main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

29/11/201709:53
Fotografías da exposición ‘Miradas Cercanas’.
Santiago de Compostela

Unha galería virtual mostra na internet como ven en España un millón de afectados por Baixa ‘Visión'

  • Unha iniciativa do Real Padroado sobre Discapacidade e a asociación Acción Visión España que forma parte do proxecto ‘Miradas Cercanas'

Con 106 asistentes aos cursos de fotografía e máis de 5.000 visitantes ás exposicións físicas onde se mostraron os seus traballos, ‘Miradas Cercanas', o proxecto creado pola asociación Acción Visión España e o Real Padroado sobre Discapacidade, utiliza agora Internet para mostrar á sociedade como ven o mundo as persoas con algunha disfunción visual, ademais de sensibilizar e achegarse á problemática da denominada ‘Baixa Visión'.

A ‘Baixa Visión' é aquel grao de discapacidade visual, independentemente da patoloxía que o provoque, que limita realizar con normalidade as tarefas da vida cotiá. Un problema que en España afecta a máis dun millón de persoas e que non pode corrixirse con lentes ou lentes de contacto, nin ten tratamento médico ou cirúrxico.

O obxectivo de Acción Visión España é axuntar os esforzos de diversos colectivos afectados por distintas patoloxías visuais correspondentes á ‘Baixa Visión' para facer unha fronte común que lles permita visibilizar, tanto na sociedade como na Administración, as necesidades que este colectivo demanda e aínda están por cubrir. ‘Miradas Próximas' forma parte deste proxecto.

Unha acción que consiste nunha serie de obradoiros de iniciación á fotografía onde os alumnos aprenden –de mans dun equipo de profesionais dese campo- as técnicas fotográficas básicas para, posteriormente, proceder á súa edición e transformar as imaxes para presentalas tal e como se verían con algunha das patoloxías de Baixa ‘Visión' (glaucoma, cataratas, aniridia, retinopatía diabética, miopía magna, etc.).

As cidades de Santiago de Compostela, Oviedo, Vitoria, Pamplona, Barcelona, Madrid, Zaragoza e Valladolid foron as sedes físicas dos cursos, a cuxa finalización se procedeu a expoñer ao público os mellores traballos, xunto con paneis explicativos das distintas patoloxías, co obxectivo de mostrar a realidade contemplada desde o prisma da discapacidade visual. Foi precisamente a exposición en Madrid, inaugurada o 16 de novembro, onde se acudiu o Real Padroado sobre Discapacidade, a través de Elena Jariod, xefa de Servizo da área de Programas e Actividades, para mostrar o seu apoio a unha “actividade coa que se tenta concienciar á sociedade de que existen outras ‘miradas' distintas ás nosas e ás que temos que ter en conta”.

Agora tócalle a quenda a Internet, desde onde se pode acceder a unha galería virtual cunha recompilación dos mellores traballos a través de ligazóns coas exposicións levadas a cabo nas diferentes cidades españolas. En todas elas, un visor permítenos visualizar a imaxe tal e como a vería alguén sen problemas de visión e, inmediatamente despois, como sería percibida por persoas con diferentes patoloxías da denominada ‘Baixa Visión'.

A gran maioría das persoas con Baixa ‘Visión' (glaucoma, cataratas, aniridia, retinopatía diabética, miopía magna, etc.) forma parte do colectivo da terceira idade. Dado que se espera que a poboación maior de 65 anos se duplique de aquí a 2050, é dicir, que a mediados de século case o 40% dos españois terá, polo menos, a idade de xubilación, é previsible que a cifra de afectados por algunha disfunción visual aumente exponencialmente nos próximos anos. Por esta razón, ademais do labor de divulgación, o proxecto ‘Miradas Próximas' tenta favorecer que a poboación con Baixa ‘Visión' teña acceso a unha atención socio-sanitaria (estimulación temperá, axudas técnicas, rehabilitación visual, etcétera) de calidade; atender ao cumprimento da lexislación de riscos laborais relativos aos traballadores con discapacidade visual, e impulsar a creación e desenvolvemento de protocolos de actuación en prol deste colectivo.

29/11/201709:42
Cartel do premio.
Santiago de Compostela

Premio Muller e Tecnoloxía

A Fundación Orange convoca anualmente o Premio Muller e Tecnoloxía, un galardón que distingue e premia anualmente a mulleres que destacan polo seu labor nos ámbitos da tecnoloxía e a innovación social, e cuxos resultados constitúen un referente no desenvolvemento e a transformación da sociedade, mellorando a calidade de vida das persoas.

Ata o 21 de xaneiro de 2018 atópase aberta a convocatoria da Terceira edición deste premio, no que poden participar mulleres españolas maiores de 18 anos.

Consulta as bases da convocatoria

O galardón está dotado con 4.000 euros brutos e diploma acreditativo, e será destinado ao proxecto para o que traballe a candidata galardoada.

A entega do premio terá lugar  en marzo de 2018 no marco dos ‘VIII Encontros Mulleres que transforman o mundo' de Segovia, que organiza o Concello da devandita cidade.

 

Edicións anteriores

En 2017 foi premiada Núria Salán, polo seu exemplo como muller envorcada ao servizo da sociedade, o seu traballo como docente, investigadora en materiais e en innovación docente e en metodoloxías de aprendizaxe, así como na captación de talento feminino e no empoderamiento de novas xeracións de mulleres tecnólogas en todos os ámbitos (enxeñería, arquitectura, informática, telecomunicacións, etc.).

En 2016 a galardoada foi Begoña García-Zapirain pola súa aposta polas novas tecnoloxías para contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas ao contribuír a mellorar os tratamentos e monitoraxe, tanto en enfermidades como en problemas asociados á discapacidade.

29/11/201709:38
Os embaixadores CENTAC 2017 xunto ao director da entidade e o director xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade.
Madrid

CENTAC nomea aos embaixadores das tecnoloxías accesibles de 2017

O Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC) nomeou aos seus embaixadores de 2017, cos que destaca a persoas que contribuíron de forma altruísta ao impulso da accesibilidade e a usabilidade tecnolóxica.

Nesta ocasión, a entidade destacou a contribución de Marlon Molina, Darío Reques, Silvia Leal, Federico Traspaderne e Ronald Bunzl, nos que subliña a súa axuda activa para conseguir os obxectivos de CENTAC, como o apoio á mellora da sociedade grazas á tecnoloxía e os principios do deseño para todos e a accesibilidade universal.

Neste sentido, o director xeral do CENTAC, Juan Carlos Ramiro, afirma que “as persoas con discapacidade necesitan realidades que son posibles grazas á tecnoloxía, para iso a empresa ten que traballar na accesibilidade e usabilidade tecnolóxica, co que non só xerará beneficio social senon que tamén aumentará o seu beneficio económico”.

29/11/201709:15
Usuario en cadeira de rodas intelixente guiada por ondas cerebrais.
A Coruña

Handytronic desenvolve unha cadeira de rodas smart guiada por ondas cerebrais

O grupo galego Telecon, do que falamos recentemente para dar conta do seu acordo coa Universidade da Coruña arredor da marca Handytronic (centrada no desenvolvemento e distribución dun amplo e innovador catálogo de solucións de mobilidade para persoas dependentes ou con diversidades funcionais), vén de achegar unha importante novidade tecnolóxica ao abeiro desta marca de seu. Trátase dunha cadeira de rodas intelixente guiada por ondas cerebrais.

Segundo lembran dende Telecon, “empregar tecnoloxías que marquen un antes e un despois para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidades funcionais e promover o diagnóstico precoz da deterioración cognitiva é a razón de ser de Handytronic”. Agora, respecto da dita cadeira de rodas, o seguinte paso é obter unha solución comercial economicamente alcanzable para os usuarios potenciais.

O alicerce do proxecto é unha conxunción entre as máis avanzadas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), os últimos avances en Neurociencia e máis os recentes achados en materia de Intelixencia Artificial. O resultado dos traballos de Telecon-Handytronic é unha plataforma de encefalografía que é quen de captar os impulsos eléctricos do cerebro, interpretalos e transformalos en ordes. Estes impulsos, grazas a un software específico, actúan directamente sobre o sistema de guiado da cadeira de rodas.

Segundo informa Laura Montes, programadora xefa do proxecto, “a interface cerebro-computadora na que estamos a traballar permitiranos non só completar o desenvolvemento da cadeira de rodas, senón tamén, a medio prazo, acometer proxectos para a detección temperá da deterioración cognitiva”. Pola súa banda, Jacobo Penide, director xeral da firma, engade que “a vocación e o compromiso de Handytronic é facer a vida máis doada a aquelas persoas que teñen algún tipo de diversidade funcional”. Segundo fai saber, “a neurociencia e a intelixencia artificial proporciónannos as bases tecnolóxicas necesarias para desenvolver solucións non só efectivas, sen tamén sustentables desde un punto de vista económico”.

Respecto do prototipo no que traballa a día hoxe Handytronic, está integrado por unha cadeira de rodas motorizada, un casco con 14 electrodos, unha tableta cun software específico e máis un hardware de integración. Segundo explican Montes e Penide, a conexión entre o casco e o computador é unha conexión sen fíos, a través do protocolo Bluetooth. 

A medio prazo, e de face ao fornecemento dunha solución comercial, está prevista a substitución do casco por unha diadema ou parche, que, segundo engaden dende Handytronic, “resultará máis cómodo para o usuario”.

Os responsables da marca tamén fan saber, respecto da entrada en xogo da intelixencia artificial, que a inclusión desta na interface cerebro-computadora permite que “o software aprenda das rutinas mentais do usuario, adaptándose a el e reducindo así o tempo de adestramento necesario para o manexo da cadeira, posibilitando ao mesmo tempo que o sistema recoñeza diferentes usuarios, afacéndose a cada un deles”. 
Para quen queira ver o funcionamento do dispositivo, Handytronic ten un vídeo específico en Vimeo.

28/11/201710:09
Fotograma do vídeo.
Santiago de Compostela

A Fundación ONCE lanza #TúDecides, un vídeo que incide na importancia da actitude persoal á hora de buscar traballo

  • Trátase dun anuncio interactivo no que o espectador decide o final da historia 

 

A Fundación ONCE, co apoio do Fondo Social Europeo, lanzou #TúDecides, un vídeo interactivo que incide na importancia que ten a actitude persoal á hora de buscar traballo e que anima ás persoas novas con discapacidade que queren atopalo a acudir a Insere, a entidade para a formación e o emprego das persoas con discapacidade desta fundación. 

 

O anuncio mostra como una mesma moza con discapacidade se enfronta de dúas maneiras distintas á procura de emprego e deixa en mans do espectador o final da historia. 

 

Pon en valor tamén o traballo de Insere, a entidade dz Fundación ONCE para a formación e o emprego das persoas con discapacidade, e do seu portal de emprego Por Talento.

 

#TúDecides enmárcase na campaña de comunicación impulsada pola Fundación ONCE o pasado mes de xuño para conmemorar o 60 aniversario da firma dos Tratados de Roma, que deron lugar á Unión Europea e cos que se creou o Fondo Social Europeo. 

 

Desde esta perspectiva, a campaña pretende poñer en valor o éxito da alianza entre a Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo, que axudou a cambiar a vida das persoas con discapacidade. 

 

Así e segundo os datos oficiais, entre o ano 2000 e o ano 2016 a Fundación ONCE atendeu a máis de 253.380 persoas con discapacidade e máis de 88.300 melloraron o seu perfil de empregabilidade mediante cursos de formación. Neste mesmo período, creáronse 70.117 empregos e deuse apoio a 401 proxectos de emprendemento. 

 

#TúDecides pode verse na web ‘tudecides.fundaciononce.es' e distribuirase a través das redes sociais Twitter e Facebook.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS