main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

16/06/2021 12:00 h
Letras 3D impresas cunha impresora 3D.
Lugar: Online

Impresión 3D: exemplos de impresión, tendencias e casos prácticos

Imaxina poder facer grandes deseños, unha xoia, maqueta ou, mesmo, materiais de medicina e odontoloxía. Hoxe en día todo é posible coas impresións 3D. Coñece como se crean e sácalle o máximo partido ao que nos ofrece a tecnoloxía coa impresión 3D. Pescuda os materiais que se utilizan, cando xurdiu e para que serve.

Contidos:

  • Que é a impresión 3D
  • Para que se utiliza
  • Tipos de impresoras 3D
  • Traballar con impresoras 3D
11/06/2021 10:00 h
Cartel do evento.
Lugar: Online

Presentación Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030. Cara a unha Galicia Intelixente

O 11 de xuño a partir das 10:00 h retransmitirase en liña a presentación da Estratrexia Galega de Intelixencia Artificial 2030 - Cara a unha Galicia intelixente.

A inaguración correrá a cargo de Francisco Conde, Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia. Logo da presentación da Estratrexia Galega de Intelixencia Artificial 2030 por parte de Mar Pereira, directora da Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) haberá dúas mesas rendondas tituladas O dato intelixente para a mellora dos servizos á cidadanía e O despregue da intelixencia artificial nas cadeas de valor na que participarán importantes personalidades de nivel nacional relacionadas co Big Data e a Intelixencia Artificial.

Finalmente, Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia, clausurará a xornada.

09/06/2021 12:00 h
Blockchain..
Lugar: Online

Blockchain: que é e que usos ten?

O mercado de divisas dixitais cada vez estase popularizando máis e parece que se consolida como unha tendencia sólida para quen desexa investir dunha maneira diferente, por iso é interesante familiarizarse con toda a terminoloxía e conceptos que viran ao redor desta nova forma de economía.

Neste seminario, trataremos de achegar eses conceptos básicos utilizando como referencia o denominado blockchain, un servizo de xestión de criptomoedas dos máis coñecidos.

Contidos:

  • Que son as criptomoedas
  • Que é blockchain
  • Relación de blockchain coa banca dixital
  • Outros usos da tecnoloxía blockchain
05/06/2021
Logo Maker Faire Galicia.
Lugar: Online

Maker Faire Galicia 2021

A Cidade da Cultura, transformada nun entorno virtual en 360 graos, acolle un ano máis a Maker Faire Galicia, que chega á súa sétima edición repetindo co formato totalmente en liña estreado en 2020, que a converteu nunha das primeiras feiras maker do mundo realizada integramente a través da rede. No encontro, que terá lugar do 2 ao 6 de xuño, argalleiros e argalleiras de seis países diferentes –España, a Arxentina, O Xapón, México, EE.UU., Portugal e O Brasil– presentarán os seus proxectos a través dunha plataforma dixital que recrea o Museo Gaiás e na que as persoas asistentes poderán interactuar cos makers, participar en obradoiros e asistir a charlas e mesas redondas con referentes nacionais e internacionais.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS