Galiciencia Online
Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e o desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo a estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato; e que permanece aberto para o público en xeral. Todos teñen a posibilidade de participar tamén en charlas, talleres, concursos e moitas outras actividades paralelas que se renovan cada edición.









