main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

21/11/2019 De 16:00h a 18:30h
Cartel do evento.
Lugar: Centro Demostrador TIC. CNTG

#MesD Multimedia: Iniciación ao retoque fotográfico con GIMP

As imaxes son un recurso utilizado en moitos medios, tanto impresos como dixitais, e unha forma de gardar os nosos recordos para que perduren no tempo. Pero as imaxes que obtemos das cámaras fotográficas na maior parte dos casos non as podemos usar directamente, necesitamos facerlles transformacións e adaptalas ás nosas necesidades.

Necesitamos dispor dunha ferramenta libre, versátil, fácil de usar e potente ao mesmo tempo como é GIMP.

Neste curso, búscase dotar as persoas participantes dos coñecementos e as habilidades necesarios para crear contidos e imaxes de calidade, a través de ferramentas dixitais de software libre de retoque e deseño fotográfico.

12/11/2019 De 16:00h a 18:30h
Cartel do evento.
Lugar: Centro Demostrador TIC. CNTG

#MesD Multimedia: Edición de vídeo con Adobe Premiere Pro 2019

Neste curso imos ver os conceptos básicos da realización e edición de vídeos. Isto axudaranos a ter unha linguaxe audiovisual máis avanzado e a coñecer as ferramentas básicas da posproducción. Estes coñecementos farán que teñades unha mellor comunicación á hora de realizar calquera produción audiovisual con provedores, compañeiros de traballo ou reunións sobre mercadotecnia ou comunicación. Ademais obteredes as habilidades básicas necesarias para realizar un vídeo sinxelo.

28/10/2019 11:15 h.
Cartel do evento.
Lugar: Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura, Monte Gaiás - Santiago de Compostela

Conferencia "Xemelgos Dixitais e o reto dos buques intelixentes"

En virtude do convenio subscrito entre a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, no que se recollen actividades de formación, divulgación e asesoramento á sociedade en xeral, desde a AETG organizamos a conferencia Xemelgos Dixitais e o reto dos buques intelixentes, impartida por Donato Martínez Pérez de Rojas, Juan Ignacio Silvera Vez e Carlos Blanco Seijo.

Durante a mesma, os relatores, enxeñeiros expertos na materia, ofrecerán unha visión xeral do plan de transformación que dará lugar ao Xemelgo Dixital no entorno da construción naval, abordarán os retos e oportunidades desta tecnoloxía e a súa implicación no ecosistema naval e marítimo, finalizando cunha exposición dun caso de aplicación nos futuros buques da Armada Española.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS