A aula CeMIT de Ribeira, emprazada na contorna Cubeliños, está a preparar un total de sete cursos de novas tecnoloxías e dous seminarios para os vindeiros meses de febreiro e marzo. Máis polo miúdo, as actividades formativas versarán sobre manexo básico do móbil, sobre a suite ofimática Libreoffice, sobre como dar os primeiros pasos na informática, sobre a ferramenta de mensaxes instantáneas Whatsapp, sobre certificado dixital, sobre retoques de imaxe coa ferramenta libre GIMP e sobre ofimática na nube (Google Drive). A maiores, desenvolveranse un seminario dedicado á seguridade en Internet e outro sobre control parental.
O prazo de inscrición abrirá este mércores 27 ás 9 horas, ata cubrir prazas. As persoas interesadas poden anotarse ben na sede da aula CeMIT en Cubeliños (teléfono 981 876 043) ou ben por vía telemática na web da aula.
O Concello de Ribeira explicou que as clases desenvolveranse respectando a normativa de seguridade anti-COVID, é dicir, distanciamento, 50% de capacidade (o que implica que só haberá 6 prazas), uso de máscara durante toda a sesión, ventilación continua da aula, hixiene de mans e desinfección dos postos de traballo.
En canto ás características concretas de cada actividade:
Contido: Uso básico do dispositivo. Teléfono e contactos, acceso a Internet, cámara, instalar e desinstalar apps, borrar arquivos.
Data: 01 de febreiro de 2021 - 04 de febreiro de 2021
Horario: 11:30 – 13:00
Contido: Manexo do editor de texto, da folla de cálculo e do creador de presentacións - LibreOffice
Data: 08 de febreiro de 2021 - 31 de marzo de 2021
Horario: 09:30 – 11:00
- Iniciación á informática.
Contido: Descubrir diferentes utilidades do ordenador. Coñecer os elementos básicos dun ordenador. Familiarizarse co uso do teclado e do rato. Familiarizarse co uso dun sistema operativo. Crear e xestionar cartafoles e ficheiros. Abrir, utilizar e pechar programas. Iniciarse na navegación pola Internet.
Data: 09 de febreiro de 2021 - 25 de marzo de 2021
Horario: 09:30 – 11:00
Contido: Instalar e crear a conta, comunicarte cos teus contactos, compartir arquivos, audios, imaxes e vídeos, crear grupos.
Data: 08 de febreiro de 2021 - 11 de febreiro de 2021
Horario: 11:30 – 13:00
Contido: Comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para obtelo, facer copia del e renovalo. Coñecer algúns trámites electrónicos que ofrecen as administracións públicas.
Data: 22 de febreiro de 2021 -25 de febreiro de 2021
Horario: 11:30 – 13:00
Contido: Co programa GIMP realizar pequenos retoques de imaxe, inserir texto nunha fotografía cun formato axeitado, modificar as propiedades da cor dunha fotografía, ...
Data: 08 de febreiro de 2021 - 10 de marzo de 2021
Horario: 16:30 – 18:00. Luns e mércores
- Ofimática na nube. Google Drive.
Contido: Manexo do Drive para almacenar e compartir arquivos na nube. Uso do paquete ofimático do Drive
Data: 09 de febreiro de 2021 - 11 de marzo de 2021
Horario: 16:30 – 18:00. Martes e xoves
- Seminario de Seguridade en Internet.
Contido: Coñecer os riscos que supón a navegación pola Internet. Tomar as precaucións axeitadas para a navegación. Medidas preventivas.
Data: 15 de marzo de 2021 - 17 de marzo de 2021
Horario: 16:30 – 18:00.
- Seminario de control parental.
Contido: Charla sobre o software de control parental no ordenador
Data: 22 de marzo de 2021 - 24 de marzo de 2021
Horario: 16:30 – 18:00.
- Módulo informática Obradoiro Cociña O Pote II.
Cuberto por alumnos do obradoiro
Data: 15 de xaneiro de 2021 -25 de marzo de 2021. Todos os venres
Horario: 08:00 – 15:30.