main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

25/09/2020 12:00 h
Nube da internet.
Lugar: Online

Descobre que é a nube da internet

Sabes que é a "nube" da internet? Coñeces todo o que che pode ofrecer? Co incremento da velocidade da internet e a evolución dos servizos que ofrecen moitas empresas, é necesario profundar neste tema para elixir a opción que mellor se adapte ás nosas necesidades.

Apúntate a este curso e aprende a crear todo tipo de documentos en liña, a manter sincronizados e a ter a recado todos os teus arquivos e recordos dixitais así como a acceder a eles en calquera momento e lugar.

Contidos

  • Que é a "Nube"?
  • Vantaxes e perigos dos servizos na nube.
  • Almacenamento online fronte ao offline.
  • Principais apps de almacenamento a través de Internet.

Crea na internet a túa nube persoal!

24/09/2020 12:00 h
Grupos WhatsApp.
Lugar: Online

Manexo de grupos en WhatsApp

Os grupos de WhatsApp son unha forma moi práctica de comunicarse con varias persoas ao mesmo tempo pero, coñeces todas as opcións de xestión que ofrecen? Estás ao tanto das implicacións legais que conlevan crealos?

Neste último curso da serie sobre WhatsApp falaremos das cuestións que debes ter en conta á hora de engadir contactos a un grupo para respectar a lei de protección de datos e aprenderás todo o que necesitas saber para administrar de forma eficiente os teus chats grupais de familiares ou amigos.

Contidos

  • Diferenzas entre grupos e difusións.
  • A importancia de respectar a normativa de protección de datos.
  • Como crear un grupo en Whatsapp.
  • Configuración e administración dos grupos.

Conversa simultaneamente con todos os teus seres queridos!

23/09/2020 12:00 h
WhatsApp.
Lugar: Online

Uso práctico dos chats de WhatsApp

WhatsApp é unha aplicación que hoxe día non só serve para chatear, senón que foi incorporando novidades moi útiles que en moitos casos non coñecemos.

Neste segundo curso dedicado a WhatsApp aprenderás a compartir todo tipo de arquivos multimedia, a chatear a través da voz, a realizar chamadas e vídeochamadas tanto individuais como grupais e a administrar e organizar as túas conversacións de forma eficaz.

Contidos

  • Compartir elementos multimedia.
  • Chatear a través da voz.
  • Realizar chamadas e vídeollamadas.
  • Administrar e organizar os chats.

Descobre como sacarlle todo o partido a WhatsApp!

22/09/2020 12:00 h
Logo WhatsApp.
Lugar: Online

Configuración básica de WhatsApp

Seguro que usas WhatsApp a diario pero coñeces todas as súas funcionalidades? Sabes como sacarlle o máximo partido?

Este curso é o primeiro dun ciclo de tres sesións dedicadas a profundar no manexo de WhatsApp; neste inicial ensinarémosche a realizar os axustes necesarios para cambiar a súa aparencia, protexer a túa privacidade ou facer unha copia de seguridade de todas as túas conversacións.

Contidos

Personaliza a aparencia da túa WhatsApp.

  • Coñece máis acerca da privacidade e seguridade dos chats.
  • Axusta as notificacións e avisos.
  • Realiza a túa copia de seguridade en WhatsApp.

Aprende a configurar WhatsApp!

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS