main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

16/04/2020 De 10:00 a 10:45 h
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Recomendacións Ciberseguridade e Privacidade #CiberCOVID19

O obxectivo da sesión é axudar ás empresas a mellorar a súa ciberseguridade aportando consellos e solucións nos eidos da protección de datos e o teletraballo seguro.

15/04/2020
Cartel dá iniciativa.
Lugar: Online

II edición do concurso #ApuntasTech?

O obxectivo principal do concurso #ApuntasTech? é xerar un catálogo de propostas concretas que axuden a espertar entusiasmo pola tecnoloxía e alenten as vocacións tecnolóxicas temperás, principalmente entre as nenas entre 10 a 15 anos (5º e 6º de E.Primaria e 1º e 2º da ESO). Polo tanto #ApuntasTech? trata de escoitar e recoller as ideas das e dos protagonistas para gozar as TIC na aula de forma transversal, variada e inclusiva. Búscanse propostas divertidas, apaixonantes, innovadoras, que fagan uso das TIC de forma creativa e transversal, tanto con software como hardware, onde o uso da tecnoloxía non sexa unicamente o seu obxectivo final, senón un medio e sexa posibles levalas a cabo no contexto escolar (en tempo, orzamento...)

Ese catálogo de ideas será un recurso de gran utilidade para poder traballar as tecnoloxías de forma amena, principalmente na aula, pero tamén fóra dela, en actividades extraescolares, en familia, etc. Posteriormente, realizarase unha recompilación das mellores propostas e publicarase con licenza aberta para a súa descarga na web do concurso, así como en diferentes repositorios de materiais educativos online.

08/04/2020 De 10:30 a 10:45 h
Cartel do evento.
Lugar: Online

#DemosXWeb Mellora a túa comunicación corporativa con Rocket.Chat

Coa nova situación de espallamento do cadro do persoal por mor da crise sanitaria do COVID-19 é necesario coñecer as mellores solucións para manter unha correcta comunicación na distancia entre equipos de traballo

Rocket.chat é gratuíto, ilimitado e de código aberto. Substitúe o correo electrónico, HipChat & Slack coa última solución de software de chat en equipo.

Programa:

  • Comezando a traballar con Rocket.chat
  • Traballando con canles, mensaxes e videochamadas
  • Compartindo arquivos
  • Buscas e atallos en Rocket.chat
  • Integracións simples pero útiles
  • Conclusións
07/04/2020 De 10:30 a 11:30 h.
Cartel do evento.
Lugar: Online

#DemosXWeb Uso de Whatsapp na empresa e no comercio

WhatsApp é unha ferramenta de comunicación de uso moi frecuente entre o gran público. Convén coñecer as súas limitacións para un uso profesional ou mesmo comercial e boas prácticas, así como cales son as opcións máis indicadas para cada caso. 

Programa:

  • Introdución: presentación de WhatsApp e ámbito de uso
  • Condicións de uso
  • Opcións de WhatsApp e o seu enfoque profesional. "WhatsApp Business"
    • Funcións de WhatsApp para o uso profesional
    • Xestión de clientes
    • Recomendacións e boas prácticas
    • Exemplos de casos reais

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS