main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

31/07/2020
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Presentación de propostas aos Premios All Digital 2020 da Rede Europea All Digital

Como en anos anteriores a Rede Europea All Digital, da que forma parte a Rede CeMIT a través da asociación Somos Digital, presenta as distintas categorías para as súas «All Digital Awards» que pretenden recoñecer os logros de persoas e organizacións en toda Europa, que permiten ás persoas explotar os beneficios e oportunidades creados pola transformación dixital.

Os premios All Digital recoñecen a súa innovación, dedicación e o papel inspirador que desempeñan para moitas persoas e colectivos.

Anímaste a participar? Tes ata o 31 de xullo para presentarte ás distintas candidaturas. Lembrámosvos que aos gañadores convidaráseos ao encontro de All Digital deste ano, que terá lugar en Berlin en outubro.

Categorías

Premios

Está previsto que a cerimonia de entrega de premios se celebre en Berlín a noite do 7 de outubro de 2020. Os gañadores recibirán trofeos e terán a oportunidade de presentar as súas iniciativas a unha audiencia de aproximadamente 100 participantes.

Gaña unha viaxe a Berlín!

Os finalistas de cada categoría serán convidados a asistir á All Digital Summit 2020 en Berlín, Alemaña, do 7 ao 8 de outubro de 2020.

Os gañadores dos premios (un en cada categoría) terán dereito a aloxamento gratuíto: 1 persoa por 2 noites e cubriranse os seus gastos de viaxe (ata 300 €).

18/07/2020
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Meninas Jam 2020

O Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da Universidade da Coruña xunto coa asociación Videoxogo.gal organizan o encontro virtual de desarrolladores “Meninas jam” co obxectivo de crear un ou máis videoxogos nun curto período de tempo.

A organización, o profesorado do máster da UDC que se imparte na Escola Politécnica Superior, no Campus de Ferrol, e a asociación plantexan esta iniciativa para fomentar o espírito creativo e o interese polo desenvolvemento de videoxogos. Esta Game jam leva o nome de Meninas “como homenaxe ao evento iniciado en Ferrol polo pintor Eduardo Hermida, que se converteu nun referente artístico e cultural nunha cidade que inspira algúns dos temas propostos para a creación dos xogos”, segundo explica a docente Luz Castro.

Game jam comezará o 18 de xullo coa elección do tema dos videoxogos que se van crear. O 25 deste mes é a data límite para subir as propostas de xogos que un xurado valorará e votará o día 31, para dar por finalizado o evento ao día seguinte.

A Universidade da Coruña conta cunha importante oferta para a formación de profesionais orientados á industria dos videoxogos. En 2018 puxo en marcha o Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, un máster público e oficial de dous anos de duración que se imparte na Escola Politécnica Superior do Campus de Ferrol. No ano 2019 implantouse o Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos na Facultade de Ciencias da Comunicación.

Esta jam está coorganizada xunto con http://videoxogo.gal/, a Asociación Galega de videoxogos e Contidos Interactivos. Nacida en 2018, esta entidade reúne ás empresas, desarrolladores e outros axentes galegos do sector dos videoxogos e ten como obxectivo potenciar a industria dos contidos interactivos en Galicia.

09/07/2020 10:30 h
Home de mediana idade falando por teléfono desde un sofá.
Lugar: Online

Telefonía móbil e internet: contratos, tarifas e reclamacións

Tiveches algunha vez algún problema coa túa compañía de teléfono? Sabes como reclamar en caso de necesitalo?

Nesta charla, un formador especialista do Instituto Galego de Consumo informaranos dos principais conceptos que debemos manexar na contratación e relación coas compañías de telefonía móbil así como o que temos que ter en conta nos diferentes servizos ofertados por estas (Internet, datos, etc.).

Simplifica a xestión do teu teléfono!

Contidos:

  • Tipos de tarifas, permanencia, etc.
  • Dereitos que nos amparan en materia de consumo.
  • Análise das principais reclamacións en materia de telefonía móbil e Internet (combos, fusión...)
  • Consellos para un uso responsable desde o punto de vista do consumo.
07/07/2020 12:00 h
Muller de costas gravando un vídeo cun smartphone.
Lugar: Online

Fai do teu verán a túa mellor película: creación e edición de vídeos II

Nesta segunda sesión do ciclo de creación e edición de vídeos veremos como podemos editar de modo sinxelo as nosas gravacións. 

Mostrarémosche diversas aplicacións para editar vídeos, incorporando animacións, transicións e outros moitos recursos e detallaremos como podes compartir as túas creacións.

Converte o vídeo no teu mellor recordo!

Contidos:

  • Apps fundamentais de edición de vídeos
  • Vídeos a partir de plantillas
  • Crea vídeos animados
  • Comparte as túas creacións

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS