XGN R Encounter 2021
A XGN R Encounter é unha reunión multitudinaria de afeccionados e profesionais da informática que buscan intercambiar coñecementos e realizar durante varios días todo tipo de actividades relacionadas coa informática.
Constitúe parte dun fenómeno que tivo a súa orixe a finais da década dos oitenta no norte de Europa, en países tales como Noruega, Dinamarca ou Alemaña. No 2021 alcanzará a súa vixésimo primeira edición.
Cando: Do 9 ao 11 de outubro de 2021
Onde: Pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda)









