main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

10/03/2021 10:30 h
Persoa maior usando un smartphone.
Lugar: Online

Espremendo o teu móbil: descobre as funcións máis prácticas do teu dispositivo

O móbil converteuse nun elemento case imprescindible nos nosos días debido a que nos permite manternos conectados permanentemente coas persoas da nosa contorna. É unha ferramenta clave na nosa comunicación, pero máis aló desa vertente, os avances tecnolóxicos converteron as novas xeracións de teléfonos en aparellos con multitude de funcións que resultan moi útiles para xestionar o noso día a día. Descobre connosco todo o que o teu teléfono pode chegar a facer por ti!

Contidos:

  • Funcións esenciais: lanterna, zoom, calculadora, captura de pantalla.
  • Para mellorar o rendemento: aforro de batería.
  • Xestionar permisos das apps.
  • Como atopar o dispositivo en caso de perda.
04/03/2021 10:30 h
Rato.
Lugar: Online

Uso saudable de dispositivos electrónicos

Usar a tecnoloxía de forma correcta non só afecta ao manexo dos dispositivos informáticos, se non tamén a ser conscientes de como pode afectar á nosa saúde.

Cada vez son máis os casos relacionados coa saúde que se produciron ao non ser conscientes e non seguir as recomendacións de uso das que falaremos neste seminario relacionadas coa saúde postural á hora de usar computadores, dispositivos móbiles así como previr posibles problemas que poden afectar á nosa vista.

Coida a túa saúde con estas recomendacións!

Contidos:

  • Recomendacións no uso da Tecnoloxía
  • Saúde postural. Prevención no uso de computadores
  • Consellos de uso de dispositivos móbiles para unha correcta saúde postural
  • Saúde visual. Medidas para previr posibles problemas visuais polo uso da Tecnoloxía
03/03/2021 10:30 h
Ditado de voz.
Lugar: Online

Ferramentas de ditado: mensaxes de voz en WhatsAppp, ditar emails, etc.

Os dispositivos móbiles en ocasións non resultan cómodos á hora de redactar mensaxes escritas, xa sexan de servizos de mensaxería como WhatsApp ou de correos electrónicos. A configuración dos teclados autocorrectores ou a propia distribución das letras poden supoñer inconvenientes e facernos investir máis tempo do que nos gustaría para redactar as nosas mensaxes.

Nesta sesión, veremos como aproveitar todas as opcións que nos ofrece a tecnoloxía para simplificar as nosas mensaxes e poder enviar facilmente mensaxes de voz ou redactar os nosos emails mediante o ditado de voz.

Contidos:

  • Como enviar mensaxes de voz en WhatsApp
  • Activación do asistente de voz de Google
  • Como facer procuras orais en Google
  • Ditado de emails en Gmail a través do teléfono móbil
02/03/2021 12:00 h
Realidade aumentada.
Lugar: Online

Realidade aumentada e realidade virtual: que son, como funcionan, para que serven,

Tanto a realidade virtual como a realidade aumentada son tecnoloxías que están xa implantadas no noso día a día e cuxa presenza vai seguir estendéndose, polo que debemos familiarizarnos con elas para saber aproveitalas.
A realidade aumentada é unha nova tecnoloxía que nos permite ver o mundo de forma diferente a través da cámara do noso móbil, mentres que a realidade virtual permítenos penetrar en experiencias inmersivas en contornas dixitais. Nesta sesión, veremos as diferenzas e semellanzas entre unha e outra e aprenderemos as cuestións clave de cada unha.

Descobre as outras realidades que xa conviven connosco!

Contidos:

  • Diferenzas entre realidade aumentada, realidade virtual e realidade mixta.
  • Como usar Google Lens para buscar información a través da cámara do teu móbil.
  • Apps de realidade aumentada que te sorprenderán.
  • Aplicacións de realidade virtual: tipos e obxectivos das mesmas.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS