main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

14/09/2016
Logo do premio
Lugar: Online

III Certame Premio Innova eVIA 2016

A Plataforma de Tecnoloxías para a Saúde e a Vida Activa e Independente, eVIA, lanza o III Certame Premio Innova eVIA 2016 dirixido a entidades españolas que aposten pola innovación tecnolóxica, e en especial a PEMES e emprendedores.

Tralas exitosas convocatorias de 2014 e 2015, o obxectivo principal do certame para este ano mantívose invariable: premiar o esforzo e a excelencia científica e innovadora das solucións e servizos no ámbito das tecnoloxías aplicadas á Saúde e a Vida Activa e Independente.

A Terceira Edición do Certame PREMIO INNOVA eVIA mantén as dúas categorías de premios: Categoria Innova PEME e Categoria Innova eVIA Proxecto.

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto desde o 13 de Xuño até o vindeiro mércores 14 de setembro de 2016 ás 24:00 horas.

13/09/2016 De 10:00h a 19:30h
Cartel do evento.
:

I Encontro Coruña Dixital

Coruña Dixital é un programa pensado para facilitar a conexión das persoas interesadas na cultura dixital, no uso creativo da tecnoloxía e no emprendemento sustentable de proxectos innovadores e con capacidade transformadora, ben sexan iniciativas creativas, culturais, sociais ou profesionais.

Neste primeiro Encontro Coruña Dixital poderanse coñecer as principais tendencias e as iniciativas máis interesantes no eido da cultura dixital, da innovación social a través de prácticas dixitais, dos proxectos tecnolóxicos sociocomunitarios, dos contidos dixitais colectivos, do espírito maker e tamén se achegarán a proxectos abertos de programación e robótica educativa.

En definitiva, unha cita imprescindible para tecer redes, inspirarse, aprender e experimentar xuntos coa cultura dixital.

09/09/2016
Logo Xuventude Galicia Net 2016
Lugar: Recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, Silleda

Xuventude Galicia Net 2016

O XGN 2016, que conta co apoio da Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, manterá a súa formulación. Contará cunha área intranet orientada a inscritos, que poderán gozar durante tres días dun posto con conexión de altas prestacións para o seu equipo informático e terán dereito a acampar no pavillón e a participar en numerosas actividades e torneos, como o do LoL. A extranet acollerá un completo programa con multitude de actividades ás que poderán acceder tanto os inscritos como os visitantes que acudan ao recinto.

18/07/2016 09:00
Logo Asociación de Enxeneiros de Telecomunicación de Galicia
Lugar: Online

Premio Mellor Proxecto TIC con beneficios sociais 2016

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), convoca unha nova edición do premio Mellor ProxectoTIC con Beneficios Sociais 2016, destinado a recoñecer os mellores proxectos no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación que contribúan e aporten beneficios á sociedade.

Preténdese con este premio distinguir ás iniciativas de innovación social de base tecnolóxica que desenvolvan solucións TIC no campo da accesibilidade e as tecnoloxías da información e a comunicación apoiando a igualdade de oportunidades, a inclusión dixital e/ou dean resposta ás demandas sociais dirixidas á mellora da saúde, da autonomía persoal e do benestar e a calidade de vida.

Deben estar especialmente destinados a potenciar o fomento das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) accesibles, e diminuír a fenda dixital a través da accesibilidade das tecnoloxías, ou a poñer en marcha iniciativas empresariais ou sociais de desenvolvemento, fabricación ou servizos, que incorporen un elevado nivel do uso das TIC cuxos produtos e/ou servizos TIC melloren a calidade da vida das persoas con discapacidade, persoas maiores, persoas desempregadas, persoas dependentes, persoas con enfermidades crónicas, mulleres do rural..., e en xeral das persoas en risco de exclusión social e/ou dixital.

Estes premios buscan mostrar o recoñecemento público das boas prácticas na área das TICs, para que sean un factor de mellora continua da nosa actividade social. Asemade recoñécese a aplicación da tecnoloxía en proxectos con impacto social positivo.

O premio de Mellor proxecto TIC con beneficios sociais 2016 é un incentivo para recoñecer as accións emprendidas por empresas, entidades ou particulares para que as persoas e comunidades que integran a nosa sociedade poidan ser parte da sociedade da información e do coñecemento mediante o acceso, uso e apropiación das TIC.

Bases do Premio Beneficios Sociais 2016

Solicitude de participación Premio Beneficios Sociais 2016

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS