main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

28/02/201810:36
Ramón Pereiro, Mar Pereira e Alfredo Ramos.
Pontevedra

O Plan de Banda Larga da Xunta e o operador R cumprirán este ano o obxectivo de conectar a redes de ata 350mbps a 28 polígonos industriais da provincia de Pontevedra

  • O Plan, impulsado pola Amtega, chegará este ano a 9 superficies da provincia tras activar o servizo noutras 19 entre 2016 e 2017
  • Unha vez completado o Plan o 95% das superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de 100 Mbps
  • Outra das actuacións do Plan foi a convocatoria de axudas de 2017 para o acceso a banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos situados en zonas illadas do rural
  • Ademais, a Amtega acaba de lanzar unha liña de axuda a operadores para estender internet de alta velocidade en núcleos de menos de 150 habitantes

 

O Plan de Banda Larga da Xunta facilitará este ano o acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps a outros 9 polígonos pontevedreses, acadando así un total de 28 superficies empresariais conectadas a redes ultrarrápidas este ano. Así o anunciaron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e o secretario territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, Ramón Pereiro.

As actuacións do Plan comezaron en agosto 2016 e ao remate de 2017 había xa 19 polígonos da provincia con servizo de banda larga ultrarrápida. Unha vez completado o Plan, o 95% das superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de 100Mbps.

Ademais, como complemento a esta actuación, a Amtega abriu en 2017 unha convocatoria de axudas para dotar de redes ultrarrápidas a empresas e autónomos das zonas máis illadas do rural. Destináronse preto de 400.000 euros á subvencionar solucións específicas a máis de 30 empresas que agora dispoñen de velocidades de acceso a internet de entre 50Mbps e 350Mbps.

 

350Mbps e servizos R de valor engadido

As empresas dos polígonos beneficiados desta actuación do Plan poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.

Ademais, R pon a disposición das empresas dos polígonos a tecnoloxía necesaria para que poidan acometer a súa transformación dixital. Nesta liña están os servizos e solucións na nube como a videoconferencia ou a posibilidade de usar os seus equipamentos e o software como servizo pagando só polo uso que deles fan, sen necesidade de investir. Outra opción á man destas empresas é o acceso aos servizos do chamado Internet das Cousas (IoT) e da industria 4.0, relacionados coa eficiencia enerxética, control de intrusións nas edificacións, servidores virtuais e analítica de datos (big data), entre outros.

Estas solucións intégranse en centros de datos profesionais, coma se formasen parte da rede local da empresa. Proximidade, polo tanto, e tamén flexibilidade para adaptarse ás necesidades dos negocios en cada momento.

E todo isto, grazas ás vantaxes das redes FTTH (Metro, RFoG, GPON...), que levan a fibra óptica ata a propia empresa nestes polígonos xa conectados ás redes ultrarrápidas de R.

 

Prazos e orzamento

O Plan xa completou o despregamento en 51 polígonos da Comunidade e este ano chegará aos 30 restantes. Deste xeito, en 2018, un total de 130 polígonos, que concentran case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs.

A Amtega subvenciona estes despregamentos cunha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de 5,2 millóns de euros. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

 

Axudas para núcleos de poboación do rural

Tras as dúas primeiras actuacións orientadas a mellorar a conectividade no tecido empresarial, a Amtega puxo en marcha en xaneiro a terceira actuación para facilitar o acceso a redes ultrarrápidas en zonas do rural que non contan con esta cobertura nin previsión de dispoñer destas redes.

Trátase dunha convocatoria de axudas a operadores, en fase de resolución, cun importe de 14,2 millóns de euros, dirixida a operadores de telecomunicacións para facilitar o acceso a internet de cando menos 100Mbps en núcleos de menos de 150 habitantes.

Os operadores poderán actuar en calquera das 26.386 entidades de poboación de menos de 150 habitantes e noutros 80 núcleos de entre 150 e 300 habitantes. A convocatoria contempla subvención mínima de 20.000€ para cada un dos proxectos presentados ata esgotar a dotación orzamentaria prevista.

As redes coas que se dote ás entidades de poboación deberán proporcionar servizos de cando menos 100 megas de baixada e 20 de subida, non establecer limitacións de descargas e permitir a realización de comunicacións de voz e vídeo en tempo real.

A Administración autonómica concederá unha subvención máxima do 90% do custo total de cada proxecto. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Con esta medida a Administración autonómica actuará nos núcleos máis pequenos con fondos FEADER, mentres que o Estado focalizará os seus esforzos en cubrir as entidades de maior tamaño coas convocatorias xa en marcha e as que licite nos vindeiros anos no marco do Programa Nacional de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración (PEBA).

 

Listado de polígonos de Pontevedra cubertos e previstos en 2018

CONCELLO

POLÍGONO

DATA COBERTURA

BUEU

PARQUE EMPRESARIAL BUEU - CASTIÑEIRAS

Cuberto

CALDAS DE REIS

POLIGONO INDUSTRIAL ARCOS DA CONDESA

Cuberto

CALDAS DE REIS

ZONA INDUSTRIAL DE AS VEIGAS DE ALMORZAR

Cuberto

CALDAS DE REIS

AREA EMPRESARIAL DE FORBESA

Cuberto

CAMBADOS/RIBADUMIA

P.I. O SALNES

Cuberto

ESTRADA (A)

PARQUE EMPRESARIAL DE A ESTRADA - TOEDO

Cuberto

GROVE (O)

POLÍGONO DE PORTO MELOXO

Cuberto

MEIS

POLÍGONO INDUSTRIAL DE AS COVAS

Cuberto

MEIS

POLÍGONO INDUSTRIAL DE VILANOVIÑA

Cuberto

PONTE CALDELAS

PARQUE EMPRESARIAL DE A REIGOSA E CENTRAL DE TRANSPORTES E PONTE CALDELAS

Cuberto

PONTEAREAS

POLÍGONO INDUSTRIAL DE A LOMBA

Cuberto

PONTEVEDRA

PARQUE EMPRESARIAL DE O CAMPIÑO

Cuberto

PORRIÑO (O)

ÁREA DE NEGOCIOS OCEANIS

Cuberto

SILLEDA

PARQUE EMPRESARIAL DE SILLEDA

Cuberto

TUI

PARQUE EMPRESARIAL DE AREAS

Cuberto

VILA DE CRUCES

POLÍGONO INDUSTRIAL O CAMBALLÓN

Cuberto

VILAGARCIA DE AROUSA

PARQUE EMPRESARIAL DE O POUSADOIRO

Cuberto

VILAGARCIA DE AROUSA

POLÍGONO INDUSTRIAL DE BAMIO

Cuberto

VILANOVA DE AROUSA

PARQUE EMPRESARIAL DE VILANOVA DE AROUSA I (AREA LOXÍSTICA DE BAIÓN - RÍA DE AROUSA)

Cuberto

AGOLADA

POLÍGONO INDUSTRIAL DE AGOLADA

Previsto 2018

CANGAS

ÁREA INDUSTRIAL A PORTELA

Previsto 2018

CAÑIZA (A)

POLÍGONO INDUSTRIAL DE RIBADIL

Previsto 2018

LALIN

POLÍGONO INDUSTRIAL DE BOTOS

Previsto 2018

MEAÑO

ÁREA INDUSTRIAL A PEDREIRA

Previsto 2018

MORAÑA

POLÍGONO INDUSTRIAL DE AFIEIRAS

Previsto 2018

MORAÑA

POLÍGONO INDUSTRIAL DE MIRALLOS

Previsto 2018

SALVATERRA DE MIÑO

POLÍGONO INDUSTRIAL CHAN DA PONTE

Previsto 2018

VILANOVA DE AROUSA

POLÍGONO INDUSTRIAL DE TREMOEDO

Previsto 2018

27/02/201811:42
Logo Enrédate.
Santiago de Compostela

Cruz Vermella pon en marcha 'Rede Social para as Persoas Maiores: Enrédate'

  • O obxectivo da organización é reducir a soidade e o illamento involuntario dos senior que non dispoñen dun círculo social acorde ás súas necesidades

 

As persoas maiores son unha prioridade para a Cruz Vermella. Cada ano, a organización atende a preto de 243.000 persoas a través de diferentes proxectos encamiñados a paliar a soidade, previr os malos tratos, o abuso ou a neglixencia, fomentar un envellecemento activo ou favorecer a autonomía das persoas para permanecer na súa contorna habitual, entre outros.

 

Por este motivo, a Cruz Vermella ten en marcha un novo proxecto: 'Rede Social para as Persoas Maiores: Enrédate' cuxo obxectivo é reducir a soidade e o illamento involuntario das persoas maiores de 65 anos que non dispoñen dunha círculo social acorde ás súas necesidades.

 

Para iso, faise uso das novas tecnoloxías coas que as persoas poden estar en contacto cos seus familiares e facer novas amizades entre participantes do proxecto. A meta principal é que a persoa maior poida incrementar e afianzar a súa rede social e darlle soporte emocional, persoal e preventivo. Deste xeito, téntase reducir o seu sentimento de soidade e o illamento involuntario.

 

Para logralo, o proxecto baséase en tres liñas de actuación fundamentais: actividades de información e adquisición de coñecementos técnicos necesarios para reducir a soidade e o illamento; entrega e préstamo de recursos materiais (necesarios para reducir o illamento e o sentimento de soidade, concretamente entrega de produtos tecnolóxicos, fundamentalmente tablets) e económicos para reducir as vulnerabilidades relacionadas coa soidade; e actividades formativas para a adquisición de competencias persoais que fomenten a participación da persoa na mellora do seu propio problema e fortaleza a súa rede social.

 

O problema da soidade

Socialmente, a soidade percíbese como un problema exclusivo das persoas maiores. Pero isto non se corresponde coa realidade. Moitas persoas experimentan acontecementos ao longo da súa vida que poden interromper as súas conexións sociais ou ocasionar unha perda de contacto coa contorna: a maternidade nova, o desemprego, a aparición de problemas de mobilidade ou dependencia, a xubilación, o feito de que os fillos abandonen o fogar, o duelo por un ser querido, o divorcio, a emigración, entrar en situación de pobreza, etcétera.

 

No último Boletín sobre Vulnerabilidade Social (de novembro de 2017), máis do 26 % das persoas atendidas por Cruz Vermella vive soa. Destas o 72,4% son mulleres e o 27,6%, homes. E destácase que máis 51% ten 80 anos ou máis.

 

Varios son os factores que provocan situacións de soidade, a violencia de xénero é un deles. Tamén, a idade aumenta a posibilidade de vivir en soidade. Observouse nos últimos anos un incremento dos fogares unipersonales en persoas de 65 e máis anos, aínda que as proporcións son máis baixas que noutros países europeos. En España, a proporción de mulleres maiores que vive en soidade supera á de homes (2015: preto do 29% fronte a 14%).

27/02/201811:02
Persoa maior usando un smartphone.
Santiago de Compostela

O Grupo Orpea achega as novas tecnoloxías ás persoas maiores

  • Desde o 2 de febreiro, púxose en marcha un ciclo de conferencias con temáticas tecnolóxicas de interese para os senior

 

A innovación nos procesos e as novas tecnoloxías non só alcanzan ás xeracións máis novas. Internet e a tecnoloxía, cada vez máis avanzada, son ferramentas fundamentais en cada vez máis ámbitos sociais. Por este motivo, o Grupo Orpea, a través da canle senior da Confederación Estatal de Asociacións e Federacións de Alumnos e Exalumnos dos Programas Universitarios de Maiores (Caumas), está a levar a cabo un ciclo de conferencias co que achegar todas as posibilidades tecnolóxicas aos residentes e equipo humano dos seus centros.

 

O proxecto realízase nas residencias Orpea, en colaboración con Caumas e o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso). Estas organizacións son as que puxeron en marcha o proxecto co obxectivo de achegar as novas tecnoloxías aos maiores. 

 

As conferencias –que comezaron o 2 de febreiro– abordan "temáticas de alto interese para os maiores, fomentando unha vida máis activa e saudable, atrasando por tanto os posibles estados de maior dependencia e, desta forma, conseguindo unha maior calidade de vida", explican desde Orpea e, aseguran, querer "achegar o maior benestar aos nosos residentes, e achegarlles as tecnoloxías a través de temáticas comúns é unha forma diferente, divertida e innovadora de dinamizar a súa actividade nos nosos centros”.

 

As temáticas que se expoñen afondan na historia de España, as festas populares, o museos vistos a través da tecnoloxía ou como aproveita a tecnoloxía para fortalecer a memoria ou o corazón. Pódense consultar todas as actividades que se están desenvolvendo na canle senior de Caumas.

27/02/201810:57
Presentación de Live-Talk.
Barcelona

Fujitsu presenta no MWC 2018 “LIVE TALK” o máis sofisticado tradutor en tempo real para xordos baseado en Intelixencia Artificial

  • É perfecto para os xordos xa que lles permite traballar con persoas de calquera lugar do mudo sen necesidade de coñecer o idioma.

 

No Mobile World Congress 2018Fujitsu presentou LIVE TALK, un tradutor multilingüe en 19 idiomas, incluído o catalán para xordos, único ata o momento no mercado.

En concreto, trátase dunha solución baseada en Intelixencia Artificial e un motor cloud, que recoñece o que di o orador e mostra instantaneamente a tradución no idioma ou idiomas seleccionados, nunha ou varias pantallas en tempo real.

Os 19 idiomas que contempla a día de hoxe son: inglés, chinés simplificado e tradicional, coreano, francés, español, árabe, ruso, portugués, alemán, italiano, polaco, holandés, danés, finlandés, sueco, noruegués, xaponés e catalán.

É un software que se pode configurar para falar en tantos idiomas como sexa necesario nunha mesma conversación.

Creouse no 2015 pola multinacional nipoa fundamentalmente para persoas xordas, pero agora o seu uso é xeneralizado e está dispoñible en Xapón desde o 8 de marzo de 2017.

É importante sinalar que abre unha grande oportunidade para os xordos xa que lles permite traballar en calquera lugar do mundo, sen ter que coñecer a lingua, o cal a converte nunha potente ferramenta de comunicación participativa.

Os seus usos son numerosos, desde unha reunión corporativa, na escola, para temas turísticos, eventos internacionais, hospitais, organismos gobernamentais etc. É ideal para as empresas que fan negocios a nivel mundial e teñen a necesidade de incorporar novas ferramentas, que apoien a comunicación a nivel internacional do seu persoal. Non hai límites nunha conversación de incluír idiomas e tampouco nas palabras xa que o sistema detecta diferentes oradores. E proporciona unha contorna de traballo de baixa tensión ao eliminar os desfasamentos temporais, xa que se utilizar un ritmo natural de conversación.

En canto a como utilizalo, simplemente os usuarios configuran no seu dispositivo o seu idioma de visualización preferido e unha vez realizado, as palabras mostrásense na súa pantalla traducido a este idioma.

Non hai límites de cantidade ou combinacións, poderíase usar simultaneamente os 19 idiomas creados ata o momento nunha conversación grupal.

Así mesmo, o sistema sabe quen é quen/ orador en cada conversación, mesmo con varios participantes aínda que falen ao mesmo tempo. Tamén se pode usar cun teclado, de aí o seu interese para as persoas xordas. É importante sinalar que a versión móbil de proba ofrecerase no estranxeiro nos próximos meses. Aínda que a día de hoxe traballa cos sistemas para PC só Windows 7, 8 e 10. A versión de dispositivos móbiles, que inclúe tabletas e teléfonos intelixentes, é compatible con iOS (9.3 e superior) e Android (versión 4.3). A día de hoxe traballa cos sistemas Windows 7, 8 e 10 e estase desenvolvendo a versión móbil, tanto para tabletas como para Smartphone, agora mesmo xa en probas en Xapón.

27/02/201810:48
Hack for Good Vigo.
Vigo

Telefónica impulsa o seu hackforgood máis social na 6ª edición

  • Máis de 1500 “Hackers ForGood” daranse cita simultaneamente en 11 cidades españolas para facer fronte a máis de 200 retos sociais 
  • Na edición anterior presentáronse 150 solucións tecnolóxicas innovadoras para facer fronte a máis de 200 retos sociais. 
  • HackForGood é unha iniciativa da Rede de Cátedras Telefónica, a Universidade Politécnica de Madrid, a Fundación Hazlo Posible e MashmeTV. 
  • Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Murcia, As Palmas de Gran Canaria, Valladolid, Vigo, Salamanca, Cáceres e Cidade-Real acollerán esta sexta edición 2018. 

 

“Mozos, entusiastas, positivos, optimistas e dixitais”, así se definen os máis de 1500 hackers que se darán cita para os días 8, 9 e 10 de marzo en 11 cidades españolas, co fin de propoñer solucións tecnolóxicas innovadoras que dean resposta a unha serie de retos sociais expostos pola cidadanía en xeral, e todo iso co fin de construír un mundo mellor aproveitando a onda de progreso que supón estar xa inmersos nunha “Sociedade Dixital”. 

Os retos son unha parte importante deste encontro, sobre todo porque poden ser propostos por calquera persoa ou organización a través da web http://www.hackforgood.net, e están asociados aos premios e universidade ou entidade que os concede. 

Durante este hackathon, os hackers desenvolverán aplicacións asociadas aos retos sociais nun tempo record, valorando moito a formación de equipos “multidisciplinares” que inclúan todo tipo de perfís: deseñadores, informáticos, enxeñeiros, técnicos, sociólogos, emprendedores sociais, etc. 

No encontro, valorarase a creatividade e innovación das solucións propostas, o grao de acabado conseguido durante o hackathon e o impacto social das mesmas. Con todo iso, os participantes poderán acceder a tres categorías de premios: locais, globais e Big Day. 

Participan nesta edición as seguintes 20 universidades: U. Politécnica de Madrid, U. Complutense de Madrid, U. Rey Juan Carlos, U. Internacional da Rioxa, U. Europea, U. Francisco de Vitoria, U. Politécnica de Cataluña, U. de Barcelona, U. Pompeu Fabra, U. de Valladolid, U. Salamanca, U. Pontificia de Salamanca,  U. Católica de Murcia, U. Politécnica de Valencia, U. de Castela A Mancha, U. de Las Palmas de Gran Canaria, U. de Sevilla, U. de Estremadura e U. de Vigo. Ademais, tamén impulsa esta iniciativa a Escola Universitaria de Deseño, Innovación e Tecnoloxía (ESNE).

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS