main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

22/01/2020 De 09:00 a 12:00 h
Cartel da iniciativa.
Lugar: Abanca Vigo (Avenida de García Barbón, 1-3)

ISMS Forum Galicia - Xornada de innovación e emprendemento en ciberseguridade

O capítulo galego de ISMS Forum celebra unha xornada de innovación e emprendemento en ciberseguridade o vindeiro 22 de xaneiro na sede de Abanca en Vigo (Avenida de García Barbón, 1-3), de 9:00 a 12:00 horas. Co obxecto de promover as iniciativas de emprendedores en ciberseguridade, ISMS Forum Galicia aposta pola creación dun modelo de relación entre empresas, profesionais e emprendedores co fin de apoiar e fortalecer o sector da ciberseguridade.

A presentación correrá a cargo de Roberto Baratta, Director of Loss Prevention, Business Continuity and Security, e DPO (Abanca), así como Board member de Global ISMS Forum; e Susana Rey, DPO en R y Board member de ISMS Forum Galicia. Durante a xornada, exporanse algunhas das iniciativas máis relevantes no sector e coñeceranse os proxectos da man de startups como AuthUSB, DirectDump, ImprOTech, Redbee, DooingIT ou Blackarrow

20/01/2020
Logo Pioneiras IT.
Lugar: Online

Premio Pioneiras IT

O Colegio Oficial de Ingeneiros de Telecomunicación vén de poñer en marcha a iniciativa "Premio Pioneras". Con esta iniciativa, que terá carácter anual, buscan á Pioneira do ano entre esas mulleres, Enxeñeiras de Telecomunicación, que tiveron a coraxe de escoller esta vocación cando ningunha o facía, que foron perseverantes e tenaces, que demostraron cos seus logros a súa valía profesional, que romperon barreiras no sector público ou na empresa, que marcaron o camiño para as que viñeron despois e, en definitiva, non só impulsaron o desenvolvemento tecnolóxico senón tamén o desenvolvemento da nosa sociedade.

O prazo para presentar candidaturas está aberto ata o próximo 20 de Xaneiro. Toda a información pódela consultar en Premio Pioneras IT.

Anímate a participar e a contribuir na identificación do talento e a premiar a aquelas mulleres que hai anos abriron camiño e sentaron precedente para as xeracións futuras.

17/01/2020
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Concurso de debuxo “Captura a sociedade dixital!”

Buscamos que alumnos e alumnas de Educación Primaria, de entre 5 e 12 anos, combinen o seu talento creativo para o debuxo coa súa visión do futuro. O obxectivo é que plasmen nun debuxo o impacto que terá a dixitalización na sociedade galega no 2030: o uso das TIC, novos hábitos e necesidades que xorden pola transformación dixital, as oportunidades derivadas da aplicación das novas tendencias dixitais, etc.

17/01/2020
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Concurso de microrrelatos “Viaxe ao 2030”

Queremos que os estudantes de ESO ou Bacharelato, de entre 11 e 18 anos, activen o seu enxeño e capacidade imaxinativa para describir o futuro. A través dun microrrelato no que describan como imaxinan que a transformación dixital impactará nas nosas vidas nos 10 próximos anos.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS