main content

main content
09/05/201609:05
Burela - Aula Cemit

Rede CeMIT comeza unha nova andaina en Burela

A aula CeMIT de Burela inicia unha nova andaina neste ano, impartindo 3 novos cursos de Informática.

A aula CeMIT de Burela inicia unha nova andaina neste ano, impartindo 3 novos cursos de Informática.

O xoves 5 de maio iniciarase o curso “Elaboración de presentacións (Nivel Medio)” dirixido a persoas con coñecementos básicos en Informática. Neste curso amosarase a crear presentacións de diapositivas mesturando texto, imaxes, formas e sons. O programa que se empregará para esta fin será o “Impress” incluído no paquete ofimático “LibreOffice”. O curso contará cunha duración de 15horas, impartirase de luns a xoves de 16:00 a 17:30 e rematará o día 24 do mesmo mes.

O segundo curso comezará o venres 6 e finalizará o mércores 18, trátaseda actividade de formación “Correo electrónico: Gmail”, a cal está dirixida a persoas con coñecementos básicos de Internet e nela amosarase a crear unha conta de correo electrónico coa que poder enviar e recibir mensaxes de outras persoas. O curso impartirase ao longo de 12 horas de luns a venres de 10:30 a 12:00 horas.

Por último, o luns 9 dará comezo un curso de “Procesador de Textos” tamén dirixido a persoas con coñecementos básicos de Informática. Con esta actividade amosarase a crear todo tipo de documentos de texto a través do programa libre “Writer” incluído no paquete ofimático “LibreOffice”. Dita actividade impartirase de luns a xoves de 18:30 a 20:00 horas, finalizará o día 23 e súa duración será de 12 horas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/ ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.es

1 mes 1 profesión dixital
Online

VI Concurso Europeo de Innovación Social 2016

A Comisión Europea ha posto en marcha a 'VI edición do Concurso Europeo de Innovación Social', co que busca proxectos innovadores en produtos, tecnoloxías, servizos e modelos que poidan contribuír á acollida e integración dos refuxiados e os inmigrantes en Europa. Baixo a lema 'Futuros integrados', o concurso pretende apoiarse na innovación para axudar a mellorar a educación, o emprego, o acceso á vivenda, os dereitos humanos e a cohesión comunitaria.

06/05/201600:05
Santiago de Compostela - Cidade da Cultura

Gaiás Gaming 2016

Gaiás Gaming é o primeiro evento solidario relacionado coa tecnoloxía que se vai a celebrar en España. Este evento ten como obxectivo achegar a tecnoloxía á poboación xeral á vez que se axuda aos máis desfavorecidos. É un evento de lecer que nace no 2016 e celebrarase na Cidade da Cultura os días 13, 14 e 15 de maio. Haberá multitude de actividades repartidas entre o tres días e para tódalas idades. Tamén haberá diferentes campionatos, tanto eSports como deportes ao aire libre. Estímase unha asistencia de 3000 persoas.

03/05/201610:05
San Sadurniño- Aula CeMIT

A aula CeMIT de San Sadurniño "trasládase" tamén a Moeche

A firma do convenio de colaboración entre San Sadurniño e Moeche permitirá a este último concello contar coa súa propia aula de alfabetización dixital co apoio da axente TIC de San Sadurniño.
A firma do convenio de colaboración entre San Sadurniño e Moeche permitirá a este último concello contar coa súa propia aula de alfabetización dixital co apoio da axente TIC de San Sadurniño. Os alcaldes destes municipios, Secundino García e Beatriz Bascoy, rubricaron este acordo polo que a aula CeMIT amplía así o seu radio de acción, polo menos durante un ano. Carmen Suárez desprazarase durante sete horas e media á semana a Moeche para ofrecer cursos e actividades relacionadas con internet e outras tecnoloxías da información. O concello de Moeche manifestou o pasado mes de marzo o seu interese por este servizo de cara a desenvolver este tipo de actividades, dirixidas especialmente a persoas maiores e á mocidade. Ademais da firma deste convenio, xa se dotou do equipo informático necesario, doado por a Amtega "Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia". Moeche e San Sadurniño continúan así cunha colaboración interadministrativa iniciada co acordo de recollida de voluminosos. Para García, estes convenios "son un xeito de optimizar recursos que, en ambos os casos, permítenlle a Moeche ofrecerlle novos servizos á súa veciñanza".
02/05/201609:05
Galicia

Galicia incrementou en 350.000 os usuarios de internet durante os últimos cinco anos

A Xunta afronta o reto de que o 75% dos galegos usen as Tecnoloxías da Información e a Comunicación e facilitar o acceso a novas profesións dixitais a través dunha rede de “aliados dixitais”

O 67% dos galegos empregan hoxe internet, case 20 puntos máis que no 2015, cando a poboación que se manexaba na rede non superaba o 48%. O incremento de máis de 350.000 usuarios en cinco anos é un dos principais indicadores á hora de medir a dixitalización da sociedade é especialmente significativo, xa que Galicia medra por riba do conxunto do Estado. As iniciativas públicas desenvolvidas nos últimos anos, tanto desde a Rede de aulas CeMIT como a través do Programa de Voluntariado Dixital, contribuíron á inclusión dixital dunha poboación repartida en 30.000 núcleos e cunha porcentaxe de maiores de 60 anos do 30%.

Agora o reto é reducir aínda máis esa fenda dixital e elevar a porcentaxe de galegos que usan internet de maneira habitual até o 75%. Pero os desafíos que impón a evolución tecnolóxica e a Unión Europea van máis aló. Sen abandonar a loita contra a primeira fenda dixital, a do acceso ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), é preciso evitar a segunda fenda dixital, a das habilidades dixitais que facilitan o acceso ás novas profesións; e non perder o tren da innovación social, que permite resolver retos locais coa axuda da tecnoloxía.

Un plan con aliados

O Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) cun orzamento de sete millóns de euros, abarca todos estes obxectivos, ofrecendo un servizo integral de dixitalización para que calquera persoa, independentemente do seu nivel de coñecemento tecnolóxico, poida obter o máximo proveito da tecnoloxía a nivel persoal, profesional ou relacional.

Para conseguir un efecto multiplicador das súas actuacións o Plan susténtase en alianzas dixitais, de maneira que ás iniciativas e recursos da Administración pública se sumen capacidades, recursos e iniciativas doutros axentes públicos ou privados.

Calquera entidade, profesional ou persoa individual que queira colaborar poderá ser "aliado dixital". A súa achega pode ser, ben través da organización de actividades formativas, conferencias e seminarios; da cesión de contidos dixitais e espazos físicos; ou a través da posta en marcha de proxectos de inclusión dixital. En función do seu perfil e do tipo de iniciativa que desenvolvan poderán colaborar na categoría de "entidade colaboradora", "mecenas dixital", "referente dixital" ou "mentor dixital". Para formalizar a adhesión como "aliado dixital", tan só é necesario cumprimentar o procedemento telemático dispoñible desde o pasado sábado mesmo na sede electrónica da Xunta de Galicia, sede.xunta.es.

Alfabetización, capacitación e innovación

Unha vez formalizada a súa adhesión, os aliados poderán colaborar en calquera das actuacións previstas no Plan, que contempla tres eixos estratéxicos: a alfabetización dixital, a capacitación dixital e a innovación social dixital e participativa.

A alfabetización dixital está orientada a facilitar ás persoas con coñecementos dixitais básicos formación que lles permita avanzar e incrementar a súa confianza no emprego da tecnoloxía. Esta liña contempla actividades formativas sobre os riscos e o uso responsable de internet; sesións demostradoras para achegar o uso de dispositivos móbiles aos maiores; ou xornadas interxeneracionais entre persoas maiores e novas.

A capacitación dixital busca incrementar as habilidades dixitais dos que xa empregan as TIC no seu día a día cun programa formativo avanzado. O obxectivo é evitar a segunda fenda dixital, é dicir, a que limita o acceso ás novas profesións dixitais que demanda o mercado ou dificulta a adaptación aos cambios que se están producindo nas profesións dixitais no contexto actual.

En canto ao terceiro eixo, o da innovación social dixital e participativa, promoveranse iniciativas de base tecnolóxica que melloren retos locais "mellorar o emprego, favorecer a integración social de determinados colectivos...", en colaboración cos axentes sociais de cada zona.

Portal web, catálogo de servizos e mapa de recursos

O Plan establece tamén, a posta en marcha de tres ferramentas transversais que permitirán dar soporte ao resto de actuacións do proxecto. Neste mes lanzarase un novo portal web Faite dixit@l, o espazo na rede que aglutinará todas as accións de comunicación sobre a inclusión dixital. Está prevista a elaboración dun mapa con toda a oferta de activos e recursos dixitais permitindo un maior aproveitamento dos medios grazas á súa posta en común. Ademais, porase a disposición da cidadanía un catálogo dos servizos dixitais que ofrece o Plan.

29/04/201613:04
Diario Oficial de Galicia (DOG)

O DOG publica hoxe a resolución que regula a adhesión de “Aliados dixitais“ ao Plan de inclusión dixital en Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se regula a adhesión de “aliados dixitais“ ao Plan de Inclusión Dixital en Galicia, que desenvolve a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se regula a adhesión de “aliados dixitais“ ao Plan de Inclusión Dixital en Galicia, que desenvolve a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Poderá ser “aliado dixital” calquera entidade ou profesional do ecosistema dixital que teña interese en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia contribuíndo á mellora da inclusión dixital.

Para formalizar a adhesión como aliado dixital, tan só será necesario cumprimentar o procedemento telemático dispoñible dende mañá mesmo na sede electrónica da Xunta de Galicia e acompañar a documentación que se require.

Os axentes interesados en participar na inclusión dixital da cidadanía galega, a través da organización de actividades formativas, conferencias e seminarios de alfabetización, capacitación dixital e innovacións social dixital, a cesión de contidos dixitais e espazos físicos, a posta en marcha de proxectos de inclusión dixital, etc, poderán facelo na categoría de “entidade colaboradora”, “mecenas dixital”, “referente dixital” ou “mentor dixital”. Esta actuación que permitirá sumar capacidades, recursos e iniciativas e conseguir un efecto multiplicador das actuacións.

No caso das entidades que actualmente colaboran coa Rede CeMIT ou co Programa de Voluntariado Dixital integraranse coma aliados dixitais de forma automática, para darlle continuidade ás labores que se están realizando, e tan só terán que cumprimentar no formulario de solicitude electrónico, os datos identificativos da entidade, categoría de “aliado dixital”, liñas de interese e memoria das actividades a realizar, antes do 30 de maio.

Obxectivos do Plan

O Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, que foi aprobado no Consello da Xunta do pasado 21 de abril, ofrece á sociedade galega un servizo integral de dixitalización que abrangue desde as accións para a alfabetización dixital ata aquelas que permitan a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC. Para acadar este obxectivo o Plan establece actuacións en 3 grandes eixos estratéxicos: a alfabetización dixital, a capacitación dixital e a innovación social dixital e participativa.

27/04/201610:04
España - Vodafone

Fundación Vodafone España convoca a X Edición dos Premios Vodafone Connecting for Good á Innovación en Telecomunicacións

A Fundación Vodafone España convocou a X Edición dos seus Premios Vodafone Connecting for Good á Innovación en Telecomunicacións, cuxo obxectivo é promover e desenvolver proxectos tecnolóxicos accesibles para mellorar a calidade de vida dos colectivos vulnerables.

A Fundación Vodafone España convocou a X Edición dos seus Premios Vodafone Connecting for Good á Innovación en Telecomunicacións, cuxo obxectivo é promover e desenvolver proxectos tecnolóxicos accesibles para mellorar a calidade de vida dos colectivos vulnerables. Estes proxectos de interese social, que poden atoparse tanto en fase de estudo como no da súa posta ao servizo da sociedade, han de ter en conta a accesibilidade universal e o deseño para todos e poden estar desenvolvidos en calquera soporte (app, web, plataforma...).

Cada unha das seguintes categorías premiarase con 15.000 euros, unha escultura conmemorativa, a posibilidade de estar presente no Mobile World Congress 2017 e formación en emprendemento, por parte do CDTI:

  • Premios Accesibilidade TIC: tres, que se concederán a proxectos que eliminen barreiras para a diversidade funcional sensorial, cognitiva e física, respectivamente.
  • Premio Solución Social TIC, a aquel proxecto que presente a mellor solución de amplo impacto social que non sexa elexible nas categorías anteriores.

A estes premios poden presentarse proxectos desenvolvidos en España durante 2015 e até a data da convocatoria. O prazo para a presentación de proxectos comezou o 10 de marzo e finalizará o 5 de maio de 2016. Pódese participar descargando os formularios e enviándoos completados á dirección de correo: info@corp.vodafone.es

Un xurado formado por personalidades da Administración, a investigación e a empresa valorará o carácter innovador da solución dentro da Sociedade da Información, o público obxectivo que se podería ver beneficiado pola solución, a súa viabilidade e a súa accesibilidade. O fallo do xurado notificarase antes do 30 de xuño de 2016.

Arquivos relacionados:

26/04/201614:04
Xunqueira de Ambía- Aula CeMIT

Actividades Aula CeMIT Concello de Xunqueira de Ambía mes de Maio

Iniciación á programación para nen@s Scratch, Exercita a túa memoria, Aplicacións de Google(Drive, Maps,Hangouts), Pasos para obter o borrador da declaración de Facenda

Iniciación á programación para nen@s Scratch: Nesta actividade, se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución a programación empregando a aplicación Scratch. Esta actividade vai destinada aos nen@s entre 8 e 12 anos. A actividade vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía os días 3,10,17,24 e 31 de Maio en horario de 16:00 horas ás 17:00 horas. O prazo para matricularse termina o día 3 de Maio.

Exercita a túa memoria: Nesta actividade, se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución sobre os pasos a seguir para exercitar a memoria empregando as TIC. Esta actividade vai destinada a cidadanía en xeral que coñeza o uso básico dun ordenador (manexo do rato e teclado, apertura e peche de programas, uso de carpetas, etc..). A actividade vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía os días 5,10,12,17,19,24,26 e 31 de Maio en horario de 17:00 horas ás 18:00 horas. O prazo para matricularse termina o día 5 de Maio.

Aplicacións de Google(Drive, Maps,Hangouts): Nesta actividade, se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución sobre os pasos a seguir para sacarlle o máximo rendimento as aplicacións de Google. Esta actividade vai destinada a cidadanía en xeral que coñeza o uso básico dun ordenador (manexo do rato e teclado, apertura e peche de programas, uso de carpetas, etc..). A actividade vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía os días 12,17,19,24 e 26 de Maio en horario de 18:00 horas ás 19:00 horas. O prazo para matricularse termina o día 12 de Maio.

Pasos para obter o borrador da declaración de Facenda   Nesta charla, se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución sobre os pasos a seguir para obter o borrador de facenda. Esta charla vai destinada a cidadanía en xeral que coñeza o uso básico dun ordenador (manexo do rato e teclado, apertura e peche de programas, uso de carpetas, etc..). A charla vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía o día 31 de Maio en horario de 19:00 horas ás 20:00 horas. O prazo para matricularse termina o día 31 de Maio.

29/04/201610:00
1 mes 1 profesión dixital
Centro do Coñecemento La Molinera, Ourense

Faladoiros dixitais ao redor do Big Data

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan o vindeiro venres 29 de abril a primeira xornada de 2016 do programa “1 mes, 1 profesión Dixital” que da continuidade á campaña iniciada no 2015.

22/04/201600:04
Ourense - Centro La Molinera

Volve a campaña "1 mes, 1 profesión dixital", co faladoiro dixital sobre Big Data, da man do CPEIG e a Amtega

A primeira xornada celebrarase en Ourense no Centro de Coñecemento “La Molinera” e os faladoiros xirarán ao redor do Big Data.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan o vindeiro venres 29 de abril a primeira xornada de 2016 do programa “1 mes, 1 profesión Dixital” que da continuidade á campaña iniciada no 2015. O encontro, inserido na campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital, desenvolverase no Centro de Coñecemento “La Molinera”, situado na Rúa do Bebedeiro 1 en Ourense.

A campaña 1 mes, 1 profesión dixital enmárcase na campaña europea e-Skills for Jobs e forma parte dun ciclo de seis xornadas sobre novos perfís dixitais co obxectivo xeral de crear conciencia da necesidade que teñen os cidadáns de mellorar o seu dominio da tecnoloxía da información e a comunicación cara ao emprego.

No 2015 abordáronse temáticas coma o marketing dixital, os contidos dixitais, a banca do futuro, o ámbito sociosanitario, as tecnoloxías informáticas na arquitectura e o xornalismo, sempre dende a perspectiva das TIC. Nesta ocasión o tema a tratar será o Big Data.

A xornada comezará ás 09:45 coa recepción de asistentes para a continuación, ás 10:00, proceder coa benvida institucional que correrá a cargo de Jesús Vázquez, Alcalde de Ourense, Mar Pereira, Directora da AMTEGA e Fernando Suárez, presidente do CPEIG.

Os relatores serán David Losada, director do Máster Big Data da USC, Adolfo de la Torre, experto en Infraestrutura IT de PSA Peugeot Citroën cuxa ponencia será “Do Big Data ao Smart Data, tecnoloxía e conceptos" e por parte de ABANCA estarán Jorge García Romarís e José Valiño que falarán das “Boas prácticas en Big Data”.

O encontro rematará ás 14:00. A inscrición é de balde na dirección de correo electrónico eventos@cpeig.org

Programa da xornada

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS