:00

PONTEDEUME

CPR Luis Vives

 
 
 

 

 

 

 

 

VENRES
13 DECEMBRO

 

10:00

NARÓN

Concello Narón

10:30

BETANZOS

Centro PaiMenni

11:00

BARREIROS

CEIP San Miguel de Reinante

11:30

NARÓN

----------

12:00

ARZÚA

CPR Nuestra señora del rosario

13:00

CASTRELO DO MIÑO

CEIP Astariz

 

 

 

LUNS
16 DECEMBRO

 

10:00

MUROS

EEI DE MUROS

10:30

RIBEIRA

CEIP de Frións

11:00

CAÑIZA, A

CPI DA CAÑIZA

11:30

RIBEIRA

COLEXIO BAYÓN

12:00

LEIRO

Emilia Pardo Bazán

12:30

BEARÍZ

C.E.I.P Beariz

 
 
 

 

 

 

 

MARTES
17 DECEMBRO

 

10:00

CELANOVA

Colexio Curros Enriquez

10:30

XUNQUEIRA DE AMBIA

Colexio Padre Crespo

11:00

VILAGARCÍA

VAGALUME

11:30

ARZÚA

CEIP Arzúa

12:00

VILAGARCÍA

COLEXIO DE EDUCACIÓN ESPECIAL

12:30

VICEDO, O

Colexio público de O Vicedo

 

13:00

VICEDO, O

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MÉRCORES
18 DECEMBRO

 

10:30

FONSAGRADA, A

CEIP Plurilingüe Santa María e Escola Infantil a Galiña Azul

11:00

FISTERRA

CPI Areouta e CPI Mar de Fóra

11:30

CARBALLEDO

CEIP XOSÉ LUÍS TABOADA - A BARRELA

12:00

RIOTORTO

Ceip de Riotorto

12:30

FISTERRA

Nosa Señora do Carme

13:00

NEGREIRA

EI ARO

 

 

 

 
 
 

 

XOVES
19 DECEMBRO

 

10:00

VIMIANZO

CEIP SAN VICENZO

10:30

CERCEDA

CPI O Cruce

11:00

ABEGONDO

CEIP San Marcos

11:30

CERCEDA

CPI O Cruce

12:00

SANTA COMBA

CEIP Barrié de la Maza

12:30

VIMIANZO

CEIP DE BAÍÑAS

13:00

CATOIRA

C.P.I. Progreso Catoira

 
 
 

 

 
 
 

 

VENRES
20 DECEMBRO

 

11:00

QUIROGA

CEIP DE QUIROGA

11:30

CASTRO CALDELAS

CPI Virxe dos Remedios

12:00

NEGREIRA

Centro persoas con discapacidade de Barcala

09/12/201907:53
Equipo creador da aplicación App&Down.
Vigo

Estudantes da UVigo presentan unha app para botar unha man ás persoas con síndrome de Down

Un equipo de alumnas e alumnos da Escola de Enxeñería Industrial e a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo presentou esta semana, no marco do 13 Congreso de Traballos Colaborativos, a aplicación intelixente App&Down, coa que se busca aumentar a autonomía da persoas con síndrome de Down: dende axudarlles a xestionar o diñeiro ata guialas no uso do transporte público, entre outras cuestións. Inclúe unha interface instalable en calquera dispositivo móbil e que salienta pola súa sinxeleza e polo seu nivel de accesibilidade. Inclúe dous menús: un para xestionar a economía do usuario e outro para a planificación diaria.

Na vertente económica atópase unha ilustración cunha bolsa de diñeiro que serve de medidor do estado económico actual da usuario ou usuario, e na que se poden introducir de xeito simple as cantidades que se reciben e que se gastan. A vertente da xestión diaria é un calendario que axuda a recordar citas que se teñan planificadas para ese día, o medio de transporte que se debe coller (número de autobús, a que hora pasa e en que parada debe baixar) e até unha alarma espertador. A aplicación é configurable e flexible dependendo das necesidades dos usuarios, e tamén inclúe a posibilidade de ser controlada polos titores, que poderán acceder á súa planificación para achegar alarmas ou recordatorios. 

No marco do Congreso de Traballos Colaborativos, no que se presentaron un total de 13 traballos, tamén se achegaron detalles dunha mesa adaptada para persoas con mobilidade reducida creada por un grupo de 10 alumnas e alumnos dos mesmos graos que os creadores de App&Down. Coordinado polos profesores José Luis González Cespón e José Antonio Alonso, o Congreso de Traballos Colaborativos é unha cita na que se presentan traballos realizados de xeito interdisciplinar entre estudantes de distintos centros e graos. Nesta ocasión o evento levouse a cabo no salón de actos da sede cidade da Escola de Enxeñería Industrial e tivo un marcado carácter social. Nun plano máis concreto, déronse a coñecer contribucións como un proxecto de actividades de espazos en hospitais para nenos con cancro; unha app de axuda, detección e prevención do bullying ou outra para a determinación da capacidade de condución cando se toman medicamentos na que o condutor ou condutora poderá escanear o código QR de cada menciña para recibir, de seguido, unha mensaxe que lle indica se debe ou non conducir.

05/12/201908:08
Presentación das actividades de Nadal.
Ribeira

Ribeira presenta a súa programación TIC para Nadal: unha videconferencia con Papá Noel e dous cursos para a rapazada

A programación informática de Nadal do Concello de Ribeira regresa por estas datas e, como novidade, este ano a aula CeMIT brindará a posibilidade a 80 nenos e nenas ribeirenses pertencentes a dous centros educativos do municipio de falar por videoconferencia con Papá Noel, que os atenderá desde Laponia unha semana antes da súa visita na Noiteboa. A actividade, que está promovida desde a Xunta de Galicia, terá lugar na mañá do 16 de decembro, agardando desde a Concellería de Innovación Tecnolóxica estendela a outros nenos e nenas e a outros colexios en futuras edicións.

Así o explicou a concelleira Ana Barreiro nun acto no que deu a coñecer tamén a organización dos dous cursos gratuítos que se celebrarán nas vacacións e que están orientados á rapazada do municipio no marco do Nadal Informático. Concretamente, do 23 de decembro ao 3 de xaneiro, en horario de 10.00 a 11.30 horas, desenvolverase o curso Iníciate na informática, dirixido a cativos con idades comprendidas entre os 7 e 10 anos, onde aprenderán a navegar por Internet, facer debuxos ou animar fotografías, entre outros contidos.

Tamén do 23 de decembro ao 3 de xaneiro, pero desde as 12.00 ata as 13.30 horas, terá lugar un segundo curso denominado Retoca as túas fotos, esta vez destinado a alumnado de 11 a 14 anos.

En ambos casos, as inscricións pódense formalizar a partir do 16 de decembro na Aula CeMIT ou a través da web.

Ao finalizar cada acción formativa entregarase un diploma aos participantes e un pequeno agasallo sorpresa.

05/12/201908:04
Fachada do CIM de Padrón.
Padrón

O CIM de Padrón achega un novo curso de empoderamento dixital para as mulleres

Centro de Información á Muller (CIM) de Padrón vén de abrir a inscrición para un obradoiro encamiñado a incrementar o empoderamento tecnolóxico feminino do ámbito local. Trátase do curso Ferramentas para a vida: alfabetización dixital e información dos recursos xurídicos sociais, unha iniciativa programada para o vindeiro martes 10 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas, na aula de informática do Centro Social. A actividade está incluída no Programa Integral de Mulleres Mudando o Rural.

A participación é de balde, se ben é preciso anotarse previamente no CIM de Padrón (praza Rodríguez Cobián, 4), chamando ao 611 003 472 ou enviando un correo a cim@padron.gal. O Programa Integral de Mulleres Mudando o Rural está organizado polo Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller, e conta co apoio de Sustinea e da Consellería de Política Social.

05/12/201907:54
Cartel da iniciativa.
Pontevedra

SmartPEME rematará 2019 con 30 novos obradoiros TIC

SmartPEME, a rede da Deputación de Pontevedra para a capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da provincia, vai rematar 2019 con novas e importantes accións encamiñadas a facer avanzar a dixitalización e a competitividade. Para a comarca de Vigo, achéganse en decembro 15 novas accións formativas a desenvolver nas oficinas de SmartPEME en Ponteareas (cinco), Vigo (cinco) e Porriño (cinco). A estas citas cómpre sumar as cinco previstas para a oficina de Pontevedra (sede Deputación) e outras tantas (cinco, tamén) en Cambados, ás que hai que engadir cinco obradoiros máis en Lalín. En total, 30 obradoiros dados a coñecer polo de agora. As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.

Todas estas citas teñen o nexo común de facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”. No que atinxe ás actividades da contorna viguesa, a oficina SmartPEME de Vigo acollerá este mes de decembro os seguintes obradoiros: Deseña con Canva, este xoves 5 de decembro, Facebook Ads, o martes día 10, Mide os Teus Obxectivos en Redes Sociais: Análise de Estatísticas, o xoves 12 de decembro e Copywriting Aplicado a Web e Redes Sociais, previsto para o martes 17 de decembro. Estes catro primeiros obradoiros realizaranse entre as 19 e as 21 horas, mentres que o obradoiro de Ferramentas de Márketing Dixital para Empresas Turísticas, o xoves 19, farase entre as 17 e as 19 horas. Estas sesións formativas serán impartidas na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (rúa Oporto, 3).

No que respecta a Ponteareas, as actividades comezan este martes 3 de decembro cun obradoiro de Iniciación ao SEO I: Conceptos, Palabras Clave e Primeiros Pasos, o martes 10 continuarán cun obradoiro de Iniciación ao SEO II: Optimiza a túa Páxina Web para Gañar Visibilidade, o xoves 12 de decembro será a quenda de aprender sobre Facebook Ads, xa o martes 17 impartirase un obradoiro sobre Ferramentas de Marketing Dixital para Empresas Turísticas e, por último, o xoves 19 realizarase un obradoiro titulado Vende Produtos en Liña con Campañas de Google Shopping. Todos estes obradoiros impartiranse de 19 a 21 horas, a excepción de Copywriting Aplicado a Web e Redes Sociais, o martes 17, entre as 17 e as 19 horas. A totalidade destes obradoiros será impartida no Centro de Desenvolvemento Local (Lomba do Cruceiro, 5, Ribadetea, Ponteareas).

No que atinxe ao Porriño, impartiranse os seguintes obradoiros este mes de decembro: Ferramentas de Google para a Promoción de Negocios Locais, este martes 3 de decembro, Desenvolve a túa Propia Estratexia de Email Marketing, o martes día 10, Design Thinking, o xoves 12, Coñece as Tendencias en Economía Dixital: Impresión 3D e Robótica, o martes 17 de decembro, e Deseña con Canva, o xoves día 19. Estes obradoiros desenvolveranse de 19 a 21 horas no Multicentro do Concello de Porriño (Ribeira, s/n, Torneiros).

No caso de Lalín, os cursos que se impartirán dende este mércores 4 ata o 19 de decembro serán os seguintes: Optimiza a túa Páxina de Facebook, que terá lugar o mércores 4 de decembro, entre as 19 e as 21 horas; Vende os teus Produtos en Facebook e Instagram, que será o martes 10 de decembro, de 19 a 21 horas; Vídeo co teu Smartphone: Crea, Grava e Edita coma un Profesional, que está programado para o xoves 12 de decembro, de 19 a 21 horas; Crea a túa Presentación Comercial en Menos de 90 Minutos, o martes 17 de decembro, de 19 a 21 horas; e, finalmente, Coñece as Tendencias en Economía Dixital: Impresión 3D e Robótica, que se desenvolverá o xoves 19 de decembro, entre as 19 e as 21 horas. Estes obradoiros impartiranse no Viveiro de Empresas de Lalín (Polígono Lalín 2000, parcela E), agás o de Optimiza a túa Páxina de Facebook, que terá lugar no Viveiro da Estrada.

No que respecta a Pontevedra, os cursos que se impartirán ata o 19 de decembro serán os seguintes: Crea as túas Fotografías para a Campaña de Nadal, que se desenvolve este martes 3 de decembro, de 19 a 21 horas; Crea a túa Presentación Comercial en Menos de 90 Minutos, que será o martes 10 de decembro, de 19 a 21 horas; Motores de Reservas para Empresas Turísticas, programado para o xoves 12 de decembro, entre as 17 e as 19 horas; Vende Produtos en Liña con Campañas de Google Shopping, que se realizará o martes 17, entre as 19 e as 21 horas; e, finalmente, Ferramentas de Google para a Promoción de Negocios Locais, que será o xoves 19, de 19 a 21 horas. A totalidade destes obradoiros será impartida no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra (avenida Montero Ríos, s/n).

Por último, a sede de SmartPEME en Cambados, acollerá até o 19 de decembro as seguintes accións formativas: Motores de Reservas para Empresas Turísticas, este martes 3 de decembro, de 17 a 19 horas; Fotografía de Produto: Todo o que Debes Saber, programado para o martes 10 de decembro, entre as 19 e as 21 horas; Ferramentas de Google para a Promoción de Negocios Locais, o xoves 12 de novembro, de 19 a 21 horas; Como Promover o teu Propio Evento en Redes Sociais, o martes 17 de decembro, entre as 19 e as 21 horas; e, finalmente, Crea a túa Presentación Comercial en Menos de 90 Minutos, o xoves 19 de decembro, de 19 a 21 horas. Estes obradoiros impartiranse no Centro ExpoSalnés (Paseo da Calzada, s/n, Cambados).

Datos sobre o Proxecto SmartPEME

SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos. O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas, Vigo, A Estrada e Barro, abrangue as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS