main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

08/10/2020 12:00 h
Apps de lecer.
Lugar: Online

Apps de lecer para o teu móbil

O lecer abarca todo aquilo que nos libera das preocupacións de cada día e por iso é tan variado como persoas e gustos existen. Co crecemento das novas tecnoloxías, o lecer tamén se foi situando no espazo dixital e grazas a iso temos unha inmensa oferta de aplicacións ao noso alcance para gozar das nosas actividades favoritas da forma máis sinxela.

Neste seminario falaremos de distintas aplicacións móbiles de entretemento.

Atopa a aplicación ideal para ti!

Contidos:

  • Apps de lectura
  • Plataformas de radio e música
  • Aplicacións de retoque fotográfico
  • As mellores apps de cociña
07/10/2020 12:00 h
Internet para ou lecer.
Lugar: Online

Converte Internet no teu novo aliado para atopar plans de lecer

Como ferramenta práctica, Internet situouse nun dos primeiros lugares do noso escalafón diario. Cada minuto millóns de persoas por todo o mundo consultan todo tipo de información e entre as primeiras de calquera nova empresa está a de atopar o seu sitio na rede para comunicarse co seu público potencial.

Nesa liña, todo o relacionado co lecer é unha das procuras máis habituais, xa que é un modo cómodo de reservar e planificar actividades, así como de obter toda a información necesaria.

Organiza os teus plans en poucos clics

Contidos:

  • Ao pedir de boca: atopa o teu restaurante perfecto
  • Roteiros curiosos e culturais para coñecer a túa cidade
  • Cinema, teatro e outros espectáculos ao prezo máis baixo
  • Foros de usuarios: comparte trucos, receitas, consellos...
06/10/2020 12:00 h
Redes sociais.
Lugar: Online

Outras redes sociais para estar ao día

As redes sociais son un punto de encontro para todo tipo de persoas, colectivos, entidades e en xeral para todos aqueles que queiran, dunha ou outra maneira, socializar, manterse informados, compartir contidos ou información, etc.

Debido á diversidade de público potencial que utiliza esas redes, existen espazos para todos os gustos: de vídeo, de fotografías, de viaxes, de actualidade, etc. Nesta sesión falaremos sobre algunhas das máis populares.

Non te quedes atrás nas redes!

Contidos:

  • Que sabes de Twitter?
  • YouTube como rede social
  • Instagram: a túa historia en fotografías
  • Foros de viaxes
06/10/2020 17:00 h
Identidade dixital.
Lugar: Online

Pon ao día a túa identidade dixital

Máis aló das circunstancias derivadas da situación sanitaria que estamos a vivir, o impulso á vida dixital en todos os ámbitos da sociedade (cultura, formación, profesional, etc.) é algo que parece irreversible. Cada día fanse máis necesarios procesos a través de internet que simplifiquen a vida dos usuarios e neste sentido é imprescindible sentirse seguro co manexo da nosa denominada identidade dixital para realizar calquera tipo de xestión online.

Contidos:

  • Que é a identidade dixital
  • O DNI electrónico
  • O certificado dixital
  • Outros tipos de identificación dixital

Actualiza a túa identidade dixital sen riscos!

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS