A iniciativa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’, promovida pola Fundación Vodafone España, ten como finalidade apoiar a emprendedores e PEMES de recente creación cuxos proxectos de negocio contribúan á innovación social a través do impulso e uso das tecnoloxías da información e a comunicación en Galicia.
Nesta convocatoria, que conta co apoio da Xunta de Galicia, seleccionaranse os seis mellores proxectos de emprendemento que pasarán a formar parte do Programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ e desfrutarán dun lugar de traballo no espazo ‘Vodafone Connecting for Good’ na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Os seis proxectos seleccionados poderán beneficiarse de:
- Formación: durante a fase de academia, que terá unha duración de alomenos seis meses, impartiranse sesións de formación sobre modelo e plan de negocio.
- Mentoring: asesoría experta en temas de comunicación, vendas, negocio, e accesibilidade para o desenvolvemento dun plan personalizado para cada proxecto.
- Patrocinio: dotación de 2.000€ para a posta en marcha dos seis proxectos de emprendemento.
- Cheque RRHH: acceso a una axuda para a formación e contratación dunha persoa con discapacidade que se incorpore ao equipo de traballo dos proxectos seleccionados.
Por outro lado, tamén poderán optar a:
- Axuda de 25.000 euros ao mellor dos seis proxectos para a súa execución e posta en marcha.
- Premio “Conectados pola Accesibilidade” cunha dotación de 10.000€ ao proxecto que mellor incorpore os principios de accesibilidade universal.
O prazo para a presentación de proxectos comeza o 5 de setembro de 2016 e remata o 30 de setembro de 2016.
Para presentar a candidatura débese completar o formulario que se mostra a continuación e envialo cumplimentado a infofve@corp.vodafone.es
Arquivos relacionados: