- A Amtega e a Consellería do Medio rural queren facilitar ás empresas do sector da madeira e particulares a tramitación electrónica relativa aos aproveitamentos madereiros e leñosos
- Terá lugar o 15 de maio no Centro Demostrador TIC e retransmitirase a través de videoconferencia a 23 aulas da Rede CeMIT
A Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ofrecen aos empresarios do sector da madeira unha xornada formativa para facilitarlles a xestións online a través da sede electrónica da Xunta, tras a publicación no DOG o pasado xoves, 26 de abril da Orde pola que se regulan os aproveitamentos madereiros e leñosos, que recolle a presentación telemática obrigatoria, para todas as persoas xurídicas e aos seus representantes, así como ás entidades sen personalidade xurídica.
A xornada celebrarase o martes, 15 de maio, baixo o nome “Tramitación electrónica en aproveitamentos madeireiros e leñosos - Faite dixit@l e tramita nun clic”. Haberá dúas sesións, unha de mañá, de 10.00 a 12.00 horas, e outra de tarde, de 16.00 a 18.00 horas, nas instalacións do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela, que serán retransmitidas por videoconferencia en 23 aulas da Rede CeMIT.
Cada ano tramítanse en Galicia milleiros de solicitudes de autorización, declaración responsable e comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos por empresas e particulares, que coa tramitación online poden realizar estar xestións en calquera momento e sen desprazamentos. Cabe destacar que, aínda que a obrigatoriedade da xestión online non abrangue aos particulares, si lles pode resultar interesante a xornada para realizar trámites como a declaración responsable, que lles permite realizar o aproveitamento forestal desde o mesmo intre da súa presentación, polo que a presentación electrónica ten unha utilidade inmediata.
O enfoque da xornada será práctico e estruturarase nos seguintes puntos:
- Identificación de procedementos de autorización, declaración responsable e comunicación final.
- Aplicación de formularios CORWEB na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
- Presentación na Sede Electrónica con distintos medios sinatura electrónica.
- Rolda de preguntas.
Aulas CeMIT participantes na xornada
As persoas interesadas en seguir esta xornada poden achegarse á aula do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela ou ben a calquera das aulas CeMIT das seguintes localidades, que mostraron o seu interese en retransmitir a través de videoconferencia á mencionada xornada e así achegar esta formación por toda Galicia:
Xornada de mañá (de 10.00 a 12.00 horas):
Provincia
Concello
Dirección del Aula CeMIT
URL GoogleMaps
1
A Coruña
Santiago de Compostela
Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo, 15703
https://goo.gl/maps/wiSyPDCdSc72
2
A Coruña
Fisterra
Rúa da Cerca, 7, 15155
https://goo.gl/maps/Xg4BTWvpjZ52
3
A Coruña
Ortigueira
Antigo Centro de Saúde. Rúa Márquez Cortiñas, s/n, 15330
https://goo.gl/maps/sWZtiSE2XYN2
4
A Coruña
San Sadurniño
Avda. Marqués de Figueroa, nº 11, 15560
https://goo.gl/maps/5nWodzYhEFF2
5
A Coruña
Vimianzo
Rúa A Braña, S/N, 15129
https://goo.gl/maps/vmjV2GGZLwD2
6
Lugo
Carballedo
Praza V. Portomeñe s/n – A Barrela, 27520
https://goo.gl/maps/DzmH1XQJJny
7
Lugo
Lugo
Praza de Castiñeiro, s/n, 27004 Lugo (Lugo)
https://goo.gl/maps/meigEeHxq8Q2
8
Lugo
Sarria
Casa da Cultura. Rúa Marqués de Ugena s/n, 27600
https://goo.gl/maps/6tnk3Y2iVXQ2
9
Ourense
Bande
Casa do Concello, 1º andar - Rúa San Roque, 2, 32840
https://goo.gl/maps/LHQJvZBenn72
10
Ourense
Carballiño
Praza Maior 1, 32500
https://goo.gl/maps/DTZz5bnopXT2
11
Pontevedra
A Cañiza
Progreso s/n, 36880
https://goo.gl/maps/Gkf9avjXant
12
Pontevedra
Redondela
Paseo do Pexegueiro nº6, 36693
https://goo.gl/maps/eUxSaZhyHS52
Xornada de tarde (de 16.00 a 18.00 horas):
Provincia
Concello
Dirección del Aula CeMIT
URL GoogleMaps
1
A Coruña
Santiago de Compostela
Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo, 15703
https://goo.gl/maps/wiSyPDCdSc72
2
A Coruña
Betanzos
R/ Emilio Romai, 1, 15300
https://goo.gl/maps/fXAoEfWik652
3
A Coruña
Ortigueira
Antigo Centro de Saúde. Rúa Márquez Cortiñas, s/n, 15330
https://goo.gl/maps/sWZtiSE2XYN2
4
A Coruña
Ribeira
Rúa 1 Cubeliño, s/n baixo, 15960
https://goo.gl/maps/zFfNZg54xBK2
5
A Coruña
Santa Comba
Centro Multiusos. Rúa Curros Enríquez, s/n, 15840
https://goo.gl/maps/GBnUuWv7hFA2
6
Lugo
Guitiriz
Rúa do Concello, s/n, 27300
https://goo.gl/maps/RTUE85u5hF42
7
Lugo
Riotorto
Circunvalación s/n, 27744
https://goo.gl/maps/DxMbz1NPC452
8
Lugo
O Vicedo
Cidade de Mondoñedo 23, 27860
https://goo.gl/maps/2h133zcmAvE2
9
Ourense
Celanova
Parque das Triguerizas, s/n, 32800
https://goo.gl/maps/i93W2UaWPKt
10
Ourense
Vilar de Santos
Rua Celanova, 77, 32650
https://goo.gl/maps/zHs1gNcHtGF2
11
Ourense
Xunqueira de Ambia
Colexio Padre Crespo s/n, 32792
https://goo.gl/maps/ghc3GMPAPKq
12
Pontevedra
Cuntis
Casa do Médico - Circunvalación Don Aurelio, 65, 36670
https://goo.gl/maps/c82dzLwcWht
13
Pontevedra
Valga
Ferreirós nº 1, 36645
https://goo.gl/maps/rhdduvVDzsL2
14
Pontevedra
Vilanova de Arousa
Rúa O Cruceiro nº4, 36620
https://goo.gl/maps/X7Vu3T1SqRn
En total, ofrécense máis de 360 prazas, das que 50, (25 de mañá e 25 de tarde), están dispoñibles presencialmente na aula CeMIT no CDTIC en Santiago de Compostela e o resto para seguir por videoconferencia.
Inscrición á xornada
A asistencia ás sesións é de balde ata completar o aforo de cada aula, sendo recomendable a inscrición previa para garantir a reserva de praza.
No caso de asistir presencialmente nas instalación do CDTIC en Santiago de Compostela pode inscribirse na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.gal/e-madeira) ou mesmo por correo no enderezo cdtic@xunta.gal.
No caso de seguir a xornada por videoconferencia nalgunha das aulas CeMIT, a inscrición poderá realizarse tanto na web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal/buscador), como contactando co responsable da aula CeMIT á que acudirá, ou ben enviado un correo a cemit@xunta.gal. Pódense consultar os datos de contacto das aulas CeMIT na seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/centros.