main content

main content

Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital

O Plan para o impulso da Inclusión, Capacitación e Talento Dixital en Galicia, Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital, fusiona os anteriores Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 e Plan DigiTalent 2020 nun único instrumento estratéxico que toma o seu relevo para enfocarse no horizonte 2030 coa misión de acadar unha sociedade máis autónoma dixitalmente que non deixe a ninguén atrás.

Que valores compartimos?

Sumamos recursos, sumamos ideas, sumamos iniciativas para multiplicar o alcance do Plan e que todas e todos participemos dun mundo cada vez máis dixital.

O importante es TI! Formas parte dunha sociedade cada vez máis conectada, aberta e participativa e queremos que lle saques o máximo partido.
Co Plan DigiTalent 2030 conseguirás adquirir coñecementos dixitais básicos e tamén evolucionar no nivel de madurez dixital...
O Plan DigiTalent 2030 é un Plan inclusivo e quere contar coa "intelixencia colectiva", onde todos e todas poderedes axudar na súa posta en marcha e execución, para iso podes unirte e colaborar connosco como aliado dixital.

Cales son os nosos obxectivos?

O Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital abrangue desde actuacións con cidadanía sen coñecementos no uso das tecnoloxías, ata a especialización impulsando o talento nas profesións dixitais. As medidas do Plan permitirán mellorar as competencias dixitais, con independencia da idade, lugar de residencia ou situación económica.

Coa visión posta nunha Galicia máis adaptada para coexistir coa continua evolución tecnolóxica, o Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital asume o compromiso de promover un novo paradigma de sociedade máis inclusiva, asegurando unha cidadanía capacitada e empoderada dixitalmente e uns profesionais e expertos especializados nas novas tendencias tecnolóxicas preparados para dar resposta aos retos aos que se enfrontará Galicia nesta década, aumentando deste xeito,

a competitividade sostible,

a equidade social e

a resiliencia dixital.

A quen nos diriximos?

Un plan para ti... un plan para toda a sociedade galega, facendo foco nos grupos en situación e risco de exclusión dixital.

De onde partimos?

O Plan DigiTalent 2030 parte dun camiño percorrido no eido da inclusión e do talento dixitais grazas aos avances conseguidos dos anteriores Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 e Plan DigiTalent 2020.

Os instrumentos principais nos que se baseaba o anterior Plan son os proxectos da Rede CeMIT e o Voluntariado Dixital, que seguirán a ter vixencia na consecución dos obxectivos do novo Plan DigiTalent 2030.

CeMIT
A Rede CeMIT está integrada por 96 aulas totalmente equipadas en 90 Entidades Locais, onde se imparten actividades formativas no ámbito da alfabetización dixital para toda a cidadanía galega dende 2011.
+ 108.725 Persoas formadas
+ 499.299 Horas de formación
Voldix
O Programa de Voluntariado Dixital dende 2012 apoia coa solidaridade o proceso de alfabetización dixital a través da realización de apoios dixitais presenciais e virtuais por parte das persoas voluntarias ou proxectos concretos en colaboración coas entidades.
+ 695 Persoas Voluntarias
+ 203 Axentes Colaboradores
(Datos: marzo 2023)
Ti tamén contas! Ademais das iniciativas impulsadas pola Xunta de Galicia, poranse en común todas as actuacións que se queiran adherir ao Plan DigiTalent 2030 para conseguir máis e mellores resultados.

Estrutura do plan

O Plan canalizará a súa intervención a través de tres eixos estratéxicos orientados a todos os niveis de habilidades e competencias dixitais da poboación.

Eixo 1

EIXO 1. Pechar a fenda dixital.

Equiparar as oportunidades da cidadanía para que poidan desfrutar duns servizos dixitais cada vez máis avanzados.
Eixo 2

EIXO 2. Competencias dixitais para os profesionais.

Abordar a adaptación proactiva para ofrecer unha resposta áxil ante cambios derivados do progreso das tecnoloxías dixitais.
Eixo 3

EIXO 3. Impulso das vocacións e talento dixital.

Preparar ao capital humano para a transformación dixital, promovendo competencias dixitais avanzadas e prestando especial atención á fenda de xénero.
Consulta todo o contido do Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital.
 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS