main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

28/01/2021 17:00 h
Persoa maior usando un smartphone.
Lugar: Online

Funcións que debes coñecer do teu dispositivo móbil

Os teléfonos intelixentes e tabletas dispoñen de varias utilidades que é importante coñecer tanto para compartir información de diferentes formas como para poder sacar o máximo partido no seu uso.

Coñece o teu móbil a fondo!

Contidos:

  • A activación do aforro de batería e consellos para alongar a súa vida útil.
  • Utilidades prácticas: calculadora, lanterna, modo lectura nocturna, etc.
  • Acceso ao dispositivo con diferentes usuarios e medidas de seguridade.
  • Configuración de permisos das aplicacións e da localización do dispositivo.
26/01/2021 17:00 h
Smartphone sacando unha foto dunha paisaxe.
Lugar: Online

Fotografía dixital co teu móbil

Hoxe en día, grazas aos móbiles, todos levamos unha cámara permanentemente connosco que podemos aproveitar para inmortalizar e compartir todas as nosas vivencias. Neste curso aprenderás conceptos básicos de fotografía dixital e como aproveitar todas as funcións da túa cámara para tomar fotografías como un auténtico profesional.

Contidos:

  • Conceptos básicos de fotografía dixital.
  • Principais funcións das cámaras dixitais.
  • Edición básica de fotos.
  • Crea e comparte as túas propias composicións dixitais.

Iníciate na fotografía dixital co teu teléfono móbil!

19/01/2021 12:00 h
Logo Windows 10.
Lugar: Online

Primeiros pasos con Windows 10

Windows leva presente na nosa vida desde que se empezaron a popularizar os computadores. É un dos sistemas operativos máis estendidos e a súa evolución desde o seu primeiro lanzamento en 1985 pasou por moitas versións, que en xeral trataron de manter a esencia de ser intuitivas para o usuario.
Na súa última versión, Windows 10, o sistema incorporou unha serie de novidades que poden facer moito máis práctica a experiencia de usuario e que merece a pena coñecer en profundidade:

Saca todo o proveito do teu computador!

Contidos:

  • Orixes de Windows.
  • Coñecer a interface de Windows 10 (Menú de inicio, Explorador de Windows, Centro de actividades...).
  • Consellos de configuración de Windows (Tipos de contas, control parental...).
  • Aplicacións propias de Windows 10 (Microsoft Edge, Tenda de aplicacións, Cortana, Contactos, Calendario, Correo...).
15/12/2020 17:00 h
Smartphone gravando un vídeo.
Lugar: Online

Grava e edita os teus propios vídeos II

Unha vez superados os primeiros momentos de creación de vídeos, dedicaremos esta segunda sesión a continuar utilizando as aplicacións máis fáciles e prácticas para editar os nosos contidos; veremos como podemos incorporar diversos recursos (transicións, filtros, música, etc.) para darlles un acabado máis profesional.

Contidos:

  • Apps fundamentais de edición de vídeos
  • Vídeos a partir de modelos
  • Crea vídeos animados
  • Comparte as túas creacións

Ven ao seminario de vídeo que estabas a esperar!

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS