main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

21/07/2019
Cartel dos premios.
Lugar: Online

XIII Premios Vodafone á Innovación

A Fundación Vodafone España convoca a XIII Edición dos seus "Premios Vodafone á Innovación" co obxectivo de promover e desenvolver proxectos de innovación en TIC para mellorar a calidade de vida de sectores da poboación que se atopen nunha situación de vulnerabilidade ou nunha posición de risco de caer na exclusión social.

A finalidade da convocatoria é a de apoiar a aparición de servizos innovadores, especialmente dirixidos ao beneficio dos devanditos grupos, que poidan ter unha ampla repercusión polo seu interese, novidade e potencialidade na promoción da transformación dixital, así como a súa contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) de Nacións Unidas.

13/07/2019 De 09:30 a 18:30 h.
Cartel da iniciativa.
Lugar: Edificio Miralles, CUVI, Vigo

Django Girls en Vigo

Django Girls é unha asociación global sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo é achegar a todas as mulleres ao mundo da programación. Tras pasar por numerosas cidades de todo o mundo, chega a Vigo o taller de programación en Django orientado á creación de páxinas web.

A finalidade da xornada é dotar das capacidades necesarias para realizar un blogue e publicalo na rede. Para iso contarase no obradoiro coa colaboración de profesionais do sector que farán de mentores durante toda a xornada.

11/07/2019
Logo Mundos Dixitais.
Lugar: A Coruña

XVIII Edición Mundos Dixitais

Mundos Dixitais é un Congreso Internacional de Animación, VFX, e Novos Media no que se dan cita algúns dos mellores profesionais da industria dos contidos dixitais, artistas, estudantes e persoas interesadas no mundo dos gráficos por computador para descubrir, debater e facer networking.

Mundos Dixitais celébrase do 11 ao 13 de xullo na Coruña (España). Cada ano o seu ambicioso programa reúne a destacados profesionais de cada sector que comparten os seus proxectos e experiencias profesionais a través de conferencias.

A través das súas actividades, Mundos Dixitais promove as sinerxias entre os diferentes actores da industria, apoia a creatividade e o debate, fomenta a creación de emprego e convértese no punto de encontro do talento, os proxectos creativos e innovadores e os contidos dixitais.

10/07/2019 De 16:00h a 19:00h
Cartel do evento.
Lugar: Sede Afundación A Coruña - Cantón Grande, 8

Descobre os segredos da creación da animación 3d e os videoxogos

Neste taller gratuíto mostraremos todos os trucos e métodos necesarios para poder crear personaxes de animación 3D e efectos visuais feitos por computador. Ensinarémosche como se crean os personaxes virtuais, a animación 3d ou os efectos dixitais que ves nas películas a través de exemplos reais de efectos visuais de todo tipo, pasando pola animación, a publicidade, o cinema ou o mundo dos videoxogos.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS