main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

17/08/202109:46
Man usando un rato diante dunha pantalla.
Porto do Son

En Porto do Son a poboación desempregada poderá formarse en competencias TIC

A rede CeMIT vai organizar en Porto do Son, na aula de informática da Casa da Cultura de Porto do Son un obradoiro tecnolóxico para mellorar a formación das persoas que estean á procura dun posto laboral. O taller Competencias dixitais para desempregad@s vaise desenvolver a partir do 19 de agosto, os martes e xoves, en horario de 10.00 a 12.00 horas.

As persoas que requiran máis información sobre a actividade poderán recadala na área de Benestar Social do Concello, a través do teléfono 981 867 414. Trátase dunha actividade de balde que introducirá aos participantes no uso de computadores e de Internet e de como tirar proveito da Rede para atopar formación e emprego.

17/08/202109:38
Cartel da iniciativa.
Bergantiños

A Asociación Visibles formará en competencias dixitais básicas ás mulleres de Malpica e Ponteceso

A Asociación Visibles, con sede en Buño (Malpica), deu un novo impulso á súa liña de traballo máis envorcada no plano tecnolóxico, achegando competencias dixitais para favorecer as opcións de emprego das mulleres do ámbito rural, amais da súa autoconfianza e a súa motivación. Froito deste compromiso contra a fenda dixital, a asociación impulsou dúas accións formativas a celebrar en Malpica (no Centro Cívico, do 30 de outubro ao 30 de novembro) e Ponteceso (no Edificio Melga, do 30 de outubro ao 30 de novembro).

Trátase do curso Aprendizaxes básicas dixitais e transversais, argallado en colaboración coa Concellería de Política Social e co Fondo Social Europeo. A programación divídese en obradoiros presenciais grupais e titorías individuais en materia de competencias dixitais e transversais, emprendemento e orientación laboral e adestramento motivacional e psicolóxico. A actividade formativa vai dirixida a mulleres en procura de emprego ou a todas aquelas, que aínda estando en activo, queiran mellorar o seu perfil profesional a través do desenvolvemento de habilidades dixitais e transversais (sociais, laborais e emocionais). Non se precisan coñecementos previos nin é mandatorio residir no concello no que se imparte a formación. Para máis datos cómpre chamar ao 687 99 66 33 ou enviar un correo a info@asociacionvisibles.com (prazas moi limitadas).

17/08/202109:28
Olga López.
Lugo

O Concello de Lugo e ACADAR achegarán formación TIC para as mulleres en risco

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Benestar que dirixe Olga López, achegará nos meses de agosto e setembro catro obradoiros para favorecer a integración de mulleres con diversidades funcionais ou motrices. As actividades, que veñen da man da organización ACADAR (e contan coa colaboración de Benestar de Lugo), englóbanse baixo o epígrafe Emprego e saúde a través do empoderamentoUn dos seus piares básicos serán as novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación como ferramentas para lograr unha vida máis plena, avanzar en integración e, por suposto, en empregabilidade.

Realizaranse catro obradoiros nos que se traballará a sexualidade feminina, o manexo das TIC (Tecnoloxía da Información e Comunicación), as habilidades de comunicación e a autoestima e autoconcepto. Os obradoiros serán de 10.00h a 13.00h, os días 23, 25 e 30 de agosto e no mes de setembro, no mesmo horario os días 1, 6, 8, 13 e 15, en dúas quendas, os luns e mércores. 

ACADAR foi constituída no 2009 por un grupo de mulleres con inquietudes e desexos comúns de alcanzar a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade de Galicia. É unha entidade que carece expresamente de ánimo de lucro e que promove, coordina e reivindica a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara a súa plena integración e participación en tódolos ámbitos da sociedade.

17/08/202109:25
Cartel da iniciativa.
Abegondo

Abegondo prepara as persoas desempregadas na nova comunicación empresarial

Concello de Abegondo, a través da súa aula CeMIT, vai ofrecer unha actividade de formación gratuíta sobre información, ventas e atención ao cliente. Celebrarase na recta final do verán, os días 6, 7, 8 e 9 de setembro.

O obradoiro, especialmente destinado para persoas maiores de 30 anos e desempregadas, desenvolverase en colaboración coa asociación de acción social Red Araña. O horario será de 15.00 a 19.00 horas. Serán 20 horas de actividade formativa. O curso insírese na estratexia do Concello por favorecer a transformación profesional e a empregabilidade entre a veciñanza.

17/08/202109:14
Man usando un rato diante dunha pantalla.
Boiro

As mulleres e colectivos vulnerables de Boiro poderán formarse en soporte de tecnoloxías da información

aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece formación gratuíta para obter o certificado profesional para soporte de tecnoloxía da información. O curso, orientado a mulleres ou colectivos vulnerables, vaise impartir de forma telemática na aula CeMIT entre os meses de setembro e novembro en horario de mañá.

Trátase dunha actividade formativa organizada en cinco módulos que se organizan do seguinte xeito: Aspectos básicos da asistencia técnicaOs bits e bytes das redes informáticasSistemas operativos: converterse nun usuario avanzadoAdministración de sistemas e servizos de infraestrutura de IT; e Seguridade Informática: defensa contra artes escuras dixitais.

Toda a información sobre esta actividade formativa na Aula CeMIT do Concello de Boiro está dispoñible de xeito presencial no primeiro andar do Centro Social de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou no teléfono 981 84 26 35.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS