main content

main content

Recursos Dixitais

Que precisas? Equipamento?, Ferramentas?, Contidos....?
Atopa os recursos que tes a túa disposición para fomentar e facilitar o desenvolvemento de actividades dixitais e axudarche a acadar a túa madurez dixital!

Rede de Aulas CeMIT

Nas Aulas CeMIT tes á túa disposición espazos e infraestrutura tecnolóxica para o desenvolvemento de actividades no ámbito da inclusión dixital.

Precisas de equipamento especializado? Asesoramento TIC?
Todos os usuarios da Rede CeMIT así como os Aliados Dixitais que queiran realizar actividades relacionadas coa inclusión dixital da cidadanía, poden facer uso das aulas totalmente dotadas con última tecnoloxía, equipamento adaptado para persoas con discapacidade, internet e sistemas de videoconferencia.
Tes á túa disposición e a menos de media hora de distancia, unha das 97 aulas distribuídas en 91 concellos e ao longo de 52 comarcas.
Ademais, tamén che ofrecemos a posibilidade de empregar a aula de xeito libre e gratuíto, dentro dun horario estabelecido, onde contarás co apoio e asesoramento dos/as Axentes TIC.

Mapa de e-Servizos de Inclusión Dixital

Ofrecémosche unha visión global das capacidades dixitais existentes en Galicia a través do acceso ao Mapa online que che permite localizar os recursos e activos dixitais dispoñibles ao longo de todo o territorio.

Queres coñecer os servizos dispoñibles na túa contorna relacionados coa inclusión dixital?
Este mapa facilítache a busca e xeolocalización de recursos e activos dixitais segundo os seguintes criterios:
Por provincia e localidade, para facilitarche o acceso a recursos ao teu redor ou saibas onde acudir se te desprazas.
Por tipoloxía, no caso de que precises dalgún tipo de espazo concreto: Aulas CeMIT, Centros de Información ás Mulleres (CIM), Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX), Bibliotecas...
Por beneficiarios, se precisas de recursos para un colectivo concreto: persoas maiores, persoas con discapacidade, persoas desempregadas...
Tamén podes visualizar simplemente os activos e recursos que tes cerca e contrastar persoalmente se algún deles se adapta ao que buscas.

Comunidade virtual de Voluntariado Dixital

Descubre o Programa de Voluntariado Dixital, unha comunidade virtual onde aliados dixitais e persoas coma ti comparten o seu tempo e coñecemento para axudar a que toda a cidadanía galega se achegue á tecnoloxía.

O Programa de Voluntariado Dixital (VolDIX) dispón dunha comunidade virtual na que a solidariedade, o voluntariado e a tecnoloxía se unen para construír unha sociedade mellor.
Es unha entidade de Acción Voluntaria e precisas de axuda para realizar actividades dixitais?
Es unha persoa que quere compartir de maneira altruísta o seu tempo, entusiasmo e coñecemento?
Inscríbete como Voluntario/a Dixital!! e colaborar con Entidades de Acción Voluntaria que solicitan o teu apoio para o desenvolvemento de actuacións no ámbito da inclusión dixital.
Tamén che pode interesar...

EMA- Espazo Multimedia de Aprendizaxe

Entra dende a casa e sen horarios na Plataforma de Teleformación EMA e accede a un amplo catálogo de cursos agrupados en itinerarios formativos, por niveis e temáticas.

Se queres acceder a cursos....
Gratuítos durante todo o ano
Dende calquera punto
Dispoñibles as 24 horas durante todos os días
E sen necesidade de matriculación nin reserva de praza
Date de alta como usuario/a da Rede CeMIT (se aínda non o eres) e entra en EMA!, atoparás o curso que máis se adapta a ti.

Contidos e Publicacións Dixitais

Descobre e comparte os principais recursos e información de interese relacionados coa inclusión dixital.

Neste espazo achegámosche unha selección da información dispoñible na rede no ámbito da inclusión dixital:
recursos formativos gratuítos, ferramentas, ligazóns a proxectos de interese, publicacións, recursos divulgativos e de apoio para a e-inclusión ....
Tamén che pode interesar a Mediateca Faite Dixita@l, onde disporás de imaxes, vídeos e documentos relacionados coa inclusión dixital.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS