
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
Poñer o foco nas redes sociais máis comúns e no seu importante potencial para facer comunidade e fronte común a prol da igualdade e o activismo. Este é un dos grandes obxectivos do obradoiro Socializándose coas Redes: Facebook, Twitter e Blog, que organiza os días vindeiros (a partir do 7 de outubro en horario de 10.00 a 13.00 horas) a Asociación Rede Veciñal de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo, en colaboración co Concello e a Deputación de Pontevedra.
O obxectivo é loitar contra as fendas dixitais e familiarizar ás mulleres do concello co uso dos principais servizos tecnolóxicos de comunicación e mobilización, amais de favorecer a súa empregabilidade. O curso, que remata o 13 de novembro e ten unha duración de 35 horas (e un custe de 6 euros), desenvolverase na Oficina Municipal do Distrito Casco Vello de Vigo, no 12 da rúa da Oliva. Para máis información cómpre chamar ao 986 222 328 ou ao 670 455 431. Tamén se poden solicitar máis datos no propio local da rúa Oliva, sede da asociación. As prazas do curso son limitadas.
A aula Cemit de Celanova acollerá unha das sesións das xornadas de novas tecnoloxías organizadas polo Colexio Oficial de Enxeñería en Informática (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega). As sesións, centradas en robótica, pilotaxe de drons, creación de aplicacións, videoxogos e animación 3D, chegarán á vila este venres, día 6, co título "Robótica para tod@s".
O taller ensinará aos mozos como programar un robot mesturando algoritmos e linguaxes co funcionamento das distintas máquinas. Destinada a mozos de entre 9 e 16 anos, esta iniciativa ten como obxectivo achegar a programación electrónica dunha forma entretida, facendo que os participantes interactúen co mundo real a través dos sensores e actuadores dun robot.
Para iso, usarán o Mbot, un robot comercial que dispón das ferramentas necesarias para superar mini retos cos que o alumno aprenderá un algoritmo diferente de programación. Un deses retos consistirá na superación dun circuíto de competición.
O taller de robótica forma parte do programa "TechKids", que chegará tamén aos municipios de Arzúa, Moaña, Abegondo, Fonsagrada, San Sadurniño e O Porriño.
SmartPEME, a rede da Deputación de Pontevedra para a capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da provincia, volve este mes de setembro con novas accións encamiñadas a facer avanzar a dixitalización e a competitividade. Para a comarca de Vigo, trátase de 19 novas accións formativas a desenvolver nas oficinas de SmartPEME en Ponteareas, Vigo e Porriño. A estas citas cómpre sumar as sete previstas para a oficina de Pontevedra (sede Deputación) e outras seis en Cambados, ás que cómpre engadir seis obradoiros máis en Lalín. En total, 38 obradoiros dados a coñecer. As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.
Todas estas citas teñen o nexo común de facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”. No que atinxe ás actividades da contorna viguesa, a oficina SmartPEME de Vigo acollerá este mes de setembro os seguintes obradoiros: Mellora o Impacto da túa Web Grazas a Google Analytics, que terá lugar o xoves 5 de setembro das 18 ás 21 horas; Mellora o teu Posicionamento Web con Google Search Console, o martes 10 de setembro de 19 a 21 horas; Emprendemento: Oportunidades e Ferramentas, o xoves 12 de setembro das 19 ás 21 horas; Inbound márketing, o martes 17 de setembro das 19 ás 21 horas; O teu Contido Efémero: Stories en Facebook e Instagram, o xoves 19 de setembro, desde as 19 ás 21 horas; Responsabilidade Social Corporativa para PEME, Persoas Autónomas e Emprendedoras, o martes 24 de setembro das 19 ás 21 horas, e Promoción e Comercialización de Actividades Turísticas en Liña, o xoves 26 de setembro das 17 ás 19 horas. A oficina SmartPEME de Vigo, na sede da Deputación da cidade, atópase na rúa Oporto, núm. 3.
A oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: Mellora o Impacto da túa Web Grazas a Google Analytics, o martes 3 de setembro das 18 ás 21 horas; Mellora o teu Posicionamento Web con Google Search Console, o xoves 5 das 19 ás 21 horas; Vídeo co teu Smartphone: Crea, Grava e Edita como un Profesional, o martes 10 de setembro das 18 ás 21 horas; Xestión e Comercialización de Vivendas e Apartamentos Turísticos, o martes 17 de setembro das 17 ás 19 horas; Experiencias SmartPEME: Grupo Drongal, o martes 24 de setembro, das 19 ás 21 horas, e Era unha Vez o Cliente: da Captación á Fidelización, o xoves 26 de setembro das 19 ás 21 horas. A oficina SmartPEME do Porriño, no Multicentro do Concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.
Polo que se refire á oficina de Ponteareas, as quendas comezan o xoves 5 de setembro con Mellora o Impacto da túa Web Grazas a Google Anaylitics, que terá lugar desde as 18 ás 21 horas, e continuarán o 10 de setembro con Mellora o teu Posicionamento Web con Google Search Console, que se desenvolverá das 19 ás 21 horas. O resto dos obradoiros son os seguintes: Vende os teus Produtos en Facebook e Instagram, o xoves 12 de setembro das 19 ás 21 horas; Apps de Edición: Sácalle Partido ao teu Instagram, o martes 17 de setembro das 18 ás 21 horas; Como Utilizar Instagram para Promover a túa Empresa, o xoves 19 de setembro das 19 ás 21 horas, e Xestión e Comercialización de Vivendas e Apartamentos Turísticos, que terá lugar o martes 24 de setembro, das 17 ás 19 horas. A oficina SmartPEME de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, núm. 5.
No que se refire a Cambados, as quendas comezan con O teu Plan de Márketing Dixital Paso a Paso, que terá lugar o xoves 5 de setembro das 18 ás 21 horas; Desenvolve a túa Propia Estratexia de Email Márketing, o xoves 12 de setembro de 19 a 21 horas; Mellora o Impacto da túa Web Grazas a Google Analytics, o martes 17 de setembro de 18 a 21 horas; Copywriting para a Promoción de Tours, Experiencias e Actividades, o xoves 19 de setembro, de 17 a 19 horas; Experiencias SmartPEME: A Quinta de San Amaro, o martes 24 de setembro, de 19 a 21 horas, e, por último, Vende os teus Produtos en Facebook e Instagram, o xoves 26 de setembro, de 19 a 21 horas. A oficina SmartPEME de Cambados atópase no Centro ExpoSalnés, no paseo da Calzada s/n.
O programa da sede da propia Deputación en Pontevedra comeza este martes 3 de setembro con Inbound Márketing, das 19 ás 21 horas, e continuarán o xoves 5 de setembro co obradoiro Copywriting para a Promoción de Tours, Experiencias e Actividades, que se desenvolverá das 17 ás 19 horas. As outras accións formativas son as seguintes: Desenvolve a túa Propia Estratexia de Email Márketing, o martes 10 de setembro, das 19 ás 21 horas; Crea unha Campaña de Email Márketing con MailChimp, o xoves 12 de setembro, das 19 ás 21 horas; Emprego de Vídeo nas Redes Sociais: YouTube, o martes 17 de setembro, das 19 ás 21 horas; Vídeo co teu Smartphone: Crea, Grava e Edita como un Profesional, o xoves 19 de setembro, das 18 ás 21 horas, e Mellora a túa Presenza en Liña Promovendo as Entradas do teu Blog, o martes 24 de setembro das 19 ás 21 horas.
As novas citas do mes na oficina SmartPEME de Lalín serán Xestión e Comercialización de Vivendas e Apartamentos Turísticos, que terá lugar o martes 3 de setembro de 17 a 19 horas; Apps de Edición: Sácalle Partido ao teu Instagram, o xoves 5 de setembro de 18 a 21 horas; O teu Plan de Márketing Paso a Paso, o martes 10 de setembro de 18 a 21 horas; Como Utilizar Instagram para Promover a túa Empresa, o xoves 12 de setembro de 19 a 21 horas e, por último, O teu Contido Efémero: Stories en Facebook e Instagram, o martes 17 de setembro de 19 a 21 horas. Por outra banda, na Estrada desenvolverase o obradoiro Fotografía os teus Produtos ou Servizos para as Redes Sociais, o mércores 25 de setembro de 19 a 21 horas. A oficina SmartPEME de Lalín, no Viveiro de Empresas situado no Polígono Lalín 2000, atópase na parcela E deste espazo.
Datos sobre o Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos. O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas, Vigo, A Estrada e Barro, abrangue as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
Logo do peche de verán, o Concello de Ames informou hoxe da apertura da súa aula CeMIT, que comeza o mes con novidades importantes relativas ao seu labor permanente de divulgación e alfabetización tecnolóxica. A programación de cursos de setembro inclúe incorporacións como un curso en familia e maila ampliación nos horarios de cursos para adultos, con dúas horas por sesión.
Respecto da ampliación do horario, tivo a súa primeira quenda a pasada primavera, acadándose resultados moi satisfactorios por parte da veciñanza. En base a isto, este setembro as clases pola mañá serán de 10:30 a 12:30 horas e polas tardes de 18:00 a 20:00 horas. Respecto da outra novidade, o curso en familia, será unha actividade formativa onde pais e nais poderán matricularse cos seus fillos e fillas para aprender xuntos/as. Esta nova iniciativa porase a funcionar cunha actividade sobre a ferramenta de programación Scratch, moi axeitada para aquelas usuarios e usuarios que estean a dar os seus primeiros pasos na construción de programas e de aplicacións. Esta actividade desenvolverase o luns 9 de setembro, en horario de 9:30 a 13:30 horas. Segundo lembra o Concello, Scratch é unha linguaxe de programación por bloques “moi visual e adecuada para que os rapaces e rapazas comecen a usar a lóxica da informática na programación”, dando pé a que logo afonden na robótica educativa e outros eidos máis avanzados da tecnoloxía e da robótica.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou hoxe o compromiso coa formación nas novas tecnoloxías e a accesibilidade das actividades organizadas ao abeiro da Campaña de Verán da Xunta de Galicia. Fabiola García, acompañada pola directora da Amtega, Mar Pereira, visitou os dous campamentos que se están a desenvolver no albergue xuvenil de Gandarío, un centrado na innovación e outro nas actividades deportivas e de ocio orientado para mozas e mozos con discapacidade.
A conselleira indicou que soamente nesta temporada estival pasaron por estas instalacións da Xunta en Gandarío 860 rapazas e rapaces repartidos en 15 campamentos. Na actualidade hai 80, dos cales 50 están a participar no campamento tecnolóxico Digitalia, no marco do Plan DigiTalent.
Neste campamento aprenden dunha maneira lúdica a técnica do vídeo mapping, que consiste na elaboración de vídeos para a súa representación nocturna sobre edificios; a crear, controlar e voar drons; e a empregar ferramentas informáticas para construír e poñer en funcionamento robots.
Habilidades fundamentais para o día de mañá
Fabiola García, que agradeceu á Amtega o seu compromiso coa formación da xuventude en materia de innovación e tecnoloxía, salientou que este campamento é unha experiencia enriquecedora que permite aos participantes adquirir coñecementos e habilidades que lles serán de gran valor no día de mañá se optan por unha saída profesional relacionada cos avances tecnolóxicos. Estes participantes combinan a súa formación con actividades na praia e no mar como vela, kaiak, snorkel ou paddle surf, entre outras.
Pola súa banda, a directora da Amtega, Mar Pereira, destacou a importancia de impulsar as vocacións tecnolóxicas en idades temperás e lembrou que ese é un dos obxectivos do Plan DigiTalent que a Xunta puxo en marcha o ano pasado en colaboración co ecosistema dixital.
Campamento específico para discapacidade
Ademais desta actividade tecnolóxica, no albergue de Gandarío está a ter lugar outro campamento no que conviven 30 mozas e mozos con algún tipo de discapacidade. Ao longo do verán foron 90 as prazas reservadas para xente nova con algún tipo de discapacidade nestas instalacións plenamente adaptadas, fronte as discapacidades físicas e tamén cognitivas grazas á instalación de pictogramas, sinalizacións mediante debuxos dos diferentes servizos e espazos deste albergue.