Ciencia Singular da USC
A quinta edición de Ciencia Singular recupera o formato presencial da xornada tralo parón imposto polas restricións sanitarias de 2020, que houbo de ser virtual. O CiQUS, CiMUS, CiTIUS e IGFAE abrirán, deste xeito, as súas portas á cidadanía unha vez máis para celebrar o seu meirande encontro de divulgación anual, que convida a familias e visitantes de tódalas idades a achegarse á investigación de excelencia desenvolvida no ecosistema científico da Rede de Centros Singulares da USC.









