main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

12/07/201813:11
Reyes Maroto.
Santiago de Compostela

O Executivo central investirá 100 millóns na dixitalización das empresas

Goberno central vai adicar 100 millóns de euros á transformación dixital das empresas. E farao a través do programa Industria 4.0, sendo o obxectivo da iniciativa que “o tecido produtivo estatal non fique atrasado na revolución tecnolóxica”. Ademais, a medida busca facer máis competitiva a economía española: unha factoría reforzada e sustentable de creación de emprego. O dito orzamento foi dado a coñecer pola ministra de Industria, Reyes Maroto, no transcurso do Congreso Digitales Summit, que se celebrou esta semana en Madrid. 

Segundo engadiu, o Goberno central está “comprometido co impulso da transformación dixital da economía e a sociedade” e atópase mergullado nun proceso de transformación para mellorar o talento tecnolóxico e fomentar a formación en eidos como a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas. “Cómpre promover un modelo de aprendizaxe continua en competencias dixitais que dea resposta ás necesidades presentes e futuras”, sinalou a ministra, engadindo que é “unha obriga” apoiar ás empresas nos seus procesos de dixitalizacion, “xa que non é unha opción para as empresas, senón que se converteu nun imperativo para non verse desprazadas no mercado”.

Ao abeiro deste plan, o Ministerio prepara múltiples actuacións, como a creación dun programa para fomentar a transformación intelixente da industria e os servizos, que contará coa participación doutros ministerios pola natureza transversal da dixitalización, así como coa dos axentes sociais e os principais actores da transformación innovadora da economía española.

Maroto tamén engadiu que España ocupa o posto 14 da UE en canto a competencias dixitais da poboación e que o país “carece de modelo de formación que prepare aos traballadores para os cambios que se van a producir nese futuro próximo”. Esta é a razón de que salientase a necesidade de achegar unha “oferta formativa en todas as etapas da vida en competencias dixitais avanzadas”.

12/07/201813:07
Escola infantil.
Santiago de Compostela

A Xunta convoca axudas para dixitalizar as escolas infantís de entidades sociais

As escolas infantís de 0 a 3 anos xestionadas por entidades sociais van ter recursos de apoio para modernizarse e dixitalizarse. Así o vén de informar o Goberno galego e así se especifica no DOG de onte, onde se fan públicas axudas para obras menores de adecuación e mellora nos centros, así como para a compra de equipamento e integración das novas tecnoloxías nas aulas. O prazo para solicitar as subvencións ábrese este 12 de xullo e fica aberto até o 11 de agosto. Achégase un crédito total de 600.000 euros, co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020. 

A iniciativa, integrada no Programa de apoio á natalidade (PAN Galicia), estipula como subvencionable (entre outras melloras e engadidos) a dotación de conexión a Internet e a compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula, tales como ordenadores, encerados dixitais, gravadoras, cámaras de vídeo ou similares.

No DOG faise saber que se financiará até o 100% do investimento subvencionable e unha contía máxima por cada centro de 15.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 10.000 euros para as destinadas á compra de equipamento e mais á integración das novas tecnoloxías na aula. Cada entidade poderá percibir unha axuda máxima de 25.000 euros, con independencia do número de centros para os que presente a solicitude.

12/07/201813:05
Cartel da iniciativa.
Madrid

FEBHI finaliza o Programa de Formación Online para persoas con discapacidade de 2018

  • A Federación Española de Asociacións de Espiña Bífida e Hidrocefalia (FEBHI) a través do seu Servizo de Orientación e Intermediación Laboral, está comprometida coa mellora da empregabilidade das persoas con discapacidade.
  • Por esta razón, e tras o éxito da primeira e segunda convocatoria de 2017, este ano levou a cabo unha nova edición do seu Programa de Formación Online para persoas con discapacidade.

 

A finalidade deste programa é "mellorar a integración social e laboral de persoas con Espiña Bífida, ou outra discapacidade en gran parte do territorio nacional"

Este programa empodera ás persoas con discapacidade mellorando a súa empregabilidade para lograr así a súa integración sociolaboral, para iso contaron cunha orientación laboral personalizada na que se definiron e planificaron itinerarios de inserción consensuados e con programas formativos adaptados, que dan resposta ás súas necesidades e á súa realidade.

Esta iniciativa cobre gran parte da xeografía nacional polo que se contou cunha plataforma online, e co apoio do servizo de orientación e intermediación laboral de FEBHI e das asociacións federadas que traballan de forma cooperativa.

A Federación tamén proporcionou un apoio presencial nos casos que foi necesario.

Nesta convocatoria participaron 41 persoas (9 das cales teñen Espiña Bífida) e impartíronse en total catro cursos: 

  • Dúas edicións de "Atención ao Cliente e Community Manager". 100h
  • Dúas edicións de "Ofimática e E-mail márketing". 100h Os cursos leváronse a cabo en colaboración con ADAMS Formación, como continuidade do convenio de colaboración asinado en 2017.
  • Os cursos xa finalizaron e entregouse aos alumnos o seu correspondente diploma. Aos participantes da Comunidad de Madrid, a entrega fíxoselles durante o Taller presencial de Procura Activa de Emprego que se celebrou nas instalacións da federación.
12/07/201813:01
Blockchain.
Barcelona

Crece o interese das empresas por innovar no seu negocio mediante Blockchain

  • O Centro de Excelencia en Big Data de Barcelona de Eurecat publicou un whitepaper que recolle casos de uso de Blockchain.
  • O rexistro de pasos informáticos nun proceso, a computación distribuída e a mellora da seguridade dos sistemas DNS son algúns dos exemplos da súa implantación.

 

centro tecnolóxico Eurecat (membro de Tecnio) constatou un aumento do interese das empresas por innovar no seu negocio mediante a aplicación da tecnoloxía Blockchain, denominada tamén cadea de bloques, en paralelo ao crecemento dos recursos destinados a incrementar o coñecemento nesta área mediante proxectos de investigación, tanto a nivel catalán como estatal e europeo.

 

De acordo co director da Unidade Tecnolóxica de IT Security de Eurecat, Juan Caubet, nos últimos dous anos produciuse un "incremento da demanda de proxectos relacionados con Blockchain para modernizar algúns sectores económicos, así como do investimento de fondos públicos en investigación nesta tecnoloxía" que permite innovacións "en sectores nos que a trazabilidade e a seguridade son clave".

 

"Hai unha demanda de empresas que queren que lles axudemos a aplicar a tecnoloxía Blockchain nos seus negocios para innovar e xerar novos servizos ou produtos" e "estamos tamén preparando propostas para estudar a implantación da tecnoloxía Blockchain en novos sectores económicos", detalla o responsable de IT Security do centro tecnolóxico.

 

Caubet é coautor, xunto cos expertos de Eurecat Ramsès Fernández i Aleix Vila, do whitepaper titulado "Introduction to Blockchain Technology", publicado polo Centro de Excelencia en Big Data de Barcelona, no que se recollen diferentes casos de uso da tecnoloxía de cadea de bloques en materia de servizos dentro das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) e a Ciberseguridade.

 

voto electrónico, a computación distribuída, o rexistro de pasos informáticos nun proceso e o uso da Blockchain para mellorar a seguridade dos sistemas DNS son algúns dos exemplos que enumera o whitepaper como resumo das aplicacións máis relevantes da tecnoloxía Blockchain, que se estendeu coincidindo co auxe das criptomoedas, especialmente do bitcoin.

 

Acceso a esta noticia na Web de Eurecat.

11/07/201809:25
Tenda ILUNION Ortopedia.
A Coruña

ILUNION Saúde inaugura nova tenda de produtos de apoio na Coruña

ILUNION Saúde inaugurou no Hospital Universitario da Coruña unha nova tenda de ortopedia coas últimas innovacións en produtos de apoio, tanto físicos como tecnolóxicos. 

 

Á inauguración deste novo establecemento, acudiron o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e a conselleira delegada da División Sociosanitaria de ILUNION, Paola del Río.

 

Os asistentes visitaron as novas instalacións e puideron coñecer as últimas novidades en produtos de apoio e accesibilidade do sector que ILUNION Saúde distribúe en España de forma exclusiva. Neste sentido, coñeceron os prácticos e divertidos produtos de Firefly, pensados para os máis pequenos da casa; a cadeira Icon, que se adapta ao usuario e cambia con el; o colchón Stabilo, un sistema ergonómico para estabilizar o corpo dun paciente con problemas de equilibrio, ou o bucle magnético Ampetronic, líder mundial no deseño e a fabricación deste tipo de sistemas para persoas usuarias de audífonos ou implantes.

 

Esta nova tenda, que conta con seis traballadores, dos que dous son persoas con discapacidade, pertence ao grupo ILUNION, referente na creación de emprego de calidade para persoas con discapacidade en España.

Con esta tenda son xa sete os establecementos que ILUNION Saúde ten en España, distribuídos na Coruña, Ferrol, Toledo, Madrid, Granada e Barcelona.

 

Ampla experiencia

Cunha experiencia acumulada de máis de 25 anos, as tendas de ortopedia e produtos de apoio de ILUNION Saúde ofrecen unha ampla gama de solucións para favorecer a mobilidade, autonomía e a comunicación dos seus clientes, desde cadeiras de rodas, ata apps de comunicación, solucións de sinalización accesible, adaptación de vehículos, equipamento sociosanitario ou bucles magnéticos.

 

Así mesmo, contan cun equipo de terapeutas ocupacionais, logopedas e técnicos cunha longa experiencia en lograr a máxima calidade de vida e independencia posibles dos seus clientes, pois o seu obxectivo principal é favorecer e mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS