main content

main content

Aliados dixitais

Faite Aliado Dixital! E forma parte das entidades e profesionais do ecosistema social e dixital que xa colaboran no desenvolvemento da inclusión dixital de Galicia. Úneste?

Queres compartir o teu coñecemento e experiencia? Se es unha entidade, empresa, persoa emprendedora, profesional ou administración, con coñecementos, capacidades, recursos e iniciativas no eido das TIC e tes ganas de colaborar no desenvolvemento da Sociedade Dixital, mellorando a inclusión dixital e proporcionando á cidadanía aptitudes dixitais.... Únete como Aliado Dixital!
ADHÍRETE AO PLAN
 

Mecenas dixitais

Se es unha empresa interesada en participar no desenvolvemento da Sociedade Dixital de Galicia no marco da túa Responsabilidade Social Empresarial, aportando:

1

Recursos financeiros, mediante o patrocinio ou financiamento de proxectos e iniciativas singulares

2

Recursos humanos, coa participación da túa empresa en actividades formativas, faladoiros, proxectos e iniciativas singulares no eido da inclusión dixital

3

Ou recursos dixitais, a través da cesión de contidos dixitais e/ou espazos físicos para a realización de actuacións de inclusión dixital, ou a doazón de bens tecnolóxicos

Quen pode ser Mecenas Dixital?
  • Empresas e outras entidades do sector TIC cuxa actividade estea vencellada ás TIC e aos servizos da sociedade dixital.
  • Outras empresas ou entidades alleas ao sector TIC, interesadas en desenvolver actuacións relacionadas co pulo da sociedade dixital en Galicia como demandantes deste servizo ou como impulsoras de actuacións.

Xa son Mecenas Dixitais...

Entidades Colaboradoras

Se es unha entidade pública ou privada que representa intereses profesionais, académicos, empresariais e/ou sociais, que emprega as TIC como instrumento para a consecución do seus obxectivos, e que che interesa:

1

Realizar actividades de formación, difusión e sensibilización e proxectos e iniciativas singulares para o fomento da sociedade dixital en Galicia

2

Ceder contidos dixitais propios e/ou espazos físicos

3

Dinamizar espazos públicos da Rede CeMIT ou organizar iniciativas co Programa de Voluntariado Dixital...

Quen pode ser Entidade Colaboradora?
  • Asociacións, organizacións, fundacións, organismos e entidades
  • Entidades colaboradoras de acción voluntaria
  • Centros tecnolóxicos, investigación e colexios profesionais
  • Administracións Públicas, organismos, entidades, empresas de natureza pública e universidades

Xa son Entidades Colaboradoras...

Referentes dixitais

Se es un profesional, emprendedor ou entidade, especialista en novas tendencias tecnolóxicas e/ou novas disciplinas profesionais do ámbito das TIC, e queres servir de referencia á cidadanía participando activamente no:

1

Desenvolvemento de actividades de divulgación, sensibilización e formación

2

Proxectos e iniciativas singulares como difundir novos produtos e servizos a través de seminarios de expertos e xornadas, ou difundir vacacións e novas profesións no ámbito dixital...

Quen pode ser Referente Dixital?
  • Persoas ou entidades que contan cunha reputación, experiencia e unha gran fonte de coñecemento e inspiración no ámbito dixital a nivel local, estatal ou internacional...

Xa son Referentes Dixitais...

Neste momento non temos aliados dispoñibles

Mentores dixitais

Se es un profesional ou emprendedor de calquera ámbito, non só o dixital, que pode aportar valor ás iniciativas desenvolvidas no ámbito da Inclusión Dixital a través de:

1

Apoio e acompañamento (virtual ou presencial) a ideas e no desenvolvemento de iniciativas e proxectos de innovación social dixital

2

Participación nunha comunidade aberta e colaborativa, que ofrecerá axuda ás persoas con ideas creativas e innovadoras coa tecnoloxía...

Quen pode ser Mentor Dixital?
  • Persoas que conseguen que a súa comunidade creza e se transforme, e que posibilitan, coa súa visión e coñecemento, que futuros emprendedores dixitais teñan máis oportunidades de converter unha idea nun proxecto realizable
  • Persoas activas e comprometidas, con experiencia profesional e con capacidade e actitude de axudar a outros no emprendemento dixital

Xa son Mentores Dixitais...

Neste momento non temos aliados dispoñibles

Voluntarios/as dixitais

Se es unha persoa comprometida, entusiasta e solidaria, con habilidades no manexo das TIC e estás disposta a axudar a outras persoas na súa inclusión no mundo dixital, especialmente entre os colectivos onde a fenda dixital é máis pronunciada ofrecendo apoios dixitais de forma altruísta...

Quen pode ser Voluntario/a Dixital?
  • Persoas maiores de 18 anos con coñecemento técnico medio en informática, destrezas sociais e ganas de compartir o seu tempo e coñecementos

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS