main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

07/07/2021 12:00 h
Man usando un portátil.
Lugar: Online

Trámites coa Administración Pública: pasos básicos e consellos prácticos

A administración electrónica ten a gran vantaxe de que nos permite realizar trámites de maneira remota. Nalgunhas ocasións, en función da información que se vaia a manexar, solicitarannos un nivel ou outro de validación da nosa identidade, polo que haberá xestións que poderemos realizar sen apenas identificarnos e outras nas que teremos que utilizar o noso certificado dixital.

Nesta sesión faremos un repaso polos trámites máis populares e veremos como se poden realizar.

Contidos:

  • Tipos de trámites online.
  • Solicitude de cita previa: AEAT, DNI, Seguridade Social.
  • Pago de multas, solicitar certificado de nacemento, consultar os puntos do carné de conducir.
  • Solicitude do borrador IRPF, consulta do rexistro da propiedade, solicitude de aprazamentos de débedas con Facenda.
06/07/2021 17:00 h
SEO Google.
Lugar: Online

Dez consellos para aparecer antes en Google

Tras coñecer como funciona o posicionamento SEO nos buscadores, quédanos por diante aplicar as cuestións elementais que van situar a nosa páxina no mellor lugar posible cando alguén realice unha procura.

Nesta sesión veremos 10 accións básicas que nos poden axudar a gañar postos nos resultados de Google.

05/07/2021 12:00 h
IOT gandería.
Lugar: Online

Internet das cousas (IoT) no sector gandeiro: oportunidades e desenvolvemento

Internet cambiou por completo a nosa forma de vivir en case todos os ámbitos e o terreo rural non foi unha excepción. No sector gandeiro a tecnoloxía axudou a mellorar e simplificar procesos que antes requirían unha atención física case constante e do persoal de granxa e agora pódense controlar desde calquera parte. Nesta sesión coñeceremos algunhas desas novidades e a proxección que ten a Internet das Cousas no futuro da gandería.

Contidos:

  • Novas tecnoloxías aplicadas á gandería: manutención de animais, coidado e detección de anomalías
  • Chips de xeolocalización de gando
  • Robots para controlar o gando ou drons para controlar ás ovellas
  • Vehículos automatizados para as granxas
05/07/2021 17:00 h
Redes sociais.
Lugar: Online

Que redes sociais existen e en cal deberías estar?

Cada día xorden novas aplicacións que nos facilitan dun modo ou outro conectar socialmente a través de internet con outras persoas. Cada unha destas ferramentas ten as súas particularidades e está deseñada pensando en lograr conectar dunha maneira concreta, polo que moitas veces é complicado saber onde debemos dirixir a nosa estratexia en redes sociais. Nesta sesión trataremos de mostrar cales son as redes sociais máis populares e como podemos aproveitalas para comunicarnos co noso público.

Contidos:

  • Que son as redes sociais
  • Redes de compartir contido: Facebook, Instagram, Youtube
  • Redes de comunicación: WhatsApp, Telegram
  • Redes de actualidade: Twitter, LinkedIn

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS