main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

09/02/2021 12:00 h
Persoa vendo unha tablet.
Lugar: Online

Usa Canva para crear imaxes para as túas redes sociais, carteis, currículos, etc

Cando queremos realizar un documento visual moitas veces cústanos moito tempo porque temos que investir tempo en buscar imaxes e pensar nun deseño adecuado. Para facilitarnos estas tarefas existen ferramentas como Canva, un editor online, cuxa versión gratuíta facilítanos centos de plantillas e recursos e para múltiples formatos de contido que podemos utilizar.
Con Canva poderemos crear tarxetas de visita, imaxes para redes sociais (facebook, twitter, instagram, etc.), carteis para eventos, currículos e moitos máis elementos visuais, dunha maneira fácil, cómoda e entretida.

Dálle un toque máis creativo aos teus contidos!

Contidos:

  • Coñecer Canva: que é e cales son as súas funcións principais.
  • Formatos e plantillas de Canva.
  • Traballar co editor online.
  • Exportar creacións desde Canva.
04/02/2021 12:00 h
Reunión de traballo.
Lugar: Online

Aprende a crear e traballar documentos en PDF II

Nesta segunda sesión sobre PFDs veremos funcións de edición máis avanzadas grazas a algunhas aplicacións online gratuítas. Deste xeito poderemos editar textos de documentos que nos envíen, modificar, reordenar ou eliminar páxinas, unir varios documentos nun, etc. Tamén veremos como xerar pdfs facilmente desde o noso dispositivo móbil.

Convértete en especialista en PDF!

Contidos:

  • Ferramentas online de edición de pdfs: ilovepdf, smallpdf, pdfescape.
  • Opcións de páxina: reordenar, eliminar, combinar arquivos.
  • Opcións de elementos: inserir e/ou editar texto, inserir imaxes, incluír anotacións.
  • Apps móbiles para crear pdfs.
02/02/2021 17:00 h
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Robótica educativa para todas as idades. Arkitas robótica

Nun mundo eminentemente tecnolóxico, aprender programación, robótica, deseño, impresión 3D entre outras habilidades tecnolóxicas que van xurdindo día a día, é de vital importancia para o futuro laboral da rapazada e as portas que abren.

Por outra banda, comprender mellor o mundo que nos rodea no plano tecnolóxico para poder interactuar con el a diario con seguridade e liberdade é, cada vez máis, imprescindible.

Axudar a adquirir todo ese coñecemento dun xeito divertido e cunha metodoloxía axeitada a cada perfil intelectual e a cada etapa educativa é a razón de ser de Arkitas Robótica.

02/02/2021 12:00 h
Mans tecleando.
Lugar: Online

Aprende a crear e traballar documentos en PDF I

Na primeira parte deste ciclo sobre o traballo con PDF temos como obxectivo que aprendas as cuestións básicas sobre esta interesante ferramenta; deste xeito, desde que é un pdf ata que ferramentas temos dispoñibles na versión gratuíta do programa, Adobe Acrobat Reader. Aprenderemos a crear un pdf desde Office e utilizarémolo para traballar vendo as diferentes opcións de edición que nos permite Reader.

Comeza a dominar os PDF!

Contidos:

  • Que é un PDF.
  • Conseguir e instalar Adobe Reader.
  • Crear un PDF desde Office.
  • Ferramentas de edición: notas, destacar textos, agregar textos, comentarios, etc.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS