main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

08/09/2017 11:00h
Cartel das xornadas.
Lugar: Rede CeMIT

Cursos gratuítos de Ágora Tecnoloxía (Segundo itinerario formativo)

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco das súas actividades como aliado do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da Amtega, ofrece o seu segundo ciclo formativo sobre o manexo de móbiles e tablets.

Os contidos están orientados a sacar o maior partido ao uso habitual da tecnoloxía mediante o descubrimento de novas aplicacións ou funcionalidades (video dixital, compra a través de internet, relacións coa administración, aplicacións para viaxes, para cuidar a saúde ou a compartición de contidos nas redes sociais).

Os seminarios realizaranse todos os venres comprendidos entre o 8 de setembro e o 20 de outubro (7 xornadas), en horario de 11:00 a 12:30 horas, presencialmente nunha aula CeMIT e seguíndose nas demais aulas CeMIT por videoconferencia.

As aulas nas que poderán seguir calquera destas sete actividades son: Arzúa, Bande, Beariz, Betanzos, Boborás, Celanova, Cuntis, Fisterra, Marín, Oroso, Padrón, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Valga e Vilanova de Arousa. 

27/09/2017
Logo do congreso.
Lugar: Palacio de Feiras e Congresos de Málaga

Congreso Internacional de Tecnoloxía e Turismo para Todos

As persoas e os seus dereitos, a innovación así como os produtos e servizos ofrecidos, son elementos importantes dentro da oferta global do século XXI e débense ter en conta para poder atender as necesidades reais das persoas.

Baixo o lema “Accesibilidade 4.0” DRT4ALL (Deseño, Redes de Investigación e Tecnoloxía para Todos) e Turismo para Todos vólvense a fusionar nun único congreso.

Nesta edición, do mesmo xeito que nas anteriores, quérese mostrar o que a tecnoloxía, os destinos turísticos intelixentes, os produtos ou servizos poden facer polas persoas.

Unha parte importante do congreso será o intercambio de comunicacións para que a comunidade internacional poida coñecer de primeira man os avances que están a ter lugar nas distintas áreas de coñecemento que se abordan.

O Congreso contará con sesións conxuntas, nas que se exporán solucións e aplicacións das Tecnoloxías ao Turismo para todas as persoas, e sesións propias de cada temática.

28/09/2017
Logo RSEncuentro.
Lugar: Valencia

IV RSEncuentro

O RSEncuentro situouse en catro anos como un foro dinamizador das inquietudes de diferentes colectivos profesionais para desenvolver novos modelos de empresa, máis vinculados ao territorio e máis comprometidos coas persoas.

Para logralo, o RSEncuentro contará este ano con máis de 35 persoas expertas en ámbitos tan diversos como o emprego, a innovación social, o turismo, a sustentabilidade, a diversidade, o benestar emocional ou a comunicación.
 

30/09/2017
Cartel do premio.
Lugar: Online

Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre 2017

O Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre ten como meta o fomento e o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, incrementando o coñecemento que estes teñan sobre este tipo de tecnoloxías e en consecuencia abríndolles as portas a novas posibilidades de emprego de calidade relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación.

Pode optar a este premio calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado Universitario, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do actual curso académico 2016/2017 que cumpra cos criterios definidos nas bases do premio.

Novas

09/08/2017
Máis do 80% dos maiores en España xa ten un smartphone
LER MAIS
09/08/2017
Xa se pode votar polas mellores imaxes do concurso de fotos co móbil de Gondomar
LER MAIS
08/08/2017
Unha aplicación fai visibles os comercios a persoas cegas
LER MAIS

Blog Xente Dixital

Mancomun renóvase, así é o novo portal do software libre

Ven 16 Xuñ

Esta semana o mundo do software libre estivo de estrea: a Axencia pola Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) renovou o portal Mancomun.gal para ofrecer unha nova imaxe e novos e mellores contidos no mundo do software libre e as novas tecnoloxías. Esta renovación inclúe unha nova imaxe, a...

LER MAIS

Xa podes inscribirte na nova convocatoria de certificación galega de competencias dixitais en ofimática

Xov 15 Xuñ

A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocou hoxe 180 prazas para conseguir o certificado galego de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Este certificado, que é de acceso libre, acredita á persoa na formación no paquete ofimático LibreOffice e sirve para presentar...

LER MAIS

Xa está aberta a inscrición á II Edición do programa Connecting for Good Galicia

Mar 13 Xuñ

Emprender non é unha tarefa sinxela, pero cando se consegue levar unha idea cara ao éxito non hai sensación máis gratificante. Se hai unhas semanas coñeciamos aos gañadores da primeira edición do programa Vodafone Connecting for Good Galicia, hoxe podemos anunciar que xa está aberta a inscrición...

LER MAIS