Xornada Final de Tech Kids
A “Xornada Final de Tech Kids” contará coas seguintes actividades para rapaces e rapazas de entre 10 e 17 anos:
- Tech Escape Room (1º Premio #Apuntastech?): xogo de escape onde se potencia o traballo cooperativo e colaborativo a través da resolución de enigmas e crebacabezas.
- Drone Led Racing (Pilotaxe de drons): disfruta da experiencia de voar e pilotar drons mentres se aprenden aspectos técnicos e da contorna de xeito atractivo.
- Microbit Experience: obradoiro para a realización de divertidos programas para crear emojis en movemento, enviar mensaxes secretos entre microbits (pequenos ordenadores programables), ademais de programar varios xogos como o de cara ou cruz ou realizar un dado electrónico.
- Leap Motion (Obradoiros formativos): sensor de movemento controlado por ordenador mediante xestos no aire onde debuxar, mover estruturas e construír coas túas mans o que se nos vai reflexando no videoxogo.
- Electric Paint (Tecnoloxía xestual): experimentos con pintura condutiva que funciona sobre multitude de superficies como a roupa, os mobles, as paredes e tela.
- A maxia do cine (Chroma Key): obradoiro onde os/as nenos/as poderán converterse en protagonistas do súa propia aprendizaxe mediante a realización de escenas das súas películas favoritas a través da creación dun escenario virtual.









