main content

main content

Catálogo de Servizos Dixitais

Que che apetece facer hoxe? Formarte? Certificarte? Participar en proxectos innovadores ou en actividades divulgativas?

Coñece os nosos servizos e actividades e saca o máximo aproveitamento das TIC nos diversos ámbitos da túa vida!

Formación Presencial FaiteDixit@l

Calquera que sexa o teu nivel de coñecementos, poñemos á túa disposición un amplo catálogo de cursos gratuítos impartidos nas aulas da Rede CeMIT así como outras actividades formativas desenvolvidas polos Aliados Dixitais.

En que nivel te atopas? Que che gustaría aprender? A nosa formación divídese en tres niveis segundo as túas necesidades:
Acompañámoste na túa iniciación no mundo dixital adquirindo coñecementos básicos no manexo seguro do ordenador e na navegación por Internet.
Guiámoste para que continúes avanzado no teu nivel de madurez dixital e obteñas un nivel medioavanzado a través de itinerarios cunha gran diversidade de temáticas: empregabilidade, seguridade na rede, administración electrónica, redes sociais, ocio...
Axudámosche a fomentar a túa creatividade, a buscar novas formas de relacionarte e participar, e a xerar ideas innovadoras para a resolución de necesidades sociais a través das TIC.
Estes son algúns dos cursos aos que podes acceder...
6h

Internet: Ocio e operacións dixitais

Internet: Ocio e operacións dixitais

Crea o teu personaxe de videoxogo ou película_Tech Kids (de 14 a 18 anos)

  • 22 Set 2018
  • Pontedeume
  • Básico
6h

Administración electrónica: eAdministración

Administración electrónica: eAdministración

Administración electrónica

  • 24 - 28 Set 2018
  • Verín
  • Medio
4.5h

Redes sociais 2.0

Redes sociais 2.0

Coñece youtube a fondo

  • 24 - 26 Set 2018
  • Vilasantar
  • Medio
Consulta a listaxe completa de cursos dispoñibles ou achégate á túa aula CeMIT máis próxima e matricúlate!!

Teleformación FaiteDixit@l

Xa podes formarte onde queiras, cando queiras e ao teu ritmo accedendo á plataforma virtual de teleformación EMA onde atoparás cursos adaptados a distintos niveis e necesidades.

Coa plataforma de formación virtual EMA, tan só precisas de conexión a Internet para poder realizar de forma sinxela e directa os cursos que mellor se adapten ás túas necesidades e complementar a formación impartida nas Aulas CeMIT.
Se aínda non o fixeches... Rexístrate como usuario/a da Rede CeMIT e entra en EMA!

Certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX)

Acredita os teus coñecementos e competencias en ofimática a través do CoDIX, a certificación que mellorará a túa competitividade e acceso ao mercado laboral.

Se te desenvolves con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas, na xestión da información e a documentación, ou queres adquirir estes coñecementos para aumentar a túa empregabilidade e favorecer a túa inserción laboral...


Acredítate!!!
Se superas o exame da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CoDIX) obterás un documento que acredita posuír unha combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.
COMO E CANDO PODO OBTER A CERTIFICACIÓN DO CoDIX?Ofrecémosche dúas posibilidades:

Presentarte a un curso de teleformación con exame presencial. Disporás de dúas convocatorias anuais, unha en febreiro e outra en setembro.

Presentarte directamente a un exame libre. Anualmente disporás dunha convocatoria en marzo e outra en outubro.

E durante todo o ano sen interrupción, tamén poñemos á túa disposición un espazo reservado para Autoformarte a través da Plataforma Virtual de Formación EMA onde terás acceso aos contidos do curso cos que adquirirás os coñecementos necesarios para superar o exame.
Se queres saber máis sobre as convocatorias, contidos e procedementos de inscrición ao CoDIX preme aquí

Proxectos e iniciativas singulares

En colaboración cos Aliados Dixitais queremos transformar á sociedade atraendo, retendo e achegando á cidadanía as TIC coa posta en marcha de proxectos relacionados cos costumes e necesidades do noso territorio.

Queres adquirir competencias dixitais?
Integrarte social e tecnoloxicamente?
Resolver desafíos sociais coa innovación dixital?
Ao longo de todo o territorio e en coordinación cos Aliados Dixitais realizamos Proxectos e Iniciativas singulares consistentes en obradoiros, faladoiros, talleres, demostracións… onde se traballa con distintas tecnoloxías e aplicacións favorecendo e impulsando aspectos da cidadanía como:
A autonomía persoal e o envellecemento activo.
A seguridade e confianza na rede.
As habilidades e competencias dixitais para o emprego e a vida cotiá.
As novas profesións dixitais.
A participación cidadá a través da Rede ou a resolución de necesidades sociais.

Faladoiros

Achégate á tecnoloxía a través da participación en charlas e xornadas divulgativas e de sensibilización sobre as TIC organizadas polos Aliados Dixitais.

Ofrecémosche a posibilidade de asistir a charlas e actividades relacionadas co ámbito dixital organizadas polos Aliados Dixitais noCentro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC) e o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)
Estes son algúns dos faladoiros aos que podes acceder...
1h

Exame presencial EMA teleformación

Exame presencial EMA teleformación

Exame presencial EMA teleformación

  • 25 Set 2018
  • Barreiros

Dispositivos móbiles

Dispositivos móbiles

Aplicacións interesantes que non poden faltar no teu teléfono. Escolle e selecciona as apps do teu interese

  • 26 Set 2018
  • Ames

Dispositivos móbiles

Dispositivos móbiles

Aplicacións interesantes que non poden faltar no teu teléfono. Escolle e selecciona as apps do teu interese

  • 26 Set 2018
  • Arzúa
Consulta a listaxe completa de charlas dispoñibles ou achégate á túa aula CeMIT máis próxima e matricúlate!!
Tamén che pode interesar...

Apoios Dixitais

Os servizos do Plan amplíanse coa colaboración e participación das persoas voluntarias na realización de todo tipo de actividades que axuden ao resto da cidadanía no seu achegamento ao mundo dixital.

O compromiso e solidariedade das persoas voluntarias permítenos realizar accións de inclusión dixital ao longo de todo o territorio galego a través de apoios dixitais presenciais ou virtuais consistentes en: formacións, demostracións de aplicacións, asesoramentos, xornadas de sensibilización ...
Os apoios dixitais adaptaranse en cada caso segundo as necesidades detectadas grazas aos coñecementos das persoas e entidades colaboradoras.
E se queres apoiar noutros ámbitos... Consulta o Voluntariado Galego.org

Blog Xente Dixital

Os mellores trebellos para aficionados aos videoxogos que verás nos próximos meses

Mar 16 Xan

A semana pasada celebrouse na cidade de Las Vegas o CES 2017, a feira tecnolóxica máis grande do mundo onde todas as grandes marcas presentan os produtos que van lanzar nos últimos meses. Este ano houbo, como o ano pasado, moitas novidades pero o que máis destacou foi o destinado ao “gaming”. O...

LER MAIS

2 maneiras de poñerte en contacto con teu futuro

Mér 10 Xan

Cando falamos de poñernos en contacto co pasado a nosa cabeza vaise á ciencia ficción. Por agora, e segundo a ciencia vai estar difícil facelo, non podemos viaxar ao pasado, pero o certo é que si podemos comunicarnos co noso eu pasado… ou enviar algo ao noso eu futuro, segundo desde que...

LER MAIS

Polaroid volve: así foi a súa morte e a súa resurrección

Mér 27 Set

No mundo tecnolóxico actual todo o que nos atopamos é dixital e moi avanzado. Con todo, entre os amantes da tecnoloxía sempre hai xente que sente nostalxia polo do pasado, polo que se facía hai uns anos… é dicir, polo retro. O antigo ten un brillo especial que nos fai lembrar aquel tempo, e...

LER MAIS