main content

main content

Publicacións Faite Dixit@l

Consulta os recursos e publicacións que seleccionamos para ti no ámbito da inclusión dixital e mantente actualizado dos aspectos que máis che interesen.

30/04/202014:57
Guía para entretenerte en casa con niñ@s.

Guía para entretenerte en casa con niñ@s

Esta guía recoge recursos que la tecnología pone al alcance de las familias para poder dar continuidad a la educación de sus hij@s, además de ofrecer un ocio digital enriquecedor y didáctico durante este período de cuarentena impuesta por el COVID-19.

30/04/202014:56
Guía para entreterte na casa con nen@s.

Guía para entreterte na casa con nen@s

Esta guía recolle recursos que a tecnoloxía pon ao alcance das familias para poder dar continuidade á educación dos seus fill@s, ademais de ofrecer un ocio dixital enriquecedor e didáctico durante este período de corentena imposto polo COVID-19.

20/04/202008:16
Guía para maiores "Aproveita o tempo na casa coa tecnoloxía".

Guía para maiores "Aproveita o tempo na casa coa tecnoloxía"

Conscientes da importancia para a saúde de permanecer activ@s, así como a de facer máis levadío este período de corentena ante a pandemia do COVID-19, esta guía achega ás persoas maiores unha serie de recomendacións e suxestión de entretemento.

O seu obxectivo é fomentar o uso da tecnoloxía como principal recurso para achegarnos socialmente, aumentar a nosa seguridade, informarnos de forma veraz e dotar de calidade o noso tempo de lecer.

13/04/202010:25
Guía para manterme activ@ física e mentalmente coa tecnoloxía

Guía para manterme activ@ física e mentalmente coa tecnoloxía

Coa situación de illamento que estamos a vivir trala chegada do Covid-19, debemos coidar máis que nunca a nosa saúde física e mental exposta a condicións de sedentarismo e monotonía anólamas.

Nesta Guía, trasládanse unha serie de recomendacións para manterse activ@ e conectad@ sen riscos e a través de recursos tecnolóxicos.

02/04/202008:01
Portada da guía.

Guía para asegurar un bo teletraballo

Nesta situación de alerta sanitaria imposta pola chegada do COVID-19, esta guía pretende ofrecer unha serie de recomendacións e consellos útiles para abordar eficazmente a xornada laboral na modalidade de teletraballo.

O obxectivo desta guía é favorecer e axudar na creación de entornas seguras e eficientes nos nosos fogares, ofrecendo novas e creativas formas de xestión, xunto coas ferramentas tecnolóxicas necesarias para facilitar esta transición a moitos/as galegos/as que están a experimentar por primeira vez esta forma de traballar.

27/03/202009:40
Portada da guía.

Guía para o uso responsable e seguro da tecnoloxía no fogar

A situación actual provocada polo COVID-19, fixo que ademais do uso habitual da tecnoloxía no fogar, moitos galegos e galegas aborden o teletraballo por primeira vez, polo que se achega esta guía cunha serie de recomendacións para garantir un uso seguro e responsable da tecnoloxía no fogar.

04/05/201709:49
Fundación Vodafone cos Maiores

Cursos de Fundación Vodafone cos Maiores

A iniciativa enmárcase no compromiso da Fundación Vodafone España por dar a coñecer as TIC e as súas utilidades entre as persoas maiores dado que son un aspecto clave para promover a participación, a vida independente e o envellecemento activo.

22/01/201614:04

Recompilación de Relatorios "1 mes 1 profesión dixital"

Recompilación dos relatorios desenvolvidos no marco do proxecto "1 mes 1 profesión dixital", froito do acordo de colaboración asinado entre o CPEIG e a Amtega.

A iniciativa, constituida por un ciclo de seis xornadas sobre novos perfís dixitáis, nace co obxectivo xeral de crear conciencia da necesidade que ten a cidadanía de mellorar o seu dominio da tecnoloxía da información e a comunicación cara o emprego.

08/07/201510:21

Xunta PRO-RSE

XUNTA PRO-RSE é unha ferramenta software desenvolvida pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, que a administración autonómica pon ao dispor das empresas galegas de xeito gratuíto, adaptada a nova versión G4 de GRI, principal estándar internacional para a elaboración de informes de sustentabilidade.

Esta ferramenta permite ás empresas a integración das variables da Responsabilidad Social Empresarial (RSE) na xestión do seu negocio, dunha maneira sinxela e gráfica. As empresas poderán visualizar os indicadores das súas propias actuacións, en materia socio-laboral, ambiental e económica, seguindo diversos estándares, nacionais e internacionais, que promoven a RSE .

07/07/201514:49

Portal de Produtos de Apoio da Xunta

Sitio web, promovido pola Secretaría Xeral de Política Social enfocado a favorecer e facilitar a adquisición e intercambio de produtos de apoio entre as persoas con discapacidade. O servizo inclúe unha  ferramenta de busca e máis o asesoramento para consultas en materia de Accesibilidade.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS