main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

28/04/2020 De 10:00 a 10:45 h
Cartel do evento.
Lugar: Online

TUDEO: algunhas claves para poñer o Teu Universo Dixital En Orden. Valor 2.0

Agora, máis que nunca, ter O teu Universo Dixital En Orde é crucial para axudarche a manter un equilibrio hoxe e saír mañá desta situación nas mellores condicións posibles. Por que? Porque ter todo ese xigante repositorio de bits...

  • Almacenado en calquera sitio e de calquera modo.
  • Exposto á súa perda ou deterioración por calquera motivo.
  • Sen unha orde nin sequera aproximada.
  • Accesible só baixo certas condicións e dispositivos.
  • En formatos que posiblemente non poida manexar nun futuro próximo

Equivale, sinxelamente, a non ter nada. Coma se todo ese fluxo de experiencia vital estivésemos a tiralo polo desaugadoiro. Canto tempo e valiosos recursos estamos a desaproveitar por non prestar atención a esta faceta das nosas vidas?

23/04/2020 De 11:00h a 12:30h
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Día Internacional das Rapazas nas TIC

O día das Rapazas nas TIC é unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.

Esta será a oitava edición que promove o CESGA e este ano farano un pouco diferente, mediante multiconferencia web, debido á situación derivada da pandemia polo COVID-19. É unha gran oportunidade de coñecer a 4 protagonistas para que nos conten en primeira persoa o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de todos e preguntarlles todo o que queiramos sobre os seus traballos, como chegaron a eles, etc.

23/04/2020 De 10:00 a 10:45 h
Portátil mostrando unha imaxe de promoción de Office365.
Lugar: Online

Office 365: a ferramenta de teletraballo que cumpre co RXPD

Son moitas as empresas que traballan nun entorno Windows e que descoñecen as posibilidades de teletraballo ofrece Office 365. O noso obxectivo é dar a coñecer as funcionalidades de todas as aplicacións que o integran e que facilitan e axilizan o traballo dende a casa, facendo fincapé na ciberseguiridade e a protección de datos.

22/04/2020 De 10:00 a 10:45 h
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Como xestionar procesos administrativos traballando en remoto

Nesta sesión queremos explicar como xestionan as empresas que xa traballan en remoto os seus procesos administrativos, especialmente os que teñen que ver con:

  • Envío e firma de documentación laboral (acordos de teletraballo, acordos de vacacións, ERTES…) e mercantil (contratos con provedores e clientes).
  • Emisión e recepción de facturas

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS