
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
Coa proximidade do Nadal cobra peso a aplicación móbil Xmas Time, creada pola compañía coruñesa Cunningo, e que permite que os nenos poidan vivir unha experiencia real falando con Santa Claus a través dos seus dispositivos móbiles por videoconferencia.
Esta curiosa aplicación móbil establece unha comunicación en vídeo entre os pequenos e os seus familiares, que asumen o papel de Santa mantendo unha conversa en vivo con eles, de xeito que poden ver en todo momento a súa reacción. Para non rematar coa maxia do Nadal os pícaros non saben que detrás do Santa Claus virtual están os seus proxenitores ou outros familiares, xa que a aplicación móbil modifica a voz con catro efectos diferentes, de xeito que o que escoitan é a misteriosa e máxica voz de Santa.
Xmas Time consegue así que falar con Papá Noel non sexa unha actividade limitada a centros comerciais en época de Nadal, senón que poida achegarse ao ámbito doméstico dun xeito participativo e divertido, que como incentivo moi especial ten que as videochamadas quedan gravadas, de xeito que estes recordos poden gardarse para a posteridade.
Esta aplicación móbil galega pode descargase de balde para iPhone e iPad, pero o seu uso é de pagamento, con tarifas que parten dos 2,29 euros por quince minutos até 7,99 euros por un uso ilimitado desta ferramenta que está dispoñible en 13 idiomas e que na súa versión de proba conseguiu superar as 80.000 descargas.
Tamén está a prepararse unha nova aplicación móbil que ofrecerá unha experiencia semellante de cara á Noite de Reis, que permitirá aos pequenos manter unha videochamada co seu paxe favorito mentres os país procuran negociar con eles unha carta de agasallos reducida.
A Fundación Mujeres está a organizar o XVIII Encontro de Emprendedoras e Empresarias, sesión no que buscan intercambiar e compartir ilusións e proxectos emprendedores no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio da Coruña o vindeiro día 20 en horario de mañá.
Baixo o lema de TIC, TIC. A tecnoloxía no emprendemento liderado por mulleres queren que emprendedoras e empresarias poidan xuntarse para intercambiar experiencias e coñecementos sobre o rol das Tecnoloxías da Información e a Comunicación no seu proceso de emprendemento, potenciando a visibilidade das referentes femininas no emprendemento tecnolóxico, sen esquecer os retos pendentes en relación á fenda dixital e de sexo, centrándose tanto na identificación das posibilidades de negocio que abre a innovación tecnolóxica para as mulleres como no protagonismo que xa ten a tecnoloxía na realidade empresarial no noso día a día.
O encontro botará a andar un panel de mulleres presentando nun minuto cadanseu proxecto, pasando a un panel de emprendedoras ao que seguirá un panel de empresarias que falarán das oportunidades tecnolóxicas para xestionar o seu éxito. Pechará a xornada un debate sobre as TIC no emprendemento liderado por mulleres. As persoas interesadas en acudir a esta actividade poden inscribirse en liña.
Co obxectivo de sensibilizar á comunidade escolar na necesidade de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), os Superheroes da reciclaxe recrutarán ao longo deste mes a máis de 2.300 escolares para conciencialos no da importancia de dar un tratamento axeitado a este tipo de refugallos.
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de poñer en marcha unha campaña de sensibilización para reciclar os RAEE), que no mes de decembro visitará máis de 50 centros educativos de educación infantil e primaria, que se elevarán a 350 ao longo do actual curso escolar.
Na seguinte táboa indícanse as xornadas e colexios nos que acollerán esta campaña:
Xornada
Centros educativos
Día 10
CEIP Plurilingüe de Centieiras (Fene)
CEIP San Isidro (Neda)
CRA de Oroso (Oroso)
CPR Plurilingüe Sagrada Familia (Cangas)
CEIP A Rúa (Cangas)
Día 11
CEIP Eusebio da Guarda (A Coruña)
CEIP de Bormoio-Agualada (Coristanco)
CEIP Manuel Mato Vizoso (Vilalba)
CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo (O Carballiño)
CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro (O Carballiño)
Día 12
CEIP Aquilino Iglesia Alvariño (Abadín)
EEI de Vilalba (Vilalba)
CPI da Cañiza (A Cañiza)
EEI A Marisma (Redondela)
Día 13
CEIP de Cespón (Boiro)
CPI Dr. López Suárez (Friol)
CPI Plurilingüe Laureano Prieto (A Gudiña)
CEIP Bibei (Viana do Bolo)
CEIP Cabada Vázquez (A Estrada)
CEP de Sabarís (Baiona)
Día 14
EEI de Lañas (A Baña)
CPI A Xunqueira (Fene)
CEIP Albeiros (Lugo)
CEIP O Castiñeiro (Laza)
CEIP de Oímbra (Oímbra)
CEP Carlos Casares (Salvaterra de Miño)
Día 17
CEIP Plurilingüe de Tarrío (Culleredo)
CEIP de Ponzos (Ferrol)
CEIP Campomaior (Ordes)
EEI Bispo Teodomiro (Santiago de Compostela)
CEIP Vistahermosa (Ourense)
CPI do Toural (Vilaboa)
Día 18
CEIP Curros Enríquez (A Coruña)
EEI de Sabaxáns (Brión)
CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira (Ferrol)
CEIP Plurilingüe Albino Núñez (Ourense)
CEIP de Noalla-Telleiro (Sanxenxo)
Día 19
CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo)
CPR Plurilingüe La Salle (Ferrol)
CPI Tino Grandío (Guntín)
CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal (Vigo)
CEIP Nosa Señora da Piedade (Vila de Cruces)
Esta mesma semana (o luns 3, martes 4 e mércores 5) tamén visitaron os seguintes centros: CEIP A Cristina (Carballo), CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz (Touro), CEIP de Tenorio (Cerdedo-Cotobade), CEIP do Carballal (Marín), CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro), EEI San Roque (Viveiro), CEIP Padre Feijoo (Allariz), CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas (Bande), CEIP Plurilingüe Curros Enríquez (Celanova), CEIP Santa María (A Fonsagrada), CEIP de Cervo (Cervo), CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo), CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove), CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares (Vigo).
Para acadar que as novas xeracións de galegos teñan coñecemento da importancia da reciclaxe dos residuos e, concretamente, dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, trasladaráselle dunha maneira amena e moi didáctica a través das personaxes dos Bolechas, pautas e coñecementos para o correcto tratamentos dos residuos.
Os Bolechas -personaxes moi coñecidos para a cativada galega desde hai case dúas décadas- converteranse nos Electrecos, nos superheroes da reciclaxe de RAEE; polo que Ecocarlos, Ecobraulio, Ecopili, Ecololi, Ecosonia, Ecotatá e, como non, Ecochispa serán os encargados de recrutar superheroes da reciclaxe.
Contarán cunha gran variedade de materiais de todo tipo: contos, teatro, audiovisuais, xogos, unidades didácticas, cadernos de exercicios, adhesivos, folletos etc....co obxectivo de formar un gran movemento de superheroes da reciclaxe e defensores do planeta.
Xunto coas visitas presenciais, pose en marcha unha área virtual (www.oqueseenchufareciclase.gal/osbolechas) con material informativo e didáctico, así como xogos e actividades para que todos os centros educativos da comunidade poidan traballar este tema.
Divertirse e aprender
Todas as propostas dos Electrecos van destinadas a ensinar, dunha forma didáctica pero divertida, como se deben tratar os RAEE. Trátase de que, mediante unha información adecuada e amena, a través do xogo, a experimentación e o traballo en equipo, as nenas e os nenos se convertan nos maiores defensores do planeta a través do correcto tratamento dos RAEE.
Unha ambiciosa acción destinada a xestionar mellor un tipo de residuos en aumento na nosa contorna, pero tamén para insistir na importancia da correcta xestión de todo tipo de residuos, nas boas prácticas de consumo e na responsabilidade que temos como individuos e como sociedade na sustentabilidade medioambiental.
Esta iniciativa -que conta coa colaboración e apoio de RAEE: Ambilamp, Ecoasimelec, Ecofimática, Ecolec, Ecolum, Eco-Raee´s, Ecotic, y Erp-, está enmarcada dentro da campaña ‘Oqueseenchufarecíclase’, que ten por obxectivo concienciar á sociedade galega na necesidade de mellorar as prácticas de reciclaxe e tratamento deste tipo de residuos.
Un total de dez centros escolares de toda Galicia incorporan por primeira vez neste curso Espazos Maker, unha acción da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para fomentar as competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre o alumnado.
Trátase do IES Sofía Casanova (Ferrol), CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame), IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela), IES Monte das Moas (A Coruña), IES Isaac Díaz Pardo (Sada), IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela), IES de Porto do Son (Porto do Son); IES A Xunqueira II (Pontevedra), IES República Oriental do Uruguai (Vigo) e IES Primeiro de Marzo (Baiona), tal como se pode ver no portal da Consellería no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26512 .
Os Espazos Maker foron concibidos como zonas específicas dentro dos centros escolares, dotadas cos medios tecnolóxicos necesarios para que o alumnado poida materializar a súa creatividade a través de proxectos propios de experimentación, isto é, “aprender facendo”.
Cada un destes centros recibe unha achega de 2.000 euros por parte da Consellería para poñer en marcha o seu Espazo Maker, así como unha dotación de material específico que inclúe un equipo de procesado audiovisual (con estación de procesado, pantalla grande e dúas tabletas), equipamento audiovisual (cámara dixital de foto e vídeo con obxectivos intercambiables e trípode, trípode de alta estabilidade, gravador de audio, cascos auriculares, sistema de gravación completo, equipo multifunción color tamaño A3 e escáner 3D), e mobiliario metálico (composto por carro para desprazar pequena equipación e banco de traballo ou superficie fixa de traballo para maquinaria).
A dotación complétase con pequena maquinaria e ferramenta como trade eléctrico de gran potencia, trade de batería, mini trade de bricolaxe, lixadora delta e set completo de lixas de diferente grao e para materiais distintos, caladora con set completo de follas de corte, sistemas de aspiración de seco e húmido semiprofesional, cortadora-fresadora CNC, conxunto de ferramenta manual, soldador de estaño, conxunto de coitelos de precisión pistolas de pegamento termofusible e de aire e máquina de coser.
Enmarcada na Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020, esta acción é unha das medidas novidosas no ámbito STEM deseñadas pola Consellería e que inclúe tamén a posta en marcha, por primeira vez neste curso, do Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxías, o STEMbach (con 200 alumnos de 15 centros); e o primeiro campamento científico-tecnolóxico en inglés, a STEMweek (que se desenvolveu entre agosto e setembro).
Estas tres novas medidas –o STEMbach, os Espazos Maker e a STEMweek– súmanse ás xa desenvoltas no curso pasado como a Semana STEM e a ampliación de Robótica en Primaria (con kits que chegan xa a 159 centros públicos) , ou os Clubs de Ciencia.
En total, todas estas iniciativas implican un investimento por parte da Consellería de preto dun millón de euros.
Entre os días 10 e 20 de decembro 1.478 alumnos de educación infantil de 32 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.
Así, os escolares de Educación Infantil de Muros, Celanova, Marín e Barreiros serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o luns 10 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada localidade.
Por toda Galicia
Nos seguintes días, ata o 20 de decembro inclusive, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, Arzúa, Bande, Bearíz, Betanzos, Boiro, A Cañiza, Carballedo, Castrelo do Miño, Castro Caldelas, Catoira, Cerceda, Ferrol, Fisterra, Leiro, Narón, Negreira, Ourense, Ortigueira, Pontedeume, Quiroga, Santa Comba, Sarreaus, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo e Xunqueira de Ambía, ata completar así as 31 localidades que recibirán a visita virtual do noso Papá Noel e un total de 48 sesións
Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado maior de idade do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos e o alumnado con necesidades educativas especiais de Vilagarcía de Arousa
O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu undécimo aniversario e que conta cun gran interese e aceptación entre a comunidade educativa, será facilitar a comunicación entre Papá Noel e os nenos e nenas destas localidades, que poderán falar un por un e interactuar con el poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.
Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen.
A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.
A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en: http://cemit.xunta.es/centros.
LUNS
10 DECEMBRO
10:00
MUROS
EEI DE MUROS
10:30
CELANOVA
SAGRADO CORAZÓN
11:00
MARÍN
EEI O GRUPO
12:30
BARREIROS
C.E.I.P. San Cosme
MARTES
11 DECEMBRO
10:00
VALGA
CRA VALGA
10:30
CASTRELO DE MIÑO
CEIP CASTRELO MIÑO
11:00
BOIRO
CEIP SANTA BAIA
11:30
BOIRO
CEIP SANTA BAIA
12:00
VALGA
CRA VALGA
MÉRCORES
12 DECEMBRO
10:30
BARREIROS
C.E.I.P. San Miguel
11:00
ARZÚA
CEIP ARZÚA
11:30
BANDE
CAS BANDE
XOVES
13 DECEMBRO
10:00
PONTEDEUME
CPI ATOCHA
10:30
PONTEDEUME
CPI ATOCHA
11:00
SARREAUS
CPI de Sarreaus
11:30
BETANZOS
PAI MENI - Ed. Especial
12:00
XUNQUEIRA DE AMBIA
Colegio Padre Crespo
VENRES
14 DECEMBRO
10:30
NEGREIRA
FUNDACION DISCAPACITADOS PSIQUICOS VAL DE BARCALA
11:00
CELANOVA
CURROS ENRÍQUEZ
11:30
BETANZOS
Escola Infantil Municipal
12:00
FERROL
CEIP Recimil
12:30
ARZÚA
NOSA SRA. ROSARIO
13:00
NEGREIRA
CEIP O COTO
LUNS
17 DECEMBRO
10:00
ORTIGUEIRA
CEIP José Mª Lage
10:30
SANTA COMBA
CPR Plurilingüe Nuestra Señora Inmaculada
11:00
FISTERRA
MAR DE FORA / AREOUTA
11:30
ORTIGUEIRA
CEIP José Mª Lage
12:00
FISTERRA
NOSA SEÑORA DO CARME
12:30
LEIRO
C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán
MARTES
18 DECEMBRO
10:00
OURENSE
CEIP As Mercedes
10:30
CAÑIZA, A
CPI DA CAÑIZA
11:00
ABEGONDO
CEIP SAN MARCOS
11:30
CAÑIZA, A
CEIP DE VALEIXE
12:00
CERCEDA
CPI O CRUCE
12:30
VILAGARCÍA
CPR SAN FRANCISCO
13:00
VILAGARCÍA
CEE VILAGARCIA - disc. Funcional
MÉRCORES
19 DECEMBRO
10:30
CERCEDA
CPI O CRUCE
11:00
VIMIANZO
CEIP SAN VICENZO
11:30
VICEDO, O
CEIP O VICEDO
12:00
VIMIANZO
CEIP SAN VICENZO
12:30
CATOIRA
CPI PROGRESO DE CATOIRA
13:00
VICEDO, O
CEIP O VICEDO
XOVES
20 DECEMBRO
10:00
NARÓN
A SOLAINA
10:30
NARÓN
A SOLAINA
11:00
BEARÍZ
CEIP de BEARÍZ
11:30
CARBALLEDO
CEIP XOSE LUIS TABOADA
12:00
CASTRO CALDELAS
CEIP VIRXE DOS REMEDIOS
12:30
QUIROGA
CEIP DE QUIROGA